Responsabilidade social

A responsabilidade social é a peza central da modernización da Universidade de Vigo, da súa sustentabilidade económica, social, cultural e ambiental

A Universidade de Vigo aséntase na docencia, na investigación e na transformación do coñecemento xerado a través da investigación académica en valores sociais e económicos. 

Coa investigación e coa formación, pretendemos coma universidade contribuír á creación e á transferencia de coñecemento, así como á formación integral do estudantado, co obxectivo de promovermos o desenvolvemento científico, tecnolóxico e cultural da nosa sociedade. 

A responsabilidade social da universidade tamén se presenta como unha ferramenta para a xestión avanzada na procura da necesaria comunicación entre a institución e as partes interesadas (estudantes, PDI, PAS, sociedade...) baixo os principios reitores dos nosos valores éticos, sociais e de conservación ambiental. Nesta liña, a calidade constitúe unha meta para acadar o desenvolvemento sostible da sociedade.

Consulta no portal de transparencia da Universidade de Vigo todas as accións, os compromisos sociais co medio e coas persoas da nosa institución, así como a evolución histórica dos aspectos relacionados coa responsabilidade social universitaria. 

 

Responsabilidade social universitaria