Didácticas especiais

Equipo de goberno

Director/a

Jose Maria Pazos Couto

Secretario/a

Sara Fuentes Cid

Localización

Fac. CC da Educación Campus As Lagoas
CP: 32004
Ourense

Código do departamento

D00X05

    Máster Universitario en Nutrición

    Ciencias da Saúde
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    24
    Código
    O01M139V01

    A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúe a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes é unha da áreas da biomedicina que experimentou un maior avance nos últimos anos; tamén é unha das que presenta un lugar de traballo máis atractivo, tanto desde o punto de vista da investigación como da clínica. Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endócrino-metabólicas (como a diabetes, a obesidade, as enfermidades cardiovasculares, a hipertensión etc) determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder darlles unha axeitada resposta aos problemas sociosanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.

    Acceso e admisión

    A selección farase en función de:

    • Expediente académico
    • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado
    • Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.)
    • Coñecemento de linguas de uso habitual en literatura científica (inglés)
    • Entrevista persoal, se fose necesario
    • Probas específicas de aptitude, se fose necesario
    • Calquera outro criterio que poida ser establecido pola comisión académica do mestrado

    Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o alumnado cumpra as seguintes competencias transversais:

    • Capacidade de aprendizaxe
    • Capacidade de adaptación aos cambios
    • Actitude positiva
    • Capacidade de asumir responsabilidades
    • Capacidade de comunicación oral e escrita
    • Capacidade de planificación, coordinación e organización
    • Capacidade de resolución de conflitos e problemas
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Capacidade de análise
    • Capacidade de traballo independente

    Perfil de ingreso recomendado

    Priorizaranse ademais da prelación anterior, as seguintes titulacións ou circunstancias:

    • Titulados/as en ciencias da saúde: Enfermaría, Fisioterapia, Medicina, Farmacia, Nutrición e Dietética, e Veterinaria.
    • Titulados/as en ciencias da vida: Bioloxía e Ciencias do Mar.
    • Titulados/as en ciencias agroalimentarias: Enxeñaría Técnica Agrícola e Ciencia e tecnoloxía alimentaria. Deben realizar créditos adicionais sobre a formación básica.
    • Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico.
       

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo do Mestrado en nutrición é ofrecer unha cualificación especializada no campo da nutrición, proporcionando unha formación sólida tanto de carácter experimental como clínico.

    Os obxectivos formativos xerais son:

    • Desenvolvemento de habilidades intelectuais, organizativas, sociais e comunicativas axeitadas para o traballo académico ou profesional.
    • Técnicas avanzadas de traballo en grupo.
    • Presentacións orais. O alumnado debe ser capaz de comunicar as súas conclusións e coñecementos, así coma as razóns que os sustentan. Ademais , debe ser capaz de facelo, dirixíndose tanto a públicos expertos como non expertos, tal e como se describe nos descritores de Dublín.
    • Aprendizaxe autónoma e autodirixida: o alumnado debe posuír habilidades de aprendizaxe que lle permitan estudar de forma independente.
    • Pensamento crítico: neste obxectivo xeral, o programa segue as directrices establecidas polos descritores de Dublín, que afirman que o alumnado demostrará a capacidade de emitir xuízos baseándose en información incompleta.
    • Investigación independente: segundo os descritores de Dublín, ao finalizar o mestrado, o alumnado debe posuír coñecementos que lle proporcione unha base para a orixinalidade no desenvolvemento ou a aplicación de ideas. Polo tanto, adherímonos ao obxectivo de ensinarlle ao alumnado a realizar investigacións independentes utilizando os coñecementos adquiridos durante o mestrado.
    • Xestión e organización do tempo.
    • Traballo interdisciplinar e transdisciplinar.
    • Rigor e responsabilidade no traballo.
    • A capacidade de adaptación a novas situacións e contornas profesionais de carácter intercultural: este obxectivo está directamente relacionado cun dos descritores de Dublín, no que se pretende que o alumnado saiba aplicar coñecementos e comprensión a través da capacidade de resolución de problemas en contornas novas e descoñecidas dentro de contextos máis amplos.

