Charlas informativas

Ao longo de todo o curso académico, a Universidade de Vigo organiza charlas de orientación xerais e específicas dirixidas a estudantes dos centros que así o soliciten. 

Persoal técnico, docentes e estudantes de últimos cursos da UVigo acudirán ao voso centro de secundaria para informar e dar a coñecer a oferta formativa de grao, ademais doutras características da nosa universidade. Tamén ofrecerán información das probas ABAU e do proceso de acceso e admisión. Unha maneira de facilitar a transición desde bacharelato/FP á universidade e de achegar a vida universitaria ás aulas.


Tipos de charlas 

  • Xerais:  poden tratar aspectos como acceso, matrícula, instalacións e servizos, oferta académica…
  • Específicas: nelas realízase unha exposición detallada dun determinado grao ou rama de coñecemento.

Estas sesións, dunha hora de duración, terán lugar ao longo do curso académico, entre o 15 de outubro de 2020 e o 31 de maio de 2021. Os centros de educación secundaria poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario de mañá en que desexen a sesión informativa. 


Inscrición

Os centros de secundaria poderán inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da xornada.

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es