Programa de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable
Área de coñecemento
Información administrativa
Facultade de Ciencias da Educación e do DeporteCoordinación do título
Roberto Jesús Barcala FurelosCentro ao que se adscribe
Escola Internacional de Doutoramento
Campus
Código RUCT
Contacto
-
Marta Costa Ferreira
Nome: Examinando a implantación do proxecto SCORE no contexto portugués: unha avaliación de procesos e resultadosData de lectura:Directores:María de los Ángeles Fernández Villarino, Fernando de Sousa Ferreira Santos
-
Santiago Valladares Rodríguez
Nome: Fiabilidade e utilidade do 30-15 Intermittent Fitness Test en xogadores e xogadoras profesionais de fútbol sala.Data de lectura:Directores:Ezequiel Rey Eiras
-
Joel André Moura de Oliveira
Nome: Formación en seguridade acuática dende a educación (escola) ata o deporte (surfing).Data de lectura:Directores:Roberto Jesús Barcala Furelos, Ana Catarina Queiroga
-
Myriam Santos Folgar
Nome: Avaliación de habilidades para xestionar vía aérea e ventilación no soporte vital básico e instrumental.Data de lectura:Directores:Roberto Jesús Barcala Furelos
-
Miguel Lorenzo Martínez
Nome: Cambios no rendemento durante os partidos de fútbol de elite: O efecto das substituciónsData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Ezequiel Rey Eiras
-
Alejandro Sal de Rellán Guerra
Nome: Efecto da idade sobre o rendemento físico e técnico en futbolistas profesionaisData de lectura:Directores:Ezequiel Rey Eiras
-
Alejandra Alonso Calvete
Nome: Análise das adaptacións neuromusculares e fisiolóxicas producidas polo rodillo de foam.Data de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Ezequiel Rey Eiras, Cristian Abelairas Gómez
-
Ariadna Hernaiz Sánchez
Nome: ¿Que é un alumno fisicamente ben educado?Data de lectura:Directores:María de los Ángeles Fernández Villarino, MIGUEL GONZÁLEZ VALEIRO
-
Anton Kalén
Nome: Estratexias de selección de talento e evolución do alto rendemento no baloncestoData de lectura:Directores:Ezequiel Rey Eiras
-
María Pichel López
Nome: Estudio prospectivo de tres modelos de ensino de RCP na edade escolar.Data de lectura:Directores:Roberto Jesús Barcala Furelos
-
Martín Otero Agra
Nome: Influencia na calidade da Reanimación Cardiopulmonar no ámbito escolar e deportivo: Estudo de diferentes factores.Data de lectura:Directores:Roberto Jesús Barcala Furelos
-
Alexandra Pérez Ferreirós
Nome: Análise do rendemento en baloncesto: Fiabilidade e aplicacións das estatísticas de xogoData de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Ezequiel Rey Eiras
-
Carlos Lago Fuentes
Nome: Optimización do rendemento físico-deportivo no fútbol sala feminino: dende a epidemioloxía lesional a unha proposta de intervención.Data de lectura:Directores:Ezequiel Rey Eiras
-
Alexis Padrón Cabo
Nome: Análise dos procesos de selección e das decisións técnico-tácticas no fútbol profesional.Data de lectura:Tese con mención internacionalDirectores:Ezequiel Rey Eiras
Descrición
A actividade física, nas súas dimensións deportiva, educativa e de saúde alcanzou unha presenza destacada na sociedade do século XXI. Ao aumento e mellora do equipamento e das instalacións deportivas nos últimos anos, uníronse maiores orzamentos públicos e privados para a xestión deportiva, incrementándose as cifras de emprego no sector, tanto no exercicio de labores docentes, no desenvolvemento do rendemento deportivo, como na xestión deportiva.
As razóns que xustifican a investigación neste ámbito son: · O crecente grao de sedentarismo que está a contribuír a un aumento da prevalencia de patoloxías crónicas e a unha diminución da calidade de vida na poboación, constituíndo a actividade física unha das principais medidas para paliar os devanditos efectos adversos. · A necesidade constante de actualizar o uso da actividade física e deportiva como ferramenta educativa e de lecer saudable. · A extensión e importancia social do deporte de competición fan necesario un maior coñecemento dos seus antecedentes, os seus aspectos socio-económicos e as súas repercusións sobre o organismo. Por iso, este programa de doutoramento expón como finalidade a formación e especialización nas técnicas de investigación relacionadas co Deporte, a Educación Física e o Exercicio Físico Saudable.
Este Programa de Doutoramento realízase de forma conxunta pola Universidade da Coruña- Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física e a Universidade de Vigo - Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Liñas de investigación
- Rehabilitación na enfermidade de Parkinson
- Emoción na práctica de deportes na natureza
- Psicoloxía aplicada ao deporte e ao exercicio físico
- Análise do pensamento e comportamento do profesor/entrenador e do alumno/deportista
- Composición corporal e gasto enerxético
- Comportamiento motor
- Epidemioloxía da actividade física e a condición física saudable
- Socorrismo e rescate acuático
- Análise do rendemento en deportes colectivos
- Actividade física, entorno urbano e saúde
- Sistema de neuronas espello
- Control motor na actividade física, saúde e deporte
- Análise do rendemento en deportes artísticos
- Análise do rendemento en deportes artísticos e expresivos
- Entrenamento neuromuscular en xoves, e en deportes de equipo
- Biomecánica do movemento humano
- Innovacións na avaliación de contextos naturais aplicados ao deporte
- Parámetros de rendemento no entrenamento de resistencia, e aplicacións ao exercicio físico saudable
- Adaptacións neuromusculares e cardiovasculares no entrenamento de forza
- Xénero, deporte, actividade física saudable e calidade de vida
- Medo e patrón motor
O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.
Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.
A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.