Facultade de Deseño
Equipo de goberno
Decano/a
Secretario/a de Facultade
Vicedecano/a
Titulacións
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
Características
A importancia do deseño no contexto da cultura e da sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.
O Mestrado universitario en deseño e dirección creativa en moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.
Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio que o situá á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principais pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O mestrado supón un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos e co equipo humano e o material necesarios para levalos a cabo.
Acceso e admisión
No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:
- Expediente académico da titulación presentada para a admisión. Avalíase a idoneidade da titulación e a media das cualificacións globais. (50 %)
- Portfolio ou presentación visual que conteña traballos ou propostas relacionados con algunha área da moda: deseño, creación artística, deseño gráfico e comunicación, textos críticos etc. (20 %)
- CV da persoa candidata, tendo en conta a súa idoneidade para a titulación á que pretende acceder. (20 %)
- Coñecemento de linguas estranxeiras debidamente xustificadas: inglés, portugués etc. (10 %)
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado está destinado a persoas tituladas en estudos universitarios (graduadas e/ou licenciadas) procedentes do ámbito das humanidades (Belas Artes, Historia da Arte … ) ou doutras áreas de coñecemento relacionadas, como a científico-técnica ou a xurídico-social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).
As persoas licenciadas ou graduadas en estudos universitarios en Belas Artes ou en Deseño, e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a comisión académica valorará as solicitudes de persoas tituladas doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica ou ao campo da investigación.
Plan de estudos
Formamos especialistas en moda con amplas perspectivas profesionais e un coñecemento profundo dos procesos e ferramentas empregados para a investigación, a análise e a previsión de tendencias. Este é o mestrado axeitado para ti se queres ser un creativo ou creativa capaz de lanzar a túa propia marca ou unirte a equipos de deseño cun perfil versátil en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda ou o deseño gráfico para moda.
Saídas Profesionáis
- Deseño de prenda de muller, home e nenos
- Deseño de plana
- Deseño de produto téxtil, complementos etc.
- Estilismo
- Dirección creativa
- Dirección de arte
- Desenvolvemento de estampados
- Análise de tendencias
- Visuals merchandisers
- Deseño de peza gráfica
- Deseño gráfico para moda
- Product manager
- Comunicación de moda
- Deseño para e-commerce
- Creación de contidos dixitais de moda
- Investigación en moda
- Crítica de moda




