Xeociencias mariñas e ordenación do territorio

Equipo de goberno

Director/a

María Soledad García Gil

Secretario/a

Gianluca Marino

Localización

Fac. CC do Mar Edif. CC Experimentais Campus Universitario
CP: 36310
Vigo

Código do departamento

D00C10

    Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    O01M142V01

    Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado. 

    Acceso e admisión

    O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:

    • Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
    • No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
    • De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:

    • Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias  Ambientais
    • Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
    • Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
    • Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico

    Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:

    • Capacidade de aprendizaxe
    • Capacidade de adaptación aos cambios
    • Actitude positiva
    • Capacidade de asumir responsabilidades
    • Capacidade de comunicación oral e escrita
    • Capacidade de planificación, coordinación e organización
    • Capacidade de resolución de conflitos e problemas
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Capacidade de análise
    • Capacidade de traballo independente

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.

    Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:

    • Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
    • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
    • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
    • Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
      • Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
      • Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
      • Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
      • Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
      • Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
    • Eido ambiental e recursos naturais
      • Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
      • Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
      • Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura. 
    • I+D+i, docencia e asesoría
      • Investigador/a en centros públicos ou privados.
      • Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
      • Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.

    Especialidades

    • Ciencias agrarias e alimentarias
    • Ciencias ambientais
    • Procesos na industria alimentaria

    Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.


     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Fernández González

    Máster Universitario en Acuicultura

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    10
    Código
    V02M102V03

    O Mestrado interuniversitario en Acuicultura proporciónalle ao estudantado unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesional na acuicultura. O estudantado adquire coñecementos, destrezas e aptitudes que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias para o futuro desenvolvemento da industria.

    A titulación conta con dúas especialidades:

    • Produción acuícola
    • Biotecnoloxía en acuicultura

    Acceso e admisión

    Terán prioridade:

    • As persoas graduadas ou licenciadas en Bioloxía, Ciencias Mariñas, Veterinaria e Ciencias Ambientais.
    • As persoasgraduadas ou licenciadas en enxeñarías en Química, Farmacia e Enxeñaría Agroforestal.
    • Outras titulacións en ciencias experimentais e enxeñarías.
    • As persoas tituladas en ciencias da saúde.

    Para os criterios específicos de valoración terase en conta o seguinte:

    • O expediente académico (ata un 30 % de ponderación).
    • Ter cursado materias básicas para a comprensión daquelas que deben cursarse no mestrado (xenética, microbioloxía, fisioloxía, bioquímica, zooloxía, botánica) (5 %).
    • Coñecemento demostrado doutras linguas, principalmente inglés (10%).
    • Experiencia profesional (15 %).
    • Experiencia investigadora (15 %).
    • Currículo (25 %).
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Preferente:

    • Persoas licenciadas ou graduadas en Bioloxía, Ciencias do Mar, Veterinaria ou Ciencias Ambientais.

    Outros:

    • Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de ciencias: (Química, Farmacia, Biotecnoloxía etc)
    • Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de tecnoloxía (Enxeñaría Agrícola, Forestal etc.).
    • Persoas licenciadas ou graduadas en ciencias da saúde.

    Obxectivos xerais da titulación

    • A bioloxía e a ecoloxía dos organismos acuáticos de interese para a acuicultura e como aplicar estes coñecementos ao cultivo.
    • Os avances, metodoloxías e ferramentas empregadas no control do benestar, reprodución, nutrición, metabolismo, crecemento, xenética e patoloxía en especies de interese para a acuicultura.
    • Os factores importantes para o crecemento, a reprodución e a supervivencia dos organismos acuáticos en cada etapa do ciclo reprodutivo, así como as condicións axeitadas da auga e das instalacións.
    • A interacción da acuicultura e o medio ambiente, tanto no que respecta ao impacto ambiental das actividades de acuicultura como aos efectos do medio ambiente no benestar animal.
    • Os criterios de deseño e os fundamentos de enxeñaría necesarios para promover e/ou xestionar de forma viable un sistema de acuicultura.
    • Os fundamentos técnicos, de xestión e de mercado para a correcta organización dunha empresa de acuicultura.
    • Os criterios necesarios para conseguir un produto de calidade mediante unha boa xestión de procesos.
    • As metodoloxías e ferramentas necesarias para desenvolver a investigación en acuicultura en centros públicos e privados.
    • Como planificar e desenvolver proxectos de investigación que permitan xerar novo coñecemento en acuicultura.
    • A lexislación máis relevante neste campo.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Marta Conde Sieira

    Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    10
    Código
    V02M179V01

    O Mestrado interuniversitario en biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión impártese nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e proporciónalle ao alumnado unha formación avanzada e especializada nestes estudos. O obxectivo é formar profesionais para empresas de consultoría ambiental, empresas ambientais e administracións e mellorar os coñecementos das persoas profesionais xa dedicadas a esta actividade. Ademais fórmanse novas persoas investigadoras para incorporar en equipos de investigación de centros públicos e empresas relacionados coa caracterización, a conservación e a xestión da biodiversidade terrestre.

    Acceso e admisión

    Se o número de estudantes con interese en realizar o mestrado é superior ao límite de prazas establecido, realizarase unha selección en función dos seguintes criterios:

    • Daráselle preferencia ao estudantado dos graos en Bioloxía, ordenados por expediente académico.
    • O alumnado das titulacións de Ciencias Ambientais, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria seguirá sendo ordenado por expediente académico.
    • Finalmente, o estudantado das licenciaturas en Farmacia, Química, Veterinaria e Ciencias Mariñas (así como doutras licenciaturas de ciencias, se así o decide a comisión académica interuniversitaria), ordenado por expediente académico.
       

    Obxectivos xerais da titulación

    O mestrado ten un enfoque fundamentalmente práctico, co obxectivo de dotar o alumnado de todas as ferramentas que poida necesitar no futuro. Esta perspectiva é nova dentro do sistema universitario español porque, ata a data, ningún outro programa de grao comparte este enfoque.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Isabel Maria Pardo Gamundi

    Máster Universitario en Oceanografía

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    V10M153V01

    O Mestrado interuniversitario  en oceanografía analiza, desde unha perspectiva interdisciplinar e multidisciplinar, os procesos que teñen lugar nos océanos, incluíndo os mares pouco profundos, as marxes continentais e as profundidades oceánicas, así como as estruturas resultantes. Os océanos considéranse sistemas complexos cuxa dinámica xeral implica factores físicos, químicos, biolóxicos e xeolóxicos, con especial énfase nos mecanismos de interacción e retroalimentación que se producen entre eles.

    É precisamente esta perspectiva global a que fai que o programa de mestrado sexa especialmente atractivo para o alumnado que desexe ampliar a súa formación en oceanografía. Ten un enfoque investigador e está deseñado especificamente para estudantes que pretendan ocupar postos de responsabilidade en institucións e empresas relacionadas coa oceanografía ou continuar con estudos de doutoramento no campo das ciencias mariñas.

    Acceso e admisión

    Dada a natureza específica deste mestrado, a titulación preferida para a admisión é unha Licenciatura en Ciencias Mariñas. As titulacións de preferencia media inclúen varias licenciaturas en ciencias (Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Enxeñaría Ambiental,  Enxeñaría do Medio Natural,Química e Xeoloxía), que garanten unha preparación e aptitude axeitadas para o programa de mestrado. Finalmente, con preferencia baixa, aceptarase calquera licenciatura ou titulación equivalente.

    • Nota media do expediente académico: 50
    • Coñecementos de idiomas, inglés: 15
    • Obxectivos profesionais e motivación: 10
    • Dedicación ao programa de mestrado: 5
    • Cualificación de acceso: 20

    Obxectivos xerais da titulación

    • Adquirir coñecementos avanzados e máis relevantes, especializados e multidisciplinares no campo da oceanografía e a súa aplicación ao medio mariño.
    • Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas orixinais desde a fase de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos.
    • Analizar situacións e condicións oceanográficas específicas relacionadas co cambio global.
    • Aplicar os coñecementos adquiridos na práctica e emitir resolucións e xuízos nos diferentes campos da oceanografía.
    • Redactar artigos científicos e presentar os seus resultados con claridade, empregando argumentos sólidos no desenvolvemento das súas conclusións.
    • Comprender os procesos que controlan a distribución das masas de auga, as especies e os organismos en mar aberto e en rexións de especial interese, o que lles permitirá levar a cabo investigacións oceanográficas competitivas.
    • Adquirir coñecementos que lle permitirán reforzar e afondar na súa comprensión dos mecanismos físicos que controlan os asolamentos entre o océano e a atmosfera, a variedade climática, así como a validez e o contraste dos modelos climáticos.
    • Comprender a especificidade dos ecosistemas costeiros e o seu grao de vulnerabilidade empregando ferramentas teóricas e prácticas interdisciplinares.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Sandra Martínez García