Proxectos

Proxectos de cooperación

A comunidade universitaria conta co apoio da Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) para o deseño e a implementación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Neste sentido, a OPI asesora na busca de convocatorias e axuda na elaboración das solicitudes e na xestión integral dos proxectos.

Máis información

 

Proxectos de aprendizaxe-servizo

 

Para máis información sobre os proxectos de aprendizaxe-servizo, podes contactar coa Área de Formación e Innovación Educativa innovacion.educativa@uvigo.es | +34 986 812 035

 

Outros proxectos

No campus de Vigo contamos cunha horta ecolóxica comunitaria impulsada pola Asociación Amigos da Terra en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase dun espazo aberto a calquera persoa que queira cultivar os seus propios alimentos de xeito respectuoso co medio ambiente e formando parte dun grupo autoxestionado. 

Máis información.