Medidas destacadas
O Observatorio de Igualdade
O Observatorio de Igualdade é unha fonte de información que ten como obxectivo elaborar informes sobre as desigualdades existentes e as causas que as provocan para axudar a comprender a necesidade das políticas de igualdade adoptadas na organización e o fundamento delas.
De seguido están dispoñibles diferentes informes organizados por ano:
Informes
2024
2023
2022
2021
2020
- Observatorio da Igualdade na Universidade de Vigo 2020
- Valoración, percepción e impacto das políticas de igualdade entre mulleres e homes na Universidade de Vigo (ficheiro de datos)
- Opinións e actitudes dos homes da comunidade universitaria ante as violencias contra as mulleres
- Violencia estrutural contra as mulleres. Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos da covid-19
2019
- Observatorio da igualdade na Universidade de Vigo 2019.
- Diagnóstico das necesidades de conciliación na Universidade de Vigo 2019.
2017
- Informe de participación feminina nas xuntas de centro de facultades e escolas da Universidade de Vigo 2017.
- Informe de participación feminina nos equipos directivos de centros e departamentos da Universidade de Vigo 2017.
- Informe de distribución por sexos nos órganos de goberno da Universidade de Vigo 2017.
2015
- Informe de avaliación do I Plan de igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo 2014/2016.
- Análise da presenza da muller na imaxe que a Universidade de Vigo proxecta nos medios no ámbito interno e externo.
- Análise das traxectorias profesionais de mulleres na Universidade de Vigo.
- Estudo sobre a situación profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo 2005/2010.
- Informe de datos da composición de mulleres e homes da Universidade de Vigo 2009/2014.
- Participación de mulleres e homes nos órganos de representación do PAS e do PDI da Universidade de Vigo.
2014
2009
2007
O Distintivo de Igualdade
O Distintivo de igualdade xorde co fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a mirada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, das escolas e das facultades no eido do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, conquerir unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.
- Resolución reitoral, do 30 de setembro de 2024, pola que se convoca a quinta edición do Distintivo de igualdade destinado a escolas, facultades e centros e institutos universitarios de investigación da Universidade de Vigo
- Resolución reitoral, do 20 de setembro de 2023, pola que se convoca a cuarta edición do Distintivo de igualdade destinado a escolas, facultades e centros e institutos universitarios de investigación da Universidade de Vigo
- Resolución reitoral, do 14 de setembro de 2022, pola que se convoca a terceira edición do Distintivo de igualdade destinado a escolas, facultades e centros da Universidade de Vigo
- Resolución reitoral, do 15 de setembro de 2021, pola que se convoca a segunda edición do Distintivo de igualdade destinado ás escolas, ás facultades e aos centros da Universidade de Vigo
- Resolución reitoral, do 7 de abril de 2021, pola que se convoca a primeira edición do Distintivo de igualdade destinado ás escolas, ás facultades e aos centros da Universidade de Vigo
Acceso gratuíto a produtos menstruais
Desde marzo de 2021 a Universidade de Vigo facilita o acceso gratuíto a produtos menstruais nos tres campus universitarios. En cada escola e facultade hai instalado un dispensador que se activa coa tarxeta universitaria estudantil. Permite escoller entre tampóns e compresas, que se distribúen en caixas de tres unidades, ata un máximo de tres ao mes.
Con esta medida, a Universidade de Vigo convértese en pioneira en todo o Estado español na aposta por achegar produtos de xestión menstrual de balde. Ademais, esta acción permite dar visibilidade e dignificar a menstruación e romper o tabú.
Itinerario formativo virtual en xénero
Esta iniciativa, que ten como finalidade satisfacer as necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria foi desenvolvida pola Unidade de Igualdade e a Área de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, co apoio financeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Valoración das edicións do itinerario:
Primeira edición | Segunda edición | Terceira edición | Cuarta edición | Quinta edición | Sexta edición | Sétima edición | Oitava edición
Web do itinerario formativo virtual en xénero
Accións positivas na Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo aprobou dúas medidas de acción positiva para acabar con situacións de desigualdade detectadas na carreira investigadora.
Estas medidas adóptanse para corrixir discriminacións e fendas de xénero provocadas por un sistema social machista e desigual.
- Resolución reitoral, do 18 de xaneiro de 2021, pola que se regula a acción positiva aprobada no consello de goberno do 29 de abril de 2019, para incluír nas convocatorias propias de docencia, de investigación e de transferencia na Universidade de Vigo
- Redución de docencia por parto ou por adopción, garda con fins de adopción ou acollemento.
Normativa de dedicación e recoñecemento docentes do profesorado (CG 01/02/2022 modificada no CG 11/03/2022 e no CG 28/07/2022)
Axudas para realizar actividades docentes e de sensibilización
A Unidade de Igualdade impulsa un programa de axudas anual para o financiamento de actividades docentes e de sensibilización con perspectiva de xénero.
Este programa pretende sensibilizar sobre a desigualdade de xénero, e as causas que a provocan, para implicar a toda a comunidade universitaria na consecución dun entorno máis xusto.
Calquera persoa da comunidade universitaria pode presentar unha solicitude para organizar actividades de sensibilización. A partida de actividades docentes está restrinxida ao PDI.
- Convocatoria 2025 de axudas para actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero na Universidade de Vigo
- Convocatoria 2025 de axudas para a organización de actividades que contribúan á sensibilización en materia de xénero e á transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo
Campañas: 11F, 8M e 25N
A Universidade de Vigo debe darlles continuidade ás campañas institucionais de sensibilización arredor da celebración dos días 11 de febreiro (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), 8 de marzo (Día Internacional da Muller) e 25 de novembro (Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres). Tamén debe efectuar campañas de sensibilización sobre aspectos específicos das desigualdades de xénero entre mulleres e homes.
Máis información:
Unidade de Igualdade
Edificio Ernestino Otero
As Lagoas, Marcosende
36300 Vigo
igualdade@uvigo.gal
+34 986 813 419