Máster Universitario en Dirección Pública e Liderado Institucional
Características
Este mestrado en modalidade en liña é unha titulación oficial recoñecida polo Ministerio de Educación e impartido pola a Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo dende o ano 2011.
O seu obxectivo é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da administración e a xestión pública. O alumnado que escolla este programa adquirirá as habilidades necesarias para cursar un doutoramento e acadar un alto nivel de especialización, o que lle permitirá realizar actividades de asesoramento, consultoría e investigación.
Acceso e admisión
Requisitos específicos de admisión e/ou criterios de avaliación:
- Expediente académico: ata 4 puntos.
- Título universitario en Xestión e Dirección Pública ou Administración e Dirección Pública (ou similar): ata 3 puntos.
- Título universitario noutras titulacións no campo das ciencias sociais e o dereito (preferiblemente Ciencias Políticas, Dereito, Economía e Empresa): ata 2 puntos.
- Título universitario noutros campos de coñecemento: ata 1 punto.
- Currículo: ata 4 puntos.
- Coñecemento e acreditación de idiomas (agás o español e outras linguas cooficiais no territorio español): ata 2 puntos.
Plan de estudos
O obxectivo xeral do Mestrado en xestión pública e liderado institucional é proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar no campo da xestión e administración públicas, que lle permita ao estudantado continuar estudos en programas de doutoramento relacionados así como alcanzar un alto nivel de especialización que para realizar actividades de asesoramento e consultoría dentro das administracións públicas.
Este obxectivo xeral conséguese a través de tres obxectivos específicos:
- Afondar nas abordaxes, teorías e paradigmas clásicos e actuais da xestión pública.
- Coñecer e aplicar as ferramentas de análise básicas para o estudo sistemático dos recursos e habilidades propios da función directiva.
- Iniciar tarefas de investigación no campo da xestión pública mediante a asimilación de métodos e técnicas de investigación avanzadas.




