Enxeñaría dos materiais, mecánica aplicada e construción

Equipo de goberno

Director/a

María Consuelo Pérez Vázquez

Secretario/a

Aida Badaoui Fernández

Localización

Escola de Enxeñaría Industrial - Sede Cidade, Rúa Torrecedeira 86
CP: 36208
Vigo

Código do departamento

D00T05

    Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

    Ciencias (Experimentais)
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    O01M142V01

    Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado. 

    Acceso e admisión

    O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:

    • Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
    • No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
    • De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
       

    Perfil de ingreso recomendado

    Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:

    • Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias  Ambientais
    • Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
    • Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
    • Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico

    Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:

    • Capacidade de aprendizaxe
    • Capacidade de adaptación aos cambios
    • Actitude positiva
    • Capacidade de asumir responsabilidades
    • Capacidade de comunicación oral e escrita
    • Capacidade de planificación, coordinación e organización
    • Capacidade de resolución de conflitos e problemas
    • Capacidade de traballo en equipo
    • Capacidade de análise
    • Capacidade de traballo independente

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.

    Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:

    • Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
    • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
    • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
    • Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    • Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
      • Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
      • Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
      • Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
      • Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
      • Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
    • Eido ambiental e recursos naturais
      • Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
      • Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
      • Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura. 
    • I+D+i, docencia e asesoría
      • Investigador/a en centros públicos ou privados.
      • Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
      • Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.

    Especialidades

    • Ciencias agrarias e alimentarias
    • Ciencias ambientais
    • Procesos na industria alimentaria

    Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.


     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Fernández González

    Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

    Artes e Humanidades
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M143V03

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Susana María Reboreda Morillo

    Máster Universitario en Dirección Integrada de Proxectos

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    P02M163V01

    Este mestrado facilítalle ao alumnado unha formación de xestión vinculada á súa formación de base poñendo en valor a figura do project manager na dirección de proxectos. Os contidos formativos abranguen as áreas de coñecemento recoñecidas polas principais organizacións internacionais líderes neste campo: o Project Management Institute (PMI), a International Project Management Association (IPMA) e a International Organisation for Standardisation (ISO), entre outras.

    Está orientado a profesionais vinculados ao ámbito da construción e o desenvolvemento territorial en xeral, dos sistemas de información e das novas tecnoloxías,; así como do lecer e do deporte que queiran adquirir unha formación de xestión vinculada á súa titulación universitaria poñendo en valor a figura do project manager. O obxectivo é formar profesionais capaces de asesorar as organizacións en xestión e dirección de proxectos, potenciando así o papel do xestor/a de proxectos (o primeiro mestrado interuniversitario do sistema universitario galego, que tamén conta cunha ampla traxectoria). Actualmente, ofrece tres especializacións: edificación e desenvolvemento territorial, sistemas de información e ocio e deportes. En calquera caso, é un programa interdisciplinar aberto a todas as persoas tituladas e aplicable a calquera sector empresarial/profesional (campo de coñecemento: interdisciplinar).
     

    Acceso e admisión

    Ter unha das seguintes titulacións segundo a especialidade que se queira cursar:

    • Edificación e desenvolvemento territorial: arquitecto/a técnico, enxeñeiro/a técnico, arquitecto/a, enxeñeiro/a superior
    • Lecer e deporte: licenciado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, licenciado/a en Educación
    • Física: graduado/a en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
    • Sistemas de información: enxeñeiro/a técnico, enxeñeiro/a superior

    Valorarase de forma preferente seguindo a orde dos apartados:

    • Expediente académico (1-4)
    • Experiencia profesional afín á especialidade que se cursará (0-1)

    Nota: no caso de notas iguais, terase en conta a orde de preinscrición no mestrado. Se fora necesario, a comisión académica poderá realizar unha entrevista persoal.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Terán carácter preferente as seguintes titulacións, segundo a especialidade que se vaia a cursar:

    • Edificación e desenvolvemento territorial: Arquitectura Técnica, Arquitectura, Enxeñaría Superior e Enxeñaría Técnica.
    • Sistemas de información: Enxeñería Superior e Enxeñería Técnica.
    • Lecer e deporte: Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Licenciatura en Educación Física, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.

    Tamén pode ser cursado por graduados/as e licenciados/as universitarios en xeral, dado o seu carácter formativo transversal. Como referencia, nas últimas edicións cursou o mestrado alumnado procedente da Enxeñaría Civil, Economía e Administración de Empresas, Relacións Laborais, Enxeñaría Naval, Enxeñaría Industrial (produción, electricidade, …), Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto, así como de Comunicación Audiovisual, Deseño de Interiores etc.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo deste programa de mestrado, que conta con distintas especializacións, é formar profesionais capaces de asesorar empresas e promotores en diversos proxectos e operacións, e posteriormente xestionar proxectos e dirixir e coordinar as distintas partes interesadas, desde a concepción ata a entrega do produto ou servizo ao usuariado, cumprindo os requisitos dao clientela, garantindo que a operación se complete a tempo, dentro do orzamento e adheríndose aos estándares de calidade establecidos. Este programa de posgrao ofrece o máis alto nivel de especialización aplicado ao deseño, xestión e control de proxectos.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José María Cancela Carral

    Máster Universitario en Mecatrónica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    V04M093V01

    O Mestrado universitario en mecatrónica da Universidade de Vigo ofrece unha formación avanzada no deseño, integración e control de sistemas intelixentes que combinan mecánica, electrónica, informática e control automático. Trátase dunha titulación multidisciplinar orientada a preparar profesionais capaces de liderar o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras en sectores como a automatización industrial, a robótica, a automoción ou a fabricación avanzada.

    O programa proporciónalle ao estudantado unha sólida base científica e técnica, xunto con habilidades prácticas en simulación, deseño de sistemas embebidos, sensores e actuadores, e control de procesos. A través de proxectos, prácticas en empresa e traballo colaborativo, poténciase a capacidade de afrontar problemas complexos cunha visión integral e orientada á innovación.

    Dirixido a titulados/as en Enxeñaría e disciplinas afíns, o mestrado configúrase como unha vía de especialización altamente demandada no ámbito industrial, así como unha porta de entrada á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

    Acceso e admisión

    Para avaliar o nivel de competencias e coñecementos previos, establecerase unha escala de puntuación para os seguintes aspectos, que cada candidatura acumulará segundo o seu perfil:
    1)Cualificacións previas do candidato/a: ata un máximo de 40 puntos, coa seguinte orde de preferencia:
    - Enxeñeiro/a Industrial ou Mestrado en enxeñería industrial con especialización en Automatización e electrónica ou enxeñeiro/a Industrial con especialización en Enxeñería mecánica.
    - Outros enxeñeiros/as Industriais e Mestrado en enxeñaría industrial.
    - Enxeñeiros/as técnicos industriais ou titulados/as no campo da enxeñaría industrial, de calquera especialidade.
    - Outras titulacións que inclúan no seu programa académico un número de créditos equivalente a calquera das titulacións anteriores nas seguintes áreas de coñecemento: automatización, mecánica, electrónica e informática, así como fundamentos físicos (electricidade e mecánica) e fundamentos matemáticos.
    2) Expediente académico: ata un máximo de 20 puntos.
    3) Experiencia profesional no campo da mecatrónica (automatización, mecánica, electrónica): ata un máximo de 30 puntos.
    4) Outros méritos do currículo: ata un máximo de 5 puntos.
    5) Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos.

    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado está dirixido a estudantes con formación no campo da enxeñaría industrial, interesados en afondar, actualizar e completar os seus coñecementos para formarse como profesionais capaces de abordar o deseño integral de maquinaria automatizada e sistemas e equipos intelixentes.

    O perfil recomendado é:

    • Enxeñeiras/os Industriais (todas as orientacións)
    • Enxeñeiras/os en Automática e Electrónica Industrial
    • Enxeñeiras/os Técnico Industrial
    • Graos do ámbito da enxeñaría industrial
       

    Obxectivos xerais da titulación

    O Mestrado universitario en mecatrónica da Universidade de Vigo ten como finalidade formar profesionais cunha visión integral dos sistemas mecatrónicos, capaces de afrontar os retos tecnolóxicos da industria moderna.

    Os seus principais obxectivos son:

    • Proporcionar unha formación avanzada e multidisciplinar en mecánica, electrónica, informática industrial e sistemas de control, piares fundamentais da mecatrónica.
    • Preparar ao estudantado para deseñar, desenvolver e integrar sistemas intelixentes, automatizados e adaptativos en distintas contornas industriais e tecnolóxicas.
    • Desenvolver habilidades no uso de ferramentas de simulación, modelado e prototipado, aplicadas á resolución de problemas reais de enxeñería.
    • Fomentar a capacidade de innovación, investigación aplicada e aprendizaxe autónoma, esenciais para adaptarse a unha contorna tecnolóxica en constante evolución.
    • Impulsar a colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e a xestión de proxectos técnicos en contornas profesionais e internacionais.
    • Favorecer a inserción laboral e a relación co tecido industrial, mediante prácticas, colaboración con empresas e o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos orientados ao mercado.
       

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    O Mestrado universitario en mecatrónica capacita os seus titulados/as para integrarse nun amplo abano de sectores industriais onde a automatización, a robótica e os sistemas intelixentes desempeñan un papel clave. Grazas ao seu enfoque multidisciplinar, os egresados poderán desempeñar funcións técnicas, de desenvolvemento e xestión en contornas altamente innovadoras.

