Chegar ao teu novo fogar
Tarxeta universitaria
Ao chegar á Universidade de Vigo, recolle o teu carné universitario acudindo, co teu DNI ou Pasaporte, ás sedes da entidade emisora que se atopan no campus (Ourense, Pontevedra ou Vigo). Esta tarxeta permitirache acceder aos servizos esenciais da Universidade de Vigo (biblioteca, Wi-fi, conta de correo electrónico).
Transporte público
Vigo
Se vas vivir en Vigo podes utilizar a túa carta de aceptación para solicitar a túa tarxeta de transporte público na seguinte ligazón.
Desde que solicitas a tarxeta ata que a recibes na dirección que indicaches poden pasar unhas 2-3 semanas, polo que é conveniente que a solicites antes da túa chegada.
Ourense
Se a túa cidade de destino é Ourense, debes picar na seguinte ligazón para obter a túa tarxeta.
En canto ao transporte desde fóra dos núcleos urbanos, existen conexións de autobús ou tren coas cidades próximas. Podes consultar toda a información picando nestas ligazóns:
Cursos de idiomas
A Universidade de Vigo ofrece cursos de español a través do Centro de linguas a un prezo reducido para ti. Consulta a súa web para coñecer o proceso de inscrición.
Tamén se ofrecen cursos de galego a través da Área de Normalización Lingüística.
Deportes
En cada un dos nosos campus atoparás espazos deportivos para realizar a túa actividade física favorita: fitness, natación, tenis, baloncesto, xadrez, tenis de mesa... Ademais, a universidade colabora cunha ampla gama de centros deportivos.
Podes utilizar as instalacións deportivas nas mesmas condicións que a comunidade universitaria.
Comedores
Nos tres campus dispoñemos de cafeterías e restaurantes onde podes facer un descanso ou tomar as túas comidas a prezos accesibles.
Familia
Ofrecémosche un servizo de neneira mentres estudas, traballas ou gozas do teu tempo libre nos campus de Ourense e Pontevedra.