Facultade de Belas Artes
Equipo de goberno
Decano/a
Secretario/a de Facultade
Vicedecano/a
Titulacións
Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea
Características
O Mestrado en creación artística contemporánea xurdiu da necesidade de fusionar a investigación e a creación artística na educación de posgrao, proporcionándolle ao estudantado unha formación especializada e multidisciplinar. Polo tanto, está centrado na investigación a través da práctica.
Acceso e admisión
Segundo a normativa dos estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, a selección do alumnado é responsabilidade da comisión académica do mestrado.
A selección basearase en:
- Adaptación da cualificación de acceso ao contido do mestrado
- Expediente académico, avaliado segundo a normativa da Universidade de Vigo
- Dossier artístico:de 0 a 3 puntos
- Currículo artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a súa relevancia para o contido do programa de mestrado: de 0 a 2 puntos
- Carta de motivación
Para o estudantado con necesidades educativas especiais:
- En virtude dos artigos 15 e 18 do RD 822/2021 e RD 412/2014, polos cales polo menos un 5 % das prazas ofertadas deberá reservarse para estudantado cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, así como para estudantado con necesidades de apoio educativo permanentes.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo principal do mestrado en creación artística contemporánea é a formación académica artística avanzada, de carácter multidisciplinar, que inclúe os seguintes obxectivos:
- Proporcionar formación en creación artística vinculada á investigación en todas as áreas e técnicas implicadas na titulación de Belas Artes: debuxo, escultura, pintura, performance art, ilustración, gravado, fotografía, audiovisuais e todos aqueles novos medios que poidan ser empregados polo alumnado como material para iniciar un proxecto artístico.
- Proporcionar coñecementos e habilidades que permitan desenvolver un proxecto artístico.
- Proporcionar habilidades para achegar solucións orixinais e innovadoras no campo da arte.
- Xestionar proxectos en equipos multidisciplinares, optimizando recursos e difundindo resultados.
- Prepara o alumnado para posicionarse profesionalmente no ámbito artístico, achegándose ao mundo profesional a través da práctica.
- Integrar o estudantado no contexto artístico, capacitándoo para responder a preguntas, problemas e todo o que xurda na súa expansión a outras áreas relacionadas e ás redes sociais.
- Preparar o alumnado para a realización de estudos de doutoramento mediante formación en metodoloxía científica aplicada ás artes.
- Fomentar a participación dos principais actores locais, nacionais e internacionais na vida cultural e no mercado da arte a través de proxectos colaborativos propostos polo alumnado.
- Fomentar o desenvolvemento profesional do estudantado, introducíndoo nas linguaxes artísticas e de investigación.




