Historia, Arte e Xeografía

Equipo de goberno

Director/a

Adolfo Fernández Fernández

Secretario/a

Alba Antía Rodríguez Nóvoa

Localización

Fac. Historia Campus As Lagoas
CP: 32005
Ourense

Código do departamento

D00H05

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M066V04

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Currículum vítae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do currículum vítae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido Gonzalez

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

    Artes e Humanidades
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M143V03

    Trátase dun mestrado de carácter mixto investigador/profesionalizante no que, para a adquisición de competencias, se empregará unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que vai necesitar o futuro alumnado egresado para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.

    De entre todas as características do mestrado, quizais a conxugación de sinerxías procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.
     

    Acceso e admisión

    Cada criterio ten unha puntuación específica que permitirá unha selección obxectiva do estudantado no caso de que se supere o número de prazas. A puntuación será a seguinte:

    • Titulación académica, con especial atención aos titulados/as das seguintes disciplinas con especializacións relacionadas co patrimonio cultural (35 %):
      • Graduados/as en titulacións relacionadas con historia, historia da arte ou xeografía
      • Arqueólogos/as
      • Arquitectos/as e arquitectos técnicos
      • Licenciados/as en Dereito
      • Enxeñeiros/as superiores e técnicos
      • Licenciados/as en Belas Artes
      • Títulados/as superiores en Conservación e Restauración de Patrimonio Cultural (segundo a Lei orgánica 2/2006) e titulados/as en Conservación-Restauración (segundo a Lei orgánica 1/1990)
      • Xeólogos/as
      • Químicos/as
      • Biólogos/as
    • Expediente académico, con especial atención ás materias cursadas relacionadas coa temática do mestrado (30 %).
    • Currículum vítae, con especial atención aos méritos alegados relacionados coa realización de cursos de especialización e o desenvolvemento de actividades profesionais no ámbito do patrimonio cultural (15 %).
    • Bolsas (estudos de 1.º e 2.º ciclo, estudos predoutorais etc.) (10 %).
    • Outros méritos, como coñecementos de idiomas, premios extraordinarios etc. (10%).

    No caso de que non se supere o límite de prazas na fase de preinscrición, todas as solicitudes con currículo cunha relación profesional e académica co programa de mestrado terán dereito a acceder a el en condicións de igualdade e sen discriminación de ningún tipo.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas en Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Xeografía, Turismo, Humanidades, Arquitectura, Dereito ou Belas Artes con interese pola investigación e o labor profesional no eido da xestión, valoración e protección do patrimonio.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    Proporcionarlle ao alumnado unha base sólida en xestión, así como unha formación tecnolóxica e práctica, asumindo que unha boa preparación como profesional neste campo require a adquisición de habilidades no campo das novas tecnoloxías instrumentais e procedimentais.

    Este mestrado enténdese como un período de formación para obter o título de doutor/a, promovendo a investigación no campo da protección do patrimonio.

    O alumnado poderá seleccionar e empregar ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, implementación e seguimento de proxectos de avaliación, xestión e/ou difusión do patrimonio cultural. A énfase na interdisciplinariedade e no contido tecnolóxico esixirá que os e as profesionais actualicen os seus coñecementos regularmente, o que se aliña coa necesidade de formar estudantado autónomo capaz de facerse cargo da súa propia aprendizaxe e de atopar, en calquera momento, os recursos axeitados para responder as demandas cambiantes da profesión e da sociedade.

    • Mellorar a coordinación e as habilidades dos grupos.
    • Promover a posta en marcha de actividades docentes interdisciplinares.
    • Completar a formación do alumnado con prácticas en empresas.
    • Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
    • Explorar novas formas de financiamento.
    • Deseñar e ofrecer novos produtos que a sociedade demande.
    • Promocionar a UVigo e situala no escenario nacional e internacional.
    • Promover a relación entre as empresas e a universidade.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Susana María Reboreda Morillo

    Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade

    Artes e Humanidades
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    5
    Código
    O02M187V01

    O Mestrado interuniversitario en arqueoloxía e ciencias da antigüidade ten unha dobre orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos/as que poidan desenvolver o seu labor profesional neste campo nos vindeiros anos; na segunda, permite o paso ao Programa de doutoramento en historia, xeografía e arte da USC ou ben ao de Protección do patrimonio cultural da UVigo. É unha titulación interuniversitaria (USC, UDC e UVigo) que conta coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.

    Este mestrado inclúe dúas especialidades:

    • Arqueoloxía
    • Historia do mundo clásico

    Para obter o título nunha especialidade, o alumnado deberá cursar un mínimo de 18 créditos optativos do correspondente módulo da especialidade elixida. De non cumprir este requisito, poderá titularse no Mestrado en arqueoloxía e ciencias da antigüidade sen especialidade.
     

    Acceso e admisión

    Titulacións por orde de preferencia:

    1. Graduados/as e licenciados/as en Historia, Xeografía e Historia, e Historia da Arte
    2. Resto de titulacións universitarias

    As prazas vacantes en calquera das tres universidades poden ser asignadas polas dúas restantes.

    Perfil de ingreso recomendado

    En termos xerais, os grupos de interese aos que se destina o título son persoas coa intención de desenvolver estudos sobre arqueoloxía, o mundo clásico ou a prehistoria (en xeral, ou especificamente da Gallaecia), con certas aptitudes lingüísticas tanto para leren textos noutras linguas como para se expresaren na súa propia e un certo coñecemento xeral do proceso histórico. En concreto, o perfil de acceso estará aberto a persoas licenciadas ou graduadas de todos os eidos de coñecemento.

    Obxectivos xerais da titulación

    • Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou unha oportunidade para a orixinalidade no desenvolvemento ou na aplicación de ideas, a miúdo dentro dun contexto de investigación. 
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co campo de estudo. 
    • Ser capaz de integrar coñecementos e de tratar a complexidade de formular xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. 
    • Saber comunicar as súas conclusións (e o coñecemento e o razoamento subxacentes) a públicos tanto especializados como non especializados de forma clara e inequívoca. 
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun xeito en gran medida autodirixido ou autónomo.
    • Colaborar na xestión de coleccións e museos. 
    • Realizar tarefas de colaboración e asesoramento en plans directores, plans especiais, traballos arqueolóxicos etc. 
    • Participar activamente na organización de tarefas de xestión cultural.
    • Adquirir as habilidades necesarias para dirixir as actividades de campo, prospección e escavación arqueolóxica e o tratamento e estudo de materiais e mostras. 
    • Colaborar e redactar informes históricos e arqueolóxicos, adaptándose ao tipo de actividade que se leve a cabo.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Arqueoloxía preventiva e de xestión: dirección e execución de intervencións arqueolóxicas (escavacións, prospeccións e sondaxes) derivadas de obras civís ou proxectos urbanísticos
    • Administración Pública: traballo en institucións encargadas da protección, catalogación e inventario do patrimonio cultural
    • Xestión cultural e museística: conservación, exposición e posta en valor de xacementos e pezas arqueolóxicas en museos ou centros de interpretación
    • Divulgación e turismo: deseño de proxectos de difusión da arqueoloxía para o público xeral e turismo cultural
    • Tecnoloxías aplicadas: aplicación de técnicas arqueométricas e novas tecnoloxías na análise e documentación de bens arqueolóxicos
    • Investigación especializada: realización de teses e proxectos de investigación sobre prehistoria, mundo clásico ou arqueoloxía medieval e moderna
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Fermín Emiliano Pérez Losada

    Máster Universitario en Creación Artística Contemporánea

    Artes e Humanidades
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código
    10413

    O Mestrado en creación artística contemporánea xurdiu da necesidade de fusionar a investigación e a creación artística na educación de posgrao, proporcionándolle ao estudantado unha formación especializada e multidisciplinar. Polo tanto, está centrado na investigación a través da práctica.

    Acceso e admisión

    Segundo a normativa dos estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, a selección do alumnado é responsabilidade da comisión académica do mestrado.

    A selección basearase en:

    • Adaptación da cualificación de acceso ao contido do mestrado
    • Expediente académico, avaliado segundo a normativa da Universidade de Vigo
    • Dossier artístico:de 0 a 3 puntos
    • Currículo artístico e/ou profesional do candidato/a, tendo en conta a súa relevancia para o contido do programa de mestrado: de 0 a 2 puntos
    • Carta de motivación

    Para o estudantado con necesidades educativas especiais:

    • En virtude dos artigos 15 e 18 do RD 822/2021 e RD 412/2014, polos cales polo menos un 5 % das prazas ofertadas deberá reservarse para estudantado cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, así como para estudantado con necesidades de apoio educativo permanentes.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado en creación artística contemporánea é a formación académica artística avanzada, de carácter multidisciplinar, que inclúe os seguintes obxectivos:

    • Proporcionar formación en creación artística vinculada á investigación en todas as áreas e técnicas implicadas na titulación de Belas Artes: debuxo, escultura, pintura, performance art, ilustración, gravado, fotografía, audiovisuais e todos aqueles novos medios que poidan ser empregados polo alumnado como material para iniciar un proxecto artístico.
    • Proporcionar coñecementos e habilidades que permitan desenvolver un proxecto artístico.
    • Proporcionar habilidades para achegar solucións orixinais e innovadoras no campo da arte.
    • Xestionar proxectos en equipos multidisciplinares, optimizando recursos e difundindo resultados.
    • Prepara o alumnado para posicionarse profesionalmente no ámbito artístico, achegándose ao mundo profesional a través da práctica.
    • Integrar o estudantado no contexto artístico, capacitándoo para responder a preguntas, problemas e todo o que xurda na súa expansión a outras áreas relacionadas e ás redes sociais.
    • Preparar o alumnado para a realización de estudos de doutoramento mediante formación en metodoloxía científica aplicada ás artes.
    • Fomentar a participación dos principais actores locais, nacionais e internacionais na vida cultural e no mercado da arte a través de proxectos colaborativos propostos polo alumnado.
    • Fomentar o desenvolvemento profesional do estudantado, introducíndoo nas linguaxes artísticas e de investigación.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Xose Manuel Buxan Bran