Debuxo

Equipo de goberno

Director/a

Antonio María Bandera Vera

Secretario/a

Ann Heyvaert Naspleze

Localización

Faculatade de Belas Artes, Rúa Maestranza 2
CP: 36002
Pontevedra

Código do departamento

D00H09

    Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda

    Artes e Humanidades
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    21
    Código:
    P01M171V01

    A importancia do deseño no contexto da cultura e da sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.

    O Mestrado universitario en deseño e dirección creativa en moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.

    Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio que o situá á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principais pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O mestrado supón un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos e co equipo humano e o material necesarios para levalos a cabo.
     

    Acceso e admisión

    No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:

    • Expediente académico da titulación que se presente para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación e a cualificación media global. (30 %)
    • Dossier de obra ou presentación visual que conteña traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e comunicación, textos críticos etc. (35 %)
    • Curriculum vitae (CV) da persoa candidata, tendo en conta a súa adecuación á titulación á que pretende acceder. (25 %)
    • Coñecemento de linguas estranxeiras debidamente acreditado: inglés, portugués etc. (10 %)

    A comisión académica do mestrado será a encargada da selección do alumnado, logo da comprobación por parte das unidades administrativas de que as persoas solicitantes cumpren os requisitos de acceso e admisión. A ponderación dos diferentes criterios de selección farase pública coa convocatoria de preinscrición. Os prazos de solicitude e o procedemento de admisión serán os establecidos pola Universidade de Vigo.

    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado está destinado a persoas tituladas en estudos universitarios (graduadas e/ou licenciadas) procedentes do ámbito das humanidades (Belas Artes, Historia da Arte … ) ou doutras áreas de coñecemento relacionadas, como a científico-técnica ou a xurídico-social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).

    As persoas licenciadas ou graduadas en estudos universitarios en Belas Artes ou en Deseño, e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a comisión académica valorará as solicitudes de persoas tituladas doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica ou ao campo da investigación.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    Formamos especialistas en moda con amplas perspectivas profesionais e un coñecemento profundo dos procesos e ferramentas empregados para a investigación, a análise e a previsión de tendencias. Este é o mestrado axeitado para ti se queres ser un creativo ou creativa capaz de lanzar a túa propia marca ou unirte a equipos de deseño cun perfil versátil en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda ou o deseño gráfico para moda.

    Plan de estudos

    Saídas Profesionais

    • Deseño de prenda de muller, home e nenos
    • Deseño de plana
    • Deseño de produto téxtil, complementos etc.
    • Estilismo
    • Dirección creativa
    • Dirección de arte
    • Desenvolvemento de estampados
    • Análise de tendencias
    • Visuals merchandisers
    • Deseño de peza gráfica
    • Deseño gráfico para moda
    • Product manager
    • Comunicación de moda
    • Deseño para e-commerce
    • Creación de contidos dixitais de moda
    • Investigación en moda
    • Crítica de moda

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Maria Dolores Dopico Aneiros

    Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código:
    P04M082V11

    O Mestrado en dirección de arte en publicidade ofrece unha formación especializada orientada a proporcionar unha visión profesional do deseño gráfico e da creatividade aplicada ao proceso publicitario.

    Trátase dun programa de posgrao cun enfoque eminentemente práctico, concibido para dotar ao estudantado das competencias necesarias que faciliten a súa incorporación a departamentos de arte, permitíndolles participar de maneira activa no desenvolvemento de procesos creativos.

    Así mesmo, o carácter obrigatorio das prácticas externas favorece a adquisición dunha perspectiva integral e profesional da contorna laboral, contribuíndo a unha mellor comprensión do sector no que desenvolverán a súa actividade profesional.
     
     

    Acceso e admisión

    O órgano de admisión é a comisión académica do mestrado (a súa composición e cargos pódense consultar na web da titulación).

    En canto aos criterios de valoración de méritos do potencial alumnado, estableceuse un baremo sobre 100 puntos de acordo cos seguintes requisitos:

    • Titulados/as en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Belas Artes: 30 puntos
    • Titulados/as en Xornalismo, Historia da arte e titulacións das Ciencias Sociais: 10 puntos
    • Resto de titulacións: 0 puntos
    • Expediente académico: ata 30 puntos.
    • Currículum vítae profesional: ata 20 puntos.
    • Portafolio cos traballos máis representativos na traxectoria das persoas aspirantes: ata 20 puntos.

    O número mínimo de estudantes será de 20 e o máximo 30.

