Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación

Características

Campus: Vigo
Tipo: Posgrao
Modalidade: Presencial
Prazas: 40
Número de cursos: 2
Código:
V05M145V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Manuel José Fernández Iglesias

    Descrición

    A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación licenza no curso 2013/14 a súa 25ª promoción de enxeñeiras e enxeñeiros de Telecomunicación, cun índice histórico de empregabilidade por encima do 95%. Nese curso impártese por última ocasión esta titulación.

    Con todo, a experiencia formativa da Escola reflíctese nunha titulación adaptada ao EEES (plan Boloña): o Máster en Enxeñaría de Telecomunicación. Os egresados deste Máster son capaces de conseguir as atribucións profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación, unha profesión regulada en España.

    Os novos Enxeñeiros de Telecomunicación son os actores básicos da Sociedade da Información e Comunicacións en particular, pero tamén do vertixinoso cambio que estamos vivindo na Sociedade en xeral.

    O Máster estrutúrase en dous cursos académicos (120 ECTS), con 45 ECTS comúns, 30 ECTS de especialidade, 15 ECTS optativos e 30 ECTS de traballo de fin de máster. A especialización é obrigatoria, e pódese optar entre: Radiocomunicación, Telemática, Electrónica, ou Procesado de Sinal para Comunicacións.

    O traballo de fin de máster será en inglés, como tamén a docencia das especialidades de Radiocomunicación e Procesado do Sinal para Comunicacións, e algunhas optativas. Deste xeito, cada alumno cursará como mínimo un 25 ou 50% da titulación en inglés, o que se considera de gran interese para o seu desenvolvemento futuro nunha sociedade globalizada.