Visitas guiadas aos campus
Ofrecemos visitas académicas dirixidas a alumnado de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior para coñecer os nosos campus, a súa oferta educativa, visitar as facultades e as escolas e, en definitiva, co fin de que o futuro alumnado obteña máis información sobre as principais características da Universidade de Vigo.
As visitas, de tres hora de duración, terán lugar entre novembro e maio do curso académico (excepto no Campus de Vigo). Os centros de educación secundaria poderán solicitar, segundo as súas preferencias, a data e o horario de mañá (entre as 10.00 e as 13.00 h) que desexen.
É imprescindible a presenza dalgún representante do profesorado do centro con cada grupo.
Campus de Vigo
Meses: decembro-xaneiro e maio-xuño (ata o 15 de xuño).
Días: luns, mércores e venres.
Horario: 10:00 a 13:00 horas.
- Ámbito humanístico: Filoloxía, Tradución e Interpretación, Linguas Estranxeiras.
- Ámbito xurídico-Empresarial: Dereito, Relacións Laborais, Economía, ADE.
- Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Industrial, Enxeñaría de Minas e Enerxía, Enxeñaría de Telecomunicación.
- Ámbito científico: Bioloxía, Ciencias do Mar, Química.
Formulario de inscrición (campus de Vigo)
Campus de Ourense
- Ámbito humanístico: Xeografía e Historia.
- Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social.
- Ámbito de ciencias sociais: Dereito, ADE, Relacións Internacionais, Turismo.
- Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Informática, Intelixencia Artificial, Enxeñaría Aeroespacial, Enxeñaría Agraria.
- Ámbito científico: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais.
Formulario de inscrición (campus de Ourense)
Campus de Pontevedra
- Ámbito humanístico: Belas Artes e Deseño.
- Ámbito tecnolóxico: Enxeñaría Forestal.
- Ámbito de educación: Educación Infantil, Educación Primaria, Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
- Ámbito de ciencias sociais: Comunicación Audiovisual, Publicidade e Relacións Públicas, Direccion e Xestión Pública.
- Ámbito de ciencias da saúde: Fisioterapia.
Formulario de inscrición (campus de Pontevedra)
Cómpre inscribirse a través do correspondente formulario ata 15 días antes da visita.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal