Mellora a túa formación docente e investigadora
Formación didáctica
A Universidade de Vigo organiza a formación didáctica do profesorado a través do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP).
Grupos de innovación docente (GID)
Son grupos de traballo estables de profesorado universitario que teñen como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, á innovación e á renovación do modelo educativo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Estes grupos permiten reflexionar sobre a práctica docente e constitúen un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros e ámbitos disciplinares que comparten obxectivos comúns.
A Área de Formación e Innovación Educativa promove esta iniciativa coa finalidade de xerar un impacto real que axude a transformar e a renovar o ensino na Universidade de Vigo.
Información sobre os Grupos de Innovación Docente
Formación permanente do profesorado
Na seguinte ligazón poderás consultar a listaxe de cursos co prazo de matrícula aberto.
Máis información:
Área de Formación e Innovación Educativa
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 035
eafp.innovacion@uvigo.gal