Mobilidade

O persoal docente da Universidade de Vigo ten á súa disposición unha serie de programas que teñen como obxectivo fomentar á súa mobilidade. 

Ademais da existencia de programas que teñen como destino a Unión Europea, EE.UU. ou Canadá; o persoal docente da Universidade de Vigo pode participar en accións de cooperación interuniversitaria.


Programa Erasmus+

Gif da web do SEPIE


Visitas ás universidades asociadas para preparar a mobilidade de estudantes

Cando sexa necesario visitar algunha das universidades coas que se subscribiu un convenio de mobilidade de estudantes, o persoal docente que se desprace deberá informar á persoa responsable de relacións internacionais do seu centro. Durante estas visitas, poderá coñecer os seus homólogos, outras formas de ensino e aprendizaxe, sistemas universitarios distintos, entrevistarse cos estudantes que a Universidade de Vigo envía ou cos estudantes que recibirá.

Convocatoria de mobilidade Erasmus+ para profesorado

CONSULTA AS CONVOCATORIAS

Erasmus+ con países extracomunitarios

CONSULTA AS CONVOCATORIAS

 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 818 727
ori@uvigo.es