Aloxamento en Ourense

Aloxamento en Ourense

O campus de Ourense conta con aloxamentos propios e concertados para o alumnado, nos que se ofrecen diferentes servizos.

Onde aloxarse?

Centros propios ou concertados

Coas máis modernas instalacións e uns servizos pensados para que vivas e estudes ao teu ritmo mentres desenvolves a túa carreira académica e profesional.

A residencia atopase no campus sur, a 5 minutos das facultades e preto do casco antigo de Ourense.

Está situado no centro histórico de Allariz, vila ourensá que posúe, dende 1971, a denominación de conxunto histórico-artístico e monumental e que obtivo, no ano 1994, o primeiro Premio europeo de planificación urbana. Dispón de servizo continuo de autobuses ao campus de Ourense.

Outro tipo de aloxamentos

Na seguinte ligazón podes acceder á oferta doutro tipo de aloxamentos como pisos de aluguer, habitacións compartidas ou aloxamento con familias. 

 

Prazas nos centros propios e axudas para aloxamento

Tanto as prazas nas residencias universitarias propias como as axudas xerais para aloxamento convócanse cada ano. Podes consultar no buscador se tes algunha convocatoria activa da que poidas beneficarte e, se tes algunha dúbida, podes contactar co Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos no enderezo electrónico bolsas@uvigo.es ou nos teléfonos +34 986 813 611 e +34 986 813 612.

Ir ao buscador

 

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense
asc-ou@uvigo.es
+34 988 387 102