    Mestrado 100 % presencial. Non se admitirá matrícula a tempo parcial nestes estudos.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Dominar os coñecementos e as ferramentas necesarias para o desempeño competente, autónomo ou colaborativo de actividades profesionais relacionadas coa creatividade publicitaria.
    • Ser capaz de construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para desenvolver campañas, adaptando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos.
    • Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación coa creatividade publicitaria, con coñecementos teóricos, técnicos e estéticos sobre as orixes, o panorama actual e as novas tendencias da dirección artística en publicidade.
    • Coñecer a historia e as diferentes teorías do deseño e a creatividade publicitaria.
    • Ser capaz de identificar novas tendencias relacionadas coa publicidade e a comunicación mediante o uso de ferramentas e bases de datos específicas.
    • Coñecer as técnicas e os procesos creativos da publicidade, tanto na teoría como na práctica, identificando os recursos, elementos e métodos empregados.
    • Posuír a capacidade teórica e práctica para a creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global, adaptándoo ás necesidades creativas e de produción de cada unha das canles de difusión.
    • Ter coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando a importancia das técnicas creativas como activo diferenciador na publicidade.
    • Ser capaz de crear e desenvolver ideas de proxectos publicitarios que se adapten a posibles cambios ou novos contornos de mercado.
    • Ser capaz de concibir e deseñar mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria, orientada a diferentes medios e soportes, segundo os públicos establecidos.
    • Ser capaz de producir mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria.
    • Ser capaz de redactar textos publicitarios con fluidez e axeitadamente ás necesidades creativas da mensaxe, aplicando as características da linguaxe publicitaria.
    • Practicar a autoavaliación crítica dos resultados, valorando a importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo.
    • Ter a capacidade de organizar e programar tarefas, cumprindo os prazos para as entregas orixinais segundo unha estratexia publicitaria específica.
    • Ser capaz de crear e desenvolver marcas persoais, adaptándoas a diferentes medios e formatos.
    • Coñecer as técnicas para o desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Julinda Molares Cardoso

    Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea

    Artes e Humanidades
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código:
    10413

    O Mestrado en creación artística contemporánea xurdiu da necesidade de fusionar a investigación e a creación artística na educación de posgrao, proporcionándolle ao estudantado unha formación especializada e multidisciplinar. Polo tanto, está centrado na investigación a través da práctica.

    Acceso e admisión

    Segundo a normativa dos estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, a selección do alumnado é responsabilidade da comisión académica do mestrado.

    A selección basearase en:

    • Adaptación da cualificación de acceso ao contido do mestrado
    • Expediente académico, avaliado segundo a normativa da Universidade de Vigo
    • Dossier artístico:de 0 a 3 puntos
    • Currículo artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a súa relevancia para o contido do programa de mestrado: de 0 a 2 puntos
    • Carta de motivación

    Para o estudantado con necesidades educativas especiais:

    • En virtude dos artigos 15 e 18 do RD 822/2021 e RD 412/2014, polos cales polo menos un 5 % das prazas ofertadas deberá reservarse para estudantado cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, así como para estudantado con necesidades de apoio educativo permanentes.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado en creación artística contemporánea é a formación académica artística avanzada, de carácter multidisciplinar, que inclúe os seguintes obxectivos:

    • Proporcionar formación en creación artística vinculada á investigación en todas as áreas e técnicas implicadas na titulación de Belas Artes: debuxo, escultura, pintura, performance art, ilustración, gravado, fotografía, audiovisuais e todos aqueles novos medios que poidan ser empregados polo alumnado como material para iniciar un proxecto artístico.
    • Proporcionar coñecementos e habilidades que permitan desenvolver un proxecto artístico.
    • Proporcionar habilidades para achegar solucións orixinais e innovadoras no campo da arte.
    • Xestionar proxectos en equipos multidisciplinares, optimizando recursos e difundindo resultados.
    • Prepara o alumnado para posicionarse profesionalmente no ámbito artístico, achegándose ao mundo profesional a través da práctica.
    • Integrar o estudantado no contexto artístico, capacitándoo para responder a preguntas, problemas e todo o que xurda na súa expansión a outras áreas relacionadas e ás redes sociais.
    • Preparar o alumnado para a realización de estudos de doutoramento mediante formación en metodoloxía científica aplicada ás artes.
    • Fomentar a participación dos principais actores locais, nacionais e internacionais na vida cultural e no mercado da arte a través de proxectos colaborativos propostos polo alumnado.
    • Fomentar o desenvolvemento profesional do estudantado, introducíndoo nas linguaxes artísticas e de investigación.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Xose Manuel Buxan Bran