Programa de Maiores

Poderán solicitar a preinscrición neste ciclo as persoas maiores de 55 anos nos prazos establecidos na convocatoria

Se a demanda supera a oferta de prazas o sistema de elección será por orde de presentación da solicitude. Se quedasen prazas sen cubrir, poderase admitir alumnado con idades inferiores a 55 anos, pero en ningún caso inferior a 50 anos.

Documentación

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte
  • Impreso de solicitude

Esta documentación se presentará en calqueras dos rexistros dos tres campus da Universidade de Vigo ou por calquera outro previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderán formalizar a matrícula no ciclo integrado aquelas persoas que teñan superado o ciclo intensivo ou aquelas persoas que estean en posesión de calquera titulación oficial universitaria e teñan unha idade igual ou superior a 50 anos nos prazos establecidos na convocatoria.

Documentación

  • Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte, de non presentalo con anterioridade ou existir algunha variación de datos.
  • Impreso de solicitude.
  • Formulario SEPA.
  • En caso de acceder cunha titulación universitaria deberá documentarse dita titulación.