    Os obxectivos educativos específicos (que se detallan no título) son:

    • Adquirir coñecementos e habilidades que proporcionen unha formación de alto nivel nos fundamentos teóricos e prácticos da endocrinoloxía molecular, a fisioloxía e a fisiopatoloxía endócrinas, así como en conceptos de investigación que permitan unha comprensión global da patoloxía endócrina máis frecuente.
    • Adquirir coñecementos, habilidades e capacidades que contribúan e complementen a formación teórica e práctica nas bases fisiolóxicas da nutrición e a dietética desde un punto de vista integrador, así como nas técnicas de manipulación, conservación e preparación de alimentos.
    • Aplicar os coñecementos adquiridos e as habilidades de resolución de problemas en contornas novas e descoñecidas dentro de contextos máis amplos relacionados coa nutrición ou a endocrinoloxía.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    As persoas egresadas poden traballar nos seguintes eidos: nutrición para a saúde, nutrición clínica ou alimentación comunitaria a través das seguintes ocupacións:

    • Biotecnoloxía de alimentos
    • Técnica/o de industria alimentaria
    • Técnica/o de control de calidade do alimento
    • Técnica/o de laboratorio de control de calidade alimentaria
    • Dirección e control da produción industrial de alimentos
    • Enfermería especializada en nutrición
    • Fisioterapeuta especializada en nutrición
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Lucas Carmelo González Matías

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M066V04

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Currículum vítae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do currículum vítae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido Gonzalez

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código
    O04M181V01

    O Mestrado en xestión empresarial do deporte está entre os 20 mellores da clasificación mundial de mestrados en xestión deportiva elaborada por Sport Business International. É o único programa oficial de posgrao sobre esta temática en Galicia e un dos poucos de España. Proporciona a formación académica e práctica necesaria para a profesionalización na xestión do deporte. Diríxese a persoas tituladas universitarias que persigan adquirir competencias e coñecementos na área da xestión empresarial e económica das instalacións deportivas, clubs e equipos, entidades deportivas públicas e privadas, así como en eventos deportivos.
     

    Acceso e admisión

    O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura, enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura, arquitectura técnica ou grao). Reservarase o 80 % das prazas para as persoas licenciadas ou graduadas en ADE ou en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

    Valoraranse tamén os seguintes aspectos: 

    • Expediente académico (50 %)
    • Experiencia profesional (20 %)
    • Estancias no estranxeiro (10 %)
    • Coñecemento de idiomas (10 %)
    • Outros méritos (10 %)

    Obxectivos xerais da titulación

    Obxectivos xerais:

    • Capacitar o alumnado para a administración e a xestión de todo tipo de entidades ou organizacións deportivas.
    • Promover o contacto directo co sector deportivo.
    • Ofrecer unha visión integrada dos diferentes subsistemas que conforman o sistema de organización/empresa no sector deportivo.
    • Coñecer e comprender a evolución do deporte desde o seu compoñente económico/empresarial.

    Obxectivos específicos:

    • Especializarse na xestión empresarial no sector deportivo, tanto na súa vertente pública como privada.
    • Comprender a importancia da dirección deportiva e o seu amplo abano de ocupacións: clubs deportivos, federacións, ximnasios, instalacións deportivas, xuntas deportivas, empresas privadas, administracións públicas etc.
    • Ofrecerlles aos e ás profesionais da xestión deportiva novos métodos de traballo aplicables á súa actividade laboral.
    • Aproveitar os novos retos que ofrecen os grandes eventos deportivos como acontecementos globais.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Patricio Sánchez Fernández

    Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    32
    Código
    O05M138V01

    Convivir coa diversidade e, sobre todo, aprender dela e con ela é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais.

    Este mestrado xorde da constatación de que nos ámbitos educativos está presente esa diversidade. Nin as institucións nin os profesionais que nelas exercen poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xorden dela; deben atender as novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que require ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito á diferenza.
     

    Acceso e admisión

    A selección realizarase por expediente académico, dentro dos diferentes grupos:

    • 22 prazas para graduados/as en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social, Pedagoxía ou Psicoloxía, así como para titulados/as en estudos universitarios extinguidos equivalentes.
    • 6 prazas para quen posúa outros títulos universitarios oficiais españois ou calquera outra titulación oficial equivalente. De non cubrirse as prazas deste último grupo acumularanse ao colectivo anterior.
    • 2 prazas para estudantado estranxeiro do EEES, con estudos relacionados coa educación ou a intervención social ou socioeducativa. Deberán posuír dominio oral e escrito aceptable do español, galego ou portugués. No caso de non ser cubertas estas prazas poderán ser acumuladas ao primeiro grupo.
    • 2 prazas para estudantado estranxeiro alleo ao EEES, cos requisitos mencionados no grupo anterior.
       

