Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Pontevedra

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
20
Código:
P02M163V01

Este mestrado facilítalle ao alumnado unha formación de xestión vinculada á súa formación de base poñendo en valor a figura do project manager na dirección de proxectos. Os contidos formativos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas principais organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI), a International Project Management Association (IPMA) e a International Organisation for Standardisation (ISO), entre outras.

Está orientado a profesionais vinculados ao ámbito da construción e o desenvolvemento territorial en xeral, dos sistemas de información e das novas tecnoloxías,; así como do lecer e do deporte que queiran adquirir unha formación de xestión vinculada á súa titulación universitaria poñendo en valor a figura do project manager. O obxectivo é formar profesionais capaces de asesorar as organizacións en xestión e dirección de proxectos, potenciando así o papel do xestor/a de proxectos (o primeiro mestrado interuniversitario do sistema universitario galego, que tamén conta cunha ampla traxectoria). Actualmente, ofrece tres especializacións: edificación e desenvolvemento territorial, sistemas de información e ocio e deportes. En calquera caso, é un programa interdisciplinar aberto a todas as persoas tituladas e aplicable a calquera sector empresarial/profesional (campo de coñecemento: interdisciplinar).
 

Acceso e admisión

Ter unha das seguintes titulacións segundo a especialidade que se querea cursar:
- Edificación e desenvolvemento territorial: arquitecto/a técnico, enxeñeiro/a técnico, arquitecto/a,
- Enxeñeiro/a superior.
- Lecer e deporte: licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, licenciado/a en Educación
- Física: graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Sistemas de información: enxeñeiro/a técnico, enxeñeiro/a superior

Valorarase de forma preferente seguindo a orde dos apartados:
- Expediente académico (1-4).
- Experiencia profesional afín á especialidade que se cursará (0-1).

Nota:
No caso de notas iguais, terase en conta a orde de preinscrición no mestrado. Se fora necesario, a comisión académica poderá realizar unha entrevista persoal.
 

Perfil de ingreso recomendado

Terán carácter preferente as seguintes titulacións, segundo a especialidade que se vaia a cursar:
- Edificación e desenvolvemento territorial: Arquitectura Técnica, Arquitectura, Enxeñaría Superior e Enxeñaría Técnica.
- Sistemas de información: Enxeñería Superior e Enxeñería Técnica.
- Lecer e deporte: Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Licenciatura en Educación Física, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

Tamén pode ser cursado por graduados/as e licenciados/as universitarios en xeral, dado o seu carácter formativo transversal. Como referencia, nas últimas edicións cursou o mestrado alumnado procedente da Enxeñaría Civil, Economía e Administración de Empresas, Relacións Laborais, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial (produción, electricidade, …), Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, así como de Comunicación Audiovisual, Deseño de Interiores etc.
 

Plan de estudos

O obxectivo deste programa de mestrado, que conta con distintas especializacións, é formar profesionais capaces de asesorar empresas e promotores en diversos proxectos e operacións, e posteriormente xestionar proxectos e dirixir e coordinar as distintas partes interesadas, desde a concepción ata a entrega do produto ou servizo ao usuariado, cumprindo os requisitos dao clientela, garantindo que a operación se complete a tempo, dentro do orzamento e adheríndose aos estándares de calidade establecidos. Este programa de posgrao ofrece o máis alto nivel de especialización aplicado ao deseño, xestión e control de proxectos.

Preinscripción y matrícula

Contacto

Coordinación do título

José María Cancela Carral