Bolsas e premios
A Universidade de Vigo conta cunha serie de instrumentos para animar a comunidade universitaria, en especial o alumnado, a afondar no coñecemento da responsabilidade social e da Axenda 2030. Por unha banda, bolsas de formación e bolsas de mobilidade para realizar o traballo de fin de grao e de máster nun país en vías de desenvolvemento. Por outra banda, tamén contamos con dous tipos de premios, uns destinados aos mellores TFG e TFM centrados na investigación da responsabilidade social e da Axenda 2030 e outros dirixidos a recoñecer aquelas persoas e organizacións que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito da solidariedade e a cooperación.
Bolsas
- Bolsas de mobilidade para estudantes de grao e de mestrado oficiais para participar en proxectos e en accións de cooperación ao desenvolvemento 2022/2023
- Bolsas para persoas desprazadas de Ucraína en situación de protección internacional ou protección temporal
- Bolsas para o estudantado beneficiario ou solicitante de protección internacional 2021/2022
- Bolsa de formación en responsabilidade social e cooperación
- Bolsas de mobilidade en responsabilidade social e Axenda 2030 para a realización de TFG/TFM en países en desenvolvemento
Premios
- IV Concurso de vídeos 'Móvete polos ODS' da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
- Premio do Consello Social_UVigoHumana
- Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e responsabilidade social
Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal