
Transporte en Pontevedra
Podes chegar ao campus por varios medios de transporte.
A pé
Á marxe da Facultade de Belas Artes e da Escola de Enfermaría que están situadas no centro da cidade, podes desprazarte a pé ata os restantes centros que localizados na Xunqueira. O traxecto dura uns 15 minutos.
Bicicleta
Nos teus desprazamentos podes utilizar a bicicleta. A cidade dispón dunha ampla rede de carril bici que conecta directamente con todos centros. Para a túa comodidade dispós de prazas de aparcamento de bicicletas a carón dos centros. O campus conta cun servizo de préstamo de bicicletas para membros da comunidade universitaria.
Normativa de préstamo de bicicleta: En Bici ao Campus
- Préstamo a longo prazo (>1 día)
- Préstamo a curto prazo (1 día)
Bus urbano
Tamén podes achegarte ao campus utilizando o servizo de bus que conecta a Xunqueira coa estación de bus e de tren.
Tren
Pontevedra conta cunha estación de tren situada na rúa Eduardo Pondal que permite a conexión coas vilas e cidades principais da contorna. Tamén dispón dun apeadoiro localizado nas inmediacións da Xunqueira.
Bus de liña
A cidade está conectada coas localidades e cidades próximas por distintas liñas de bus que parten da estación de autobuses. Algunhas delas transcorren a carón do centros situados na Xunqueira.
Existe unha liña directa entre Vigo (con parada en distintos puntos de Vigo) e o campus da Xunqueira en Pontevedra. Tamén realiza parada nas inmediacións da Facultade de Belas Artes.
Compartir coche
Lembra que podes compartir coche privado. Existen aplicacións que che facilitan esta posibilidade.
Aparcadoiros
A cidade dispón de varios aparcadoiros disuasorios. Na zona da Xunqueira, existe un amplo número prazas de aparcadoiro, así como na Avenida de Compostela que posibilita o acceso peonil ao recinto do campus.
Para máis información, podes contactar coa Área de Servizos á Comunidade do Campus de Pontevedra
asc-po@uvigo.gal
+34 986 801 949