Xornada de Orientación Universitaria Virtual
No curso 2020/2021 desenvolveremos esta xornada o mércores 14 de abril de 2021. Se o teu centro está interesado en participar, podes cubrir o seguinte formulario de inscrición:
- Formulario
- Data límite de inscrición: 15 días antes ou ata completar a capacidade da sala
- Para os grupos de menos de dez persoas non será preciso realizar inscrición
Se estudas Bacharelato ou algún ciclo superior de FP e queres acceder á universidade, no vídeo da Xornada de Orientación Virtual que tivo lugar o 13 de maio de 2020 en Campus Remoto, poderás informarte sobre as novidades da ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais así como sobre os distintos servizos xerais da nosa universidade.
#ConectaCoaUVigo!
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal