Calidade

Os criterios e directrices para a garantía de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) establecidos por ENQA e os seus membros e entidades colaboradoras marcan, no ano 2005, o primeiro paso para establecer un conxunto de valores, expectativas e boas prácticas relativos á calidade e á súa garantía amplamente compartidos entre as institucións e as axencias do EEES.

Estes criterios e directrices son aplicables a toda a educación superior impartida no EEES e, na súa actualización no ano 2015, inciden na conexión da ensinanza e da aprendizaxe coa investigación e coa innovación, isto é, cos estándares europeos de investigación establecidos no Espazo Europeo de Investigación (EEI).

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define a estrutura dos ensinos universitarios en tres ciclos: grao, máster universitario e doutoramento. O seu desenvolvemento lexislativo estatal (Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro) e autonómico (Decreto 222/2011, do 2 de decembro) establece o marco para mellorar a calidade en todas as áreas da actividade universitaria e para regular os procesos de verificación, seguimento e acreditación dos programas de doutoramento.

 

O Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento establece a necesidade de mecanismos para xestionar o desenvolvemento e os resultados dos programas de doutoramento mediante un sistema de garantía de calidade.

Este sistema incorpora os estándares europeos de calidade na educación superior e oriéntase tamén cara aos estándares europeos de investigación.

 

Manual de Calidade

É o documento principal do SGC, no cal se expón a política e os obxectivos de calidade, así como o seu alcance e a estrutura organizativa e de responsabilidades en materia de calidade. Ademais, precisa os procesos de funcionamento do SGC (e os procedementos que os describen).

Contén varios anexos, que poden evolucionar (actualizarse), de xeito independente ao manual.

 

Política e Obxectivos de Calidade

A política de calidade é o documento de referencia do SGC. Constitúe a formalización da estratexia da Eido sobre calidade e, polo tanto, o seu compromiso coa calidade e coa mellora continua.

Esta estratexia desenvólvese para acadar os obxectivos de calidade, que se concretan no tempo mediante as metas.

Este compromiso débese reflectir na aplicación efectiva desta política en todas as actividades ligadas ao funcionamento dos programas de doutoramento e dos procesos do sistema de garantía de calidade, así como nas liñas de acción que se acorden.

A implantación da política e dos obxectivos de calidade garántese a través de:

  • A súa comunicación (publicación na páxina web da Eido, difusión e promoción por outros medios, información aos órganos de representación...).
  • A súa posta en práctica e control, a través da aplicación dos procedementos e das accións de calidade e das actividades de formación, información e sensibilización.
  • A súa revisión periódica, co obxecto de garantir a súa continua adecuación e vixencia (véxanse os procedementos do proceso de Dirección estratéxica).

 

Procedementos

Os procedementos describen os procesos de funcionamento do SGC, isto é, as actividades desenvoltas e as súas responsabilidades. Desenvolven e complementan o manual de calidade e poden incluír documentos anexos.

Incorporan referencias aos resultados e indicadores dos procesos que permiten analizar os datos para tomar as decisións oportunas.

O seu modo de xestión descríbese en detalle no procedemento «XD-01: control dos documentos».

 

Outra documentación de Calidade

En función das necesidades, pode ser necesario ou aconsellable elaborar documentos de apoio tales como instrucións, guías, manuais...que poden complementar a descrición de actividades dos procesos.

O seu modo de xestión descríbese no procedemento «XD-01: control dos documentos».

 

Rexistros

Algúns dos anexos, unha vez cubertos, convértense en rexistros de calidade. Os rexistros recollen datos obxectivos das actividades efectuadas e dos seus resultados.

Proporcionan probas do desenvolvemento ou da conformidade do funcionamento do SGC en relación coas esixencias das directrices. O seu modo de xestión descríbese en detalle no procedemento «XD-02: control dos rexistros».

Máis información sobre o programa

 

Estes programas teñen por obxecto avaliar a implantación dos programas verificados e renovar a súa acreditación para garantir que se logran os seus obxectivos e que responden ás necesidades dos doutorandos/as e da sociedade.

Seguimento dos PD

Acreditación dos PD

Máis información sobre o programa

 

O obxectivo deste programa é recoller a percepción dos doutorandos/as e doutros grupos de interese de doutoramento para analizar e mellorar a súa satisfacción e a calidade do programa.

Satisfacción de doutoramento

Inserción laboral de doutoramento

Máis información sobre o programa

 

Iniciativa da Comisión Europea para implantar os estándares europeos de investigación na fase predoutoral e no resto da carreira investigadora.

HRS4R Programme

 

A caixa é unha canle para expoñer cuestións relacionadas coa calidade e a mellora do servizo público prestado pola Eido.

Caixa QSP

 

A Comisión de Calidade da Eido é o órgano colexiado responsable do desenvolvemento dos programas de calidade na escola.

 

Composición

  • O presidente/director da Eido: Antonio Pino García
  • O director da Área de Calidade, ou persoa en quen delegue: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
  • O coordinador de calidade/Secretario Académico da Eido: Marcos Arias Acuña
  • O xefe do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao, ou persoa en quen delegue: José Luís Gómez Reboiro
  • Un/unha representante do estudantado de doutoramento: Sara Martínez Carrera
  • Responsables de calidade dos programas de doutoramento por cada ámbito recoñecido no RRI da Eido:
    • Artes e Humanidades: Teresa Rivas Brea
    • Enxeñaría e Arquitectura: Asunción Longo González
    • Xurídico-Social: Ángeles Parrilla Latas
    • Campus do Mar: Paloma Morán Martínez
    • Ciencias:
  • Outros: O técnico de calidade: José Miguel Dorribo Rivera

 

Actas

15/02/2018 | 11/05/2017 | 27/04/2017

 

 

Portal de Transparencia da UVigo