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil idóneo de ingreso para o estudantado do mestrado é o de persoas con intereses transversais especialmente vinculadas coas relacións interpersoais:

    • Interesarse polo desenvolvemento humano e comunitario.
    • Saber traballar en grupo, en equipos multidisciplinares e en contextos de diversidade.
    • Posuír capacidade crítica, autocrítica e compromiso ético.
    • Interesarse pola formación democrática e solidaria e a resolución de conflitos.

    Ao mesmo tempo e, dado o carácter de intervención do mestrado, o estudantado deberá ser capaz de asumir situacións de risco, ser creativo, e ser capaz de deseñar e avaliar programas de intervención educativa.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e ben fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
    • Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a súa comprensión, a súa base científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e imprecisas, incluíndo contextos multidisciplinares tanto de investigadores como de profesionais altamente especializados.
    • Saber avaliar e seleccionar a teoría científica axeitada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa necesario e relevante, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada á solución proposta en cada caso.
    • Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo novas e innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional específico, xeralmente multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
    • Ser capaz de transmitir de forma clara e inequívoca a un público especializado ou non especializado os resultados da investigación científica e tecnolóxica ou do campo da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes nos que se basean.
    • Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu campo temático, en contextos interdisciplinares e, se é o caso, cun alto compoñente de transferencia de coñecemento.
    • Ser capaz de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e especialización nun ou máis campos de estudo.
    • Ampliando a formación dende estudos de primeiro ciclo, relacionada tanto cos campos conceptuais da diversidade en contextos educativos formais e non formais, como sendo capaz de ofrecer novas iniciativas na resolución de problemas, nas que a fundamentación teórica sexa tan importante como o grao de orixinalidade e adaptación a contextos específicos.
    • Unha formación multidisciplinar, pedagóxica, didáctica, psicolóxica e sociocultural , sendo capaz de integrar coñecementos e aplicalos na resolución de problemas en contextos pouco coñecidos ou totalmente novos relacionados coa materia do mestrado.
    • Ser capaz de integrar a formación teórica e a práctica para emitir xuízos de valor ante situacións complexas e ambiguas de diversidade individual e cultural, e para as que se dispón de información limitada.
    • Ser conscientes das implicacións persoais e sociais que poden derivarse das nosas decisións, especialmente ao tratar con grupos que poden sufrir algún tipo de marxinalización causada pola súa diferenza.
    • Comunicar de forma clara e eficaz as conclusións extraídas de estudos ou decisións tomadas como profesionais, tanto a públicos especializados como, especialmente, a públicos máis relacionados co mundo laboral (outros compañeiros, xestores administrativos, etc.) e aos usuarios dos servizos educativos e sociais aos que se dirixen.
    • Desenvolver un proceso de formación continua, en liña coa aprendizaxe ao longo da vida, unha vez adquiridas as competencias relacionadas coa autonomía e a autoaprendizaxe.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Ruben Gonzalez Rodriguez

    Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda

    Artes e Humanidades
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    21
    Código
    P01M171V01

    A importancia do deseño no contexto da cultura e da sociedade actual resulta indiscutible. A formación específica en deseño non é só unha demanda da sociedade, senón un axente fundamental do desenvolvemento económico de Galicia, onde o sector da moda é unha industria prioritaria.

    O Mestrado universitario en deseño e dirección creativa en moda conta cun programa actual e conectado coa realidade do mundo profesional. É a lóxica evolución xurdida dunha extensa experiencia na formación en moda durante máis de dez años na Universidade de Vigo.

    Dentro do mestrado desenvolveuse un programa de prestixio que o situá á vangarda dos centros formativos en deseño de moda en España. Os nosos titulados e tituladas están presentes habitualmente nas principais pasarelas do país e forman parte dos equipos creativos de unha extensa listaxe de firmas de moda: Inditex, Purificación Garcia, CH, Bimba y Lola, Adolfo Domínguez e un longo etcétera. O mestrado supón un paso máis alá na formación especializada con obxectivos e retos ben definidos e co equipo humano e o material necesarios para levalos a cabo.
     

    Acceso e admisión

    No caso de que a demanda supere as prazas ofertadas, establécense os seguintes criterios de valoración de méritos:

    • Expediente académico da titulación que se presente para o ingreso. Valorarase a adecuación da titulación e a cualificación media global. (30 %)
    • Dossier de obra ou presentación visual que conteña traballos e/ou propostas relacionadas con algún ámbito da moda: deseño, creación artística, gráfica e comunicación, textos críticos etc. (35 %)
    • Curriculum vitae (CV) da persoa candidata, tendo en conta a súa adecuación á titulación á que pretende acceder. (25 %)
    • Coñecemento de linguas estranxeiras debidamente acreditado: inglés, portugués etc. (10 %)

    A comisión académica do mestrado será a encargada da selección do alumnado, logo da comprobación por parte das unidades administrativas de que as persoas solicitantes cumpren os requisitos de acceso e admisión. A ponderación dos diferentes criterios de selección farase pública coa convocatoria de preinscrición. Os prazos de solicitude e o procedemento de admisión serán os establecidos pola Universidade de Vigo.

    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado está destinado a persoas tituladas en estudos universitarios (graduadas e/ou licenciadas) procedentes do ámbito das humanidades (Belas Artes, Historia da Arte … ) ou doutras áreas de coñecemento relacionadas, como a científico-técnica ou a xurídico-social (Arquitectura, Comunicación, Publicidade …).

    As persoas licenciadas ou graduadas en estudos universitarios en Belas Artes ou en Deseño, e as dúas áreas de coñecemento anteriormente indicadas terán prioridade sobre o resto dos solicitantes. Con todo, a comisión académica valorará as solicitudes de persoas tituladas doutras ramas que desexen acceder ao mundo do deseño contemporáneo na súa vertente teórico práctica ou ao campo da investigación.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    Formamos especialistas en moda con amplas perspectivas profesionais e un coñecemento profundo dos procesos e ferramentas empregados para a investigación, a análise e a previsión de tendencias. Este é o mestrado axeitado para ti se queres ser un creativo ou creativa capaz de lanzar a túa propia marca ou unirte a equipos de deseño cun perfil versátil en campos como a dirección creativa, o estilismo e o deseño de moda ou o deseño gráfico para moda.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Deseño de prenda de muller, home e nenos
    • Deseño de plana
    • Deseño de produto téxtil, complementos etc.
    • Estilismo
    • Dirección creativa
    • Dirección de arte
    • Desenvolvemento de estampados
    • Análise de tendencias
    • Visuals merchandisers
    • Deseño de peza gráfica
    • Deseño gráfico para moda
    • Product manager
    • Comunicación de moda
    • Deseño para e-commerce
    • Creación de contidos dixitais de moda
    • Investigación en moda
    • Crítica de moda

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Dolores Dopico Aneiros

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Educación Física

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    P02M066V03

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Currículum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do currículum vítae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido Gonzalez

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Arte e Debuxo.

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    P02M066V12

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     

    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do currículum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.


     

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido Gonzalez

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Necesidades Específicas de Apoio Educativo

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    P02M081V02

    Este mestrado supón unha vía de especialización e profesionalización para as persoas tituladas superiores que pretenden adicarse ao amplo campo da atención ás necesidades educativas específicas. A formación que se ofrece permite ampliar e profundar coñecementos, estratexias e actitudes no campo da educación e o deporte xa que, sen renunciar aos compoñentes teórico-conceptuais, a formación centrase fundamentalmente nos aspectos tecnolóxico-instrumentais e técnico-prácticos.

    Cabe destacar que segundo os criterios fixados pola Comisión autonómica de habilitacións de Galicia, o título oficial de Mestrado en necesidades específicas de apoio educativo (artigo 6.2.a.3º do RD 476/2013) habilita para impartir docencia na especialidade de Pedagoxía terapéutica nos centros privados aos posuidores dos títulos de Grao de Educación Primaria, mestre/a, diplomado/a EXB ou mestre/a de primeiro ensino sen mención ou especialidade.
     

    Acceso e admisión

    Para cubrir as 30 prazas dispoñibles, establécense as seguintes cotas por orde de preferencia dentro de cada cota:

    • Graduados/as en Educación Primaria e Educación Infantil (10 prazas)
    • Profesorado especialista en Educación especial, Audición e linguaxe, Educación infantil, Educación primaria, Linguas estranxeiras e Educación musical (5 prazas)
    • Graduados/as en Psicopedagoxía, Psicoloxía e Pedagoxía (4 prazas)
    • Graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Profesores en Educación física (4 prazas)
    • Profesorado de educación secundaria, primaria e infantil en activo e xerentes de centros ou entidades dedicadas á atención de persoas con discapacidade (3 prazas)
    • Estranxeiros de fóra do EEES cunha titulación equivalente a Psicoloxía ou Psicopedagoxía (2 prazas)
    • Persoas con discapacidade (2 prazas)

    Calquera praza vacante nunha cota poderá ser cuberta por solicitantes doutras cotas segundo a orde anterior.

    Requisitos específicos de admisión ou criterios de avaliación 

    Nota media do expediente académico para:

    • Graduados/as en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, licenciados/as en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, profesores especialistas en Educación especial, Audición e linguaxe, Educación física, Educación musical, Linguas estranxeiras, Educación infantil e primaria. 
    • Así como para estranxeiros/as de fóra do EEES cunha titulación equivalente a Psicoloxía ou Psicopedagoxía.

    Independentemente dos requisitos de acceso, os anos de servizo para:

    • Profesorado de educación secundaria, primaria e infantil en activo e xerentes de centros ou entidades dedicadas á atención de persoas con discapacidade.

    Obxectivos xerais da titulación

    Obxectivos xerais

    • Adquirir unha formación avanzada e multidisciplinar, orientada á especialización profesional na intervención nas dificultades de aprendizaxe específicas, as debidas ao contexto socio-cultural e as derivadas dos trastornos do desenvolvemento.
    • Capacitar para a promoción da mellora da resposta educativa en cooperación con outros profesionais co obxectivo de mellorar a calidade de vida do alumnado mantendo un claro compromiso social e ético.

    Obxectivos específicos

    • Coñecer as características do desenvolvemento e aprendizaxe correspondente ás diversas etapas educativas.
    • Coñecer os fundamentos biolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, sociais e lingüísticos das diferentes necesidades educativas específicas.
    • Ser capaz de elaborar e deseñar diferentes sistemas de análises e avaliación de necesidades educativas específicas.
    • Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
    • Avaliar os recursos técnicos que contribúan a mellorar as condicións de aprendizaxe, a calidade de vida e a inserción laboral.
    • Aplicar técnicas de organización dos centros escolares para a atención ás necesidades educativas específicas.
    • Saber transmitir adecuadamente tanto en contextos académicos como á sociedade no seu conxunto os achados atopados, así como os coñecementos, xuízos e argumentacións nos que se sustentan.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    O mestrado preséntase como unha opción de especialización profesional nas necesidades específicas de apoio educativo centrada nos ámbitos de intervención da atención temperá,  nas altas capacidades, discapacidade visual, discapacidade  auditiva, discapacidade  motriz, discapacidade  cognitiva, TGD, dificultades de aprendizaxe etc. que poden desenvolverse en postos de traballo en centros educativos de educación infantil, primaria ou secundaria, equipos especializados, centros específicos, asociacións ou empresas de diversos sectores profesionais.

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Maria Angeles Conde Rodriguez

    Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    15
    Código
    P02M156V01

    Acceso e admisión

    As solicitudes de admisión serán valoradas pola comisión académica seguindo os seguintes criterios (inclúe as porcentaxes de ponderación):

    • Expediente académico (30 %, para o alumnado de titulacións non preferentes 50 %).
    • Outros méritos académicos e de formación: cursos de posgrao, outras titulacións, asistencia a cursos, congresos… (20 %)
    • Actividade investigadora: bolsas de investigación, participación en contratos ou liñas de investigación... (10 %)
    • Publicacións: libros, capítulos de libro, artigos, comunicacións a congresos de carácter científico no ámbito clasificadas en función do ámbito internacional, nacional, local (20 %).
    • Experiencia profesional: actividade profesional no ámbito (10 %).
    • Outros méritos: idiomas, etc (5 %)
    • Entrevista persoal, se fose necesaria, como complemento ao perfil da persoa aspirante, para valorar as actitudes e coñecementos previos orientados á investigación (5 %)

    Perfil de ingreso recomendado

    Os títulos de grao e mestrado preferentes os seguintes:

    • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
    • Licenciatura en Medicina
    • Diplomatura ou Grao en Fisioterapia
    • Diplomatura ou Grao en Educación Primaria, Educación Infantil, Educación Física, Educación Musical, Educación Especial e Lingua Estranxeira
    • Licenciatura en Psicoloxía Educativa
    • Licenciatura en Psicoloxía
       

