Transporte en Ourense

Transporte en Ourense

Ourense, referente urbano da Galicia interior, actúa polo seu emprazamento como eixe de comunicacións que conecta a Galicia Atlántica co resto de España. Mantén ademais un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira se sitúa só a 60 km de distancia.

 

Andando

Con pendentes pouco pronunciadas e trazado lonxitudinal, Ourense é unha cidade de distancias curtas, cómoda para percorrer a pé e sen présas; sen ter que empregar o coche.

Paseos por Ourense

 

Bicicleta

Na cidade existen empresas privadas que, ademais de servizos de aluguer, ofrecen rutas e actividades sobre dúas rodas. Tamén teredes a oportunidade de participar nalgunha das saídas e actividades temáticas que periodicamente organizan diferentes asociacións e grupos de afeccionados.

Rutas de Ourense

 

Bus urbano

Para traxectos longos, a cidade conta cunha rede de autobuses urbanos con varias rutas que cobren comodamente o eixe norte-sur da cidade.

Web do servizo de autobuses

 

Tren

Con conexións co resto de España e a espera da entrada en funcionamento dunha liña AVE que conecte Ourense con Madrid en 2 horas e media, o novo tren AVANT comunica A Coruña con Ourense en 1 hora 10 minutos e con Santiago de Compostela en 38 minutos. Consulte Renfe para ver as combinacións.

 

Bus de liña

Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas, Coruña, Santiago de Compostela e Vigo están conectadas por autovías e autopistas e atópanse nunha radio de menos de 200 km. A A-52 sitúa a cidade a 4 horas de Madrid, mentres que a segunda cidade portuguesa, Oporto, está a menos de 2 horas de camiño.

 

 

Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Ourense
asc-ou@uvigo.es
+34 988 387 102