Queres dar clase ou investigar na UVigo?
Para traballar na Universidade de Vigo como profesor terás que cumprir os requisitos do corpo ou da categoría na que pretendas concorrer nos concursos de profesorado e investigación:
Persoal funcionario
Para acceder ao corpo de profesorado catedráticos de universidade ou de profesorado titular de universidade é preciso ter o título de doutoramento e estar acreditado nese corpo.
Máis información para acreditarte na ANECA.
Podes ver as convocatorias no taboleiro de convocatorias:
Persoal contratado fixo
Persoal contratado temporal
Para acceder ás seguintes categorías:
Profesorado axudante doutor
É preciso dispoñer do título de doutoramento e ter a acreditación da ANECA ou da ACSUG.
Máis información para acreditarte na ACSUG ou na ANECA
Ver as convocatorias
Profesorado axudante
É preciso cumprir o requisito de estar admitido ou estar en condición de ser admitido nos estudos de doutoramento e ten como finalidade completar a súa formación docente e investigadora.
Profesorado asociado
É preciso estár traballando fóra do ámbito académico universitario.
Ver as convocatorias
Profesorado asociado en Ciencias da Saúde
É preciso estar traballando fóra do ámbito académico universitario no ámbito asistencial.
Ver as convocatorias
Profesorado contratado interino
É preciso dispoñer do título de licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou graduado para a cobertura de necesidades docentes temporais.
Ver convocatorias
Persoal investigador
Na seguinte ligazón ofrecémosche toda a información que precisas sobre a carreira investigadora e os distintos procesos de selección e de contratación na Universidade de Vigo:
Persoal colaborador en proxectos de investigación
Na seguinte ligazón poderás informarte sobre a contratación de persoal colaborador en proxectos de investigación:
Oferta de emprego público
- Consulta a oferta de emprego público de 2022 (DOG 15/12/2022)
- Consulta a oferta de emprego público de 2021 (DOG 1/12/2021)
- Consulta a oferta de emprego público de 2020 (DOG 21/12/2020)
- Consulta a oferta de emprego público do 2019 (DOG 17/12/2019)
- Consulta a oferta de emprego público do 2018 (DOG 20/12/2018)
- Consulta a oferta de emprego público do 2017 (DOG 21/12/2017)
- Consulta a oferta de emprego público do 2016 (DOG 10/11/2016)
- Consulta a oferta de emprego público do 2015 (DOG 10/11/2015)
Se precisas ampliar información sobre estas convocatorias podes contactar coa Sección de Selección e Programas do Servizo de Persoal Docente e Investigador
+34 986 813 765 / 813 907 / 813 421
consultapdi@uvigo.gal