    Obxectivos xerais da titulación

    • Ser capaz de diferenciar e de seleccionar os paradigmas, o marco epistemolóxico e a metodoloxía científica de referencia no deseño de estudos no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Desenvolver a capacidade de pensamento científico ao tratar a investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Ser capaz de analizar e de comprender as diversas teorías e o estado da cuestión no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Demostrar actitudes vinculadas a hábitos de excelencia, compromiso ético e calidade na práctica investigadora no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Coñecer e dominar os procedementos e ferramentas de busca de información, tanto en fontes primarias como secundarias nas ciencias da actividade física e o deporte.
    • Ser capaz de analizar, organizar, seleccionar, clasificar e recompilar a información recollida no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Valorar, xestionar e combinar as diferentes técnicas de investigación nas ciencias da actividade física, o deporte e a saúde.
    • Analizar criticamente as opcións metodolóxicas presentadas no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Ser capaz de deseñar e implementar un proxecto de investigación nas ciencias da actividade física e o deporte.
    • Manexar paquetes informáticos para a introdución e análise de datos recollidos no ámbito da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Ser capaz de seleccionar correctamente os modelos de análise de datos axeitados para os deseños de investigación máis empregados no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Coñecer e empregar eficazmente os procedementos necesarios para realizar a limpeza inicial e a análise descritiva dos datos.
    • Executar as técnicas de análise estatística máis empregadas na investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Planificar, escribir e presentar verbalmente un traballo de investigación na área das ciencias da actividade física e o deporte.
    • Redactar informes de investigación con linguaxe científica precisa e axeitada nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte.
    • Ser capaz de incorporar novas tecnoloxías e integrar coñecementos doutros campos profesionais e científicos.
    • Ser capaz de participar en proxectos de investigación no campo da actividade física, a saúde e o deporte.
    • Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, a posta en marcha, a análise e a publicación de traballos relacionados co estudo do exercicio e a condición física nos ámbitos do rendemento e a saúde.
    • Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da aprendizaxe e o control motor.
    • Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da investigación en Educación Física, actividade física e deporte.
    • Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, implementación, análise e publicación de estudos realizados no campo da análise do rendemento deportivo.
    • Desenvolver eficazmente tarefas relacionadas co deseño, a implementación, a análise e a publicación de estudos realizados no ámbito das actividades acuáticas e o salvamento.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Vicente Romo Pérez

    Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    P02M163V01

    Este mestrado facilítalle ao alumnado unha formación de xestión vinculada á súa formación de base poñendo en valor a figura do project manager na dirección de proxectos. Os contidos formativos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas principais organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI), a International Project Management Association (IPMA) e a International Organisation for Standardisation (ISO), entre outras.

    Está orientado a profesionais vinculados ao ámbito da construción e o desenvolvemento territorial en xeral, dos sistemas de información e das novas tecnoloxías,; así como do lecer e do deporte que queiran adquirir unha formación de xestión vinculada á súa titulación universitaria poñendo en valor a figura do project manager. O obxectivo é formar profesionais capaces de asesorar as organizacións en xestión e dirección de proxectos, potenciando así o papel do xestor/a de proxectos (o primeiro mestrado interuniversitario do sistema universitario galego, que tamén conta cunha ampla traxectoria). Actualmente, ofrece tres especializacións: edificación e desenvolvemento territorial, sistemas de información e ocio e deportes. En calquera caso, é un programa interdisciplinar aberto a todas as persoas tituladas e aplicable a calquera sector empresarial/profesional (campo de coñecemento: interdisciplinar).
     

    Acceso e admisión

    Ter unha das seguintes titulacións segundo a especialidade que se queira cursar:

    • Edificación e desenvolvemento territorial: arquitecto/a técnico, enxeñeiro/a técnico, arquitecto/a, enxeñeiro/a superior
    • Lecer e deporte: licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, licenciado/a en Educación
    • Física: graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
    • Sistemas de información: enxeñeiro/a técnico, enxeñeiro/a superior

    Valorarase de forma preferente seguindo a orde dos apartados:

    • Expediente académico (1-4)
    • Experiencia profesional afín á especialidade que se cursará (0-1)

    Nota: no caso de notas iguais, terase en conta a orde de preinscrición no mestrado. Se fora necesario, a comisión académica poderá realizar unha entrevista persoal.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Terán carácter preferente as seguintes titulacións, segundo a especialidade que se vaia a cursar:

    • Edificación e desenvolvemento territorial: Arquitectura Técnica, Arquitectura, Enxeñaría Superior e Enxeñaría Técnica.
    • Sistemas de información: Enxeñería Superior e Enxeñería Técnica.
    • Lecer e deporte: Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Licenciatura en Educación Física, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

