Acceso á formación permanente
De acordo cos requisitos de acceso, as ensinanzas de formación permanente poden ser de dous tipos:
- As que non requiren titulación universitaria previa e que teñen a finalidade de ampliar e actualizar coñecementos, competencias e habilidades formativas ou profesionais que contribúan a unha mellor inserción laboral.
- As de posgrado que teñen o obxectivo de ampliar coñecementos e competencias, de especializar e de actualizar a formación dos titulados e tituladas universitarias.
Os requisitos de acceso, en función do tipo de título, son os seguintes:
- Para o acceso ao Mestrado de formación permanente debes cumprir os mesmos requisitos que para acceder os mestrados universitarios.
- Para o acceso aos títulos de especialista, de experto/a ou ao diploma de curso avanzado de posgrao, é necesario que cumpras cun dos seguintes requisitos:
- Cumprir os requisitos de acceso aos mestrados universitarios.
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
- Ser un profesionl de recoñecida e acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
En cada título propio é posible que existan outros requisitos adicionais de admisión relacionados coas competencias deste.
Más información:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
eafp@uvigo.gal