Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Orientación

Ciencias Sociais e Xurídicas
Campus de Pontevedra

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
8
Código
P02M066V06

Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
 

Acceso e admisión

  • Titulación de acceso relacionada coa especialidade
  • Currículum vítae en aspectos relacionados coa temática do mestrado
  • Resto do currículum vítae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.)

Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

  • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
  • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
  • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
  • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
  • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
  • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
  • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

Perfil de ingreso recomendado

Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.
 

Obxectivos xerais da titulación

O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

  • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
  • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
  • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
  • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.
     

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Cristina Batlle Penela
Josefa Garrido González

Datos de contacto