    Tamén pode ser cursado por graduados/as e licenciados/as universitarios en xeral, dado o seu carácter formativo transversal. Como referencia, nas últimas edicións cursou o mestrado alumnado procedente da Enxeñaría Civil, Economía e Administración de Empresas, Relacións Laborais, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial (produción, electricidade, …), Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, así como de Comunicación Audiovisual, Deseño de Interiores etc.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo deste programa de mestrado, que conta con distintas especializacións, é formar profesionais capaces de asesorar empresas e promotores en diversos proxectos e operacións, e posteriormente xestionar proxectos e dirixir e coordinar as distintas partes interesadas, desde a concepción ata a entrega do produto ou servizo ao usuariado, cumprindo os requisitos dao clientela, garantindo que a operación se complete a tempo, dentro do orzamento e adheríndose aos estándares de calidade establecidos. Este programa de posgrao ofrece o máis alto nivel de especialización aplicado ao deseño, xestión e control de proxectos.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José María Cancela Carral

    Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    P02M178V01

    Este mestrado está dirixido directamente ao profesorado de educación infantil e de primaria, así como a profesionais vinculados á educación que estean interesada/os en recibir formación especializada en innovación na docencia de áreas curriculares específicas, considerando o seu carácter interdisciplinar. O mestrado tamén trata a formación CLIL (aprendizaxe integrada de contidos e linguas) e permite o inicio da investigación nas áreas mencionadas, abrindo as portas a futuras investigacións (tese doutoral). Ofrécese conxuntamente polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, cada unha cunha selección diferente de materias optativas.

    Acceso e admisión

    A admisión ao mestrado virá definida por:
    - Grao de afinidade da titulación de acceso aos estudos de mestrado. Son titulacións prioritarias os graos en Educación Infantil e Educación Primaria e as diplomaturas de Maxisterio. Son titulacións non prioritarias os restantes graos e mestrados das Facultades de Ciencias da Educación españolas, cuxa afinidade se valorará en cada caso de non cubrirse as prazas.
    - Expediente académico dos estudos que se cursaron con anterioridade.
    - A experiencia profesional e investigadora no ámbito educativo.
    - Grao de coñecemento dos idiomas estranxeiros de impartición.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Aínda que non é indispensable posuír unha formación pedagóxica asociada con exclusividade a unha soa titulación para cursar o mestrado, si existen algunhas características que se consideran adecuadas para cursar estes estudos.

    Capacidades
    Curiosidade científica, gusto polo estudo e a lectura, capacidade para a aprendizaxe autónoma e colaborativa, habilidades para a comunicación interpersoal, capacidade de análise e razoamento crítico, conciencia sobre aspectos sociais e educativos como a sustentabilidade e igualdade, compromiso ético e democrático cara aos diferentes ámbitos profesionais en consonancia coa sociedade do século XXI, por definición, cada vez máis diversa e multicultural.

    Coñecementos previos
    Poderán acceder persoas que desexen proseguir os seus estudos no ámbito do coñecemento socio-educativo e/ou queiran especializarse nalgunha das temáticas do mestrado. Este mestrado tamén podería interesar a persoas tituladas noutras disciplinas que estivesen a desempeñar a súa actividade profesional en contextos socio-educativos e que desexasen obter unha formación específica nalgunha das áreas de coñecemento implicadas neste mestrado.

    Linguas aque se empregarán no proceso formativo e nivel esixido
    Un dos obxectivos marcados polos plans de Normalización Lingüística das Universidades galegas é propiciar que o galego sexa a lingua habitual de comunicación, de expresión e de traballo da comunidade universitaria. Neste sentido, establécese que os centros, os departamentos, as dependencias administrativas e de servizos, teñan como lingua de uso o galego. Así mesmo, os documentos que os departamentos e as entidades institucionais elaboren: as memorias, as actas, as comunicacións oficiais para os taboleiros de anuncios, os programas das materias, etc., redactaranse en galego. Debido a iso, solicítase do estudantado que posúa un suficiente dominio de calquera das dúas linguas oficiais da comunidade autónoma galega. Ademais, cabe indicar que a referencia á capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega inclúese concretamente na Universidade de Vigo como competencia transversal.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    - Expresarse correctamente, tanto oralmente como por escrito, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
    - Dominar a expresión e a comprensión oral e escrita dunha lingua estranxeira.
    - Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida.
    - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implementar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
    - Comprender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os recursos dispoñibles para os emprendedores.
    - Avaliar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver os problemas aos que se deben enfrontar.
    - Como profesional e cidadán, recoñece a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
    - Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Uxio Perez Rodriguez

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Ciencias Experimentais Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química.

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    V02M066V01

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.


     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido Gonzalez

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Ciencia do Exercicio, Preparación Física e Readaptación Deportiva

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    12
    Código
    11600

    O Mestrado interuniversitario en ciencias do exercicio, acondicionamento físico e rehabilitación deportiva está organizado pola Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña. Ofrece formación de especialización profesional para persoas tituladas universitarias nos campos das ciencias da actividade física e o deporte que desexen traballar no acondicionamento físico, o adestramento persoal e a rehabilitación física.

    Acceso e admisión

    Entrevista persoal: motivación e potencial de proxección do estudantado no ámbito do mestrado, será de carácter potestativo para a comisión académica do mestrado (CAM) que poderá recorrer a ela sempre que exista un maior número de aspirantes que de prazas, dúbidas ou necesidade de máis información sobre a idoneidade das persoas candidatas ou se produzan situacións de igualdade nas puntuacións obtidas cos criterios previos. Obrigatoria no caso das persoas que procedan de países con idiomas diferentes ao español, galego, portugués ou inglés e a súa finalidade primordial será comprobar a súa capacidade para comprender e comunicarse nalgunha destas linguas.

    Se fose necesario valorarase o currículo do estudantado, atendendo á súa experiencia profesional, á súa proxección en relación aos obxectivos do mestrado, así como ao seu expediente académico.

    No caso de que a demanda supere a oferta de prazas, aplicaranse os seguintes criterios de admisión puntuados da seguinte forma:

    • Expediente académico: 15 puntos
    • Experiencia profesional previa vinculada ao ámbito de coñecemento da actividade física e das ciencias do deporte (proporcional no momento de contrato): 40 puntos
    • Coñecemento do idioma inglés: 5 puntos
    • Entrevista persoal (ou cuestionario substitutivo ou carta de motivación-presentación). Motivación e potencial de proxección do estudantado no ámbito do mestrado: 40 puntos

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil do estudante ao que se dirixe é o dunha persoa profesional da actividade física e do deporte que estea interesada en manterse á vangarda da análise e dos efectos do exercicio físico avaliado, programado e monitorizado, así como das adaptacións biomecánicas, fisiolóxicas e de comportamento que produce. Isto proporcionaralle coñecementos, habilidades e competencias actualizadas para exercer a súa profesión na educación física e o deporte.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Ezequiel Rey Eiras

    Máster Universitario en Literatura Dramática, Música e Artes Escénicas

    Artes e Humanidades
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código
    11601

    Este mestrado ofrece unha formación especializada e interdisciplinar no ámbito da literatura dramática, da música e das artes escénicas, cunha combinación equilibrada de contidos teóricos, críticos e prácticos. O plan de estudos trata cuestións relacionadas coa investigación nas ciencias humanas e sociais, as correntes contemporáneas da escena, a dirección e a xestión artísticas, así como as relacións entre distintas artes, como o teatro, o cinema, a poesía e a música. O programa inclúe o estudo do teatro musical e do patrimonio das músicas de tradición oral.

    Acceso e admisión

    • Posuír un título universitario oficial , preferentemente relacionado con filoloxía , estudos literarios, música, artes escénicas, educación ou titulacións afíns. O mestrado está aberto a todo tipo de titulacións .
    • Expediente académico.
    • Avaliación da adecuación da formación previa ao contido do programa de mestrado.
    • Consideración da experiencia académica ou profesional.
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas en áreas como Filoloxía, Estudos Literarios, Educación, Dramaturxia, Música ou disciplinas afíns. O mestrado constitúe unha vía adecuada tanto para a especialización profesional como para o acceso a estudos de doutoramento. Persoas que desenvolven traxectorias profesionais no ámbito da creación escénica, da investigación, da crítica teatral e musical, da docencia e da xestión cultural.

    Obxectivos xerais da titulación

    • Proporcionar formación avanzada e interdisciplinar en literatura dramática, música e artes escénicas.
    • Desenvolver competencias para a análise crítica, a investigación e a creación no ámbito escénico.
    • Afondar no coñecemento histórico e contemporáneo das artes escénicas e das súas relacións con outras artes.
    • Capacitar para a práctica profesional, a xestión cultural e o acceso a estudos de doutoramento.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Creación e produción escénica e musical
    • Investigación académica e acceso a estudos de doutoramento
    • Crítica teatral, musical e cultural
    • Docencia en ámbitos artísticos, culturais e educativos
    • Xestión cultural e programación de actividades escénicas

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Manuel Angel Candelas Colodron