    Entre as principais saídas profesionais atópanse:

    • Enxeñaría de automatización e control industrial
    • Deseño e desenvolvemento de maquinaria intelixente e produtos mecatrónicos
    • Robótica industrial e colaborativa
    • Sistemas embebidos e electrónica aplicada
    • Mantemento preditivo e sistemas ciberfísicos
    • Integración de tecnoloxías na Industria 4.0
    • I+D+i en centros tecnolóxicos e departamentos de innovación empresarial
    • Consultoría tecnolóxica e xestión de proxectos técnicos

    Ademais, o mestrado ofrece unha sólida base para quen desexe continuar a súa carreira académica ou investigadora a través de estudos de doutoramento en enxeñaría ou campos afíns.
     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    José Ignacio Armesto Quiroga

    Máster Universitario en Enxeñaría da Automoción

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    35
    Código
    V04M120V06

    O Mestrado en enxeñaría da automoción da Universidade de Vigo é un título oficial que se imparte desde 2008. Ofrece unha formación especializada e actualizada nun dos sectores máis dinámicos e innovadores da enxeñaría. Deseñado en estreita colaboración con CTAG, Stellantis e CEAGA, este mestrado capacita o alumnado para afrontar os retos tecnolóxicos da automoción moderna, como a electrificación, a automatización, a conectividade e a eficiencia enerxética.

    Ao longo do programa, o estudantado adquirirá competencias avanzadas en deseño e desenvolvemento de vehículos, sistemas de propulsión, electrónica do automóbil, simulación e fabricación, combinando formación teórica con proxectos prácticos e unha estreita vinculación coa industria.

    O mestrado está orientado tanto a novos titulados/as en enxeñaría como a profesionais que buscan actualizar ou ampliar o seu perfil técnico. Inclúe prácticas en empresa e a posibilidade de desenvolver un traballo fin de mestrado nunha contorna real de I+D.

    A participación de profesionais especialistas das empresas e a impartición de sesións nas súas instalacións garante un enfoque práctico do mestrado e a súa continua actualización coas últimas novidades do sector.
     

    Acceso e admisión

    As titulacións requiridas para a admisión son por esta orde:

    1. Enxeñaría Industrial e mestrados no ámbito da enxeñaría industrial
    2. Graos no ámbito da enxeñaría industrial
    3. Enxeñaría Técnica Industrial
    4. Enxeñarías e mestrados noutros ámbitos distintos ao da enxeñaría industrial
    5. Graos noutros ámbitos da enxeñaría distintos ao da enxeñaría industrial
    6. Enxeñarías técnicas industriais noutros ámbitos distintos ao da enxeñaría industrial
    7. Poderán tamén ser admitidas no mestrado candidaturas doutras titulacións se, a criterio da comisión académica, acreditan os coñecementos necesarios para a súa realización.

    Cando as persoas prerexistradas superen o número de prazas dispoñibles no programa para a admisión de estudantes, teranse en conta os seguintes criterios de valoración:

    • Titulación de acceso (ata 5 puntos)
    • Currículo da persoa interesada, que incluirá o seu expediente académico, a súa experiencia laboral e outros méritos que desexe facer constar (ata 5 puntos).

    En función dos resultados obtidos na admisión e a criterio da comisión académica, poderase establecer unha puntuación mínima e en caso que se estime necesario, debido á existencia dun empate ou de puntuacións practicamente idénticas, poderá realizarse unha entrevista privado que terá unha valoración de 1 punto.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O Mestrado en enxeñaría da automoción ten como obxectivo principal formar profesionais altamente cualificados capaces de afrontar os desafíos actuais e futuros da industria do automóbil.

    Para iso, expóñense os seguintes obxectivos específicos:

    • Afondar nos coñecementos técnicos avanzados relacionados co deseño, desenvolvemento, fabricación e validación de vehículos e os seus sistemas.
    • Fomentar a capacidade de innovación e adaptación tecnolóxica nun sector en constante evolución, impulsado pola electrificación, a automatización e a sustentabilidade.
    • Desenvolver competencias no uso de ferramentas e metodoloxías de enxeñería aplicadas ao sector da automoción, como simulación, CAD/CAE, control e electrónica embarcada.
    • Impulsar a capacidade de traballo en equipo multidisciplinar, a comunicación efectiva e a toma de decisións técnicas e estratéxicas en contornas colaborativas e internacionais.
    • Facilitar a inserción laboral e o contacto directo coa industria, mediante prácticas en empresas do sector, visitas técnicas e participación en proxectos reais de I+D.
    • Fomentar o pensamento crítico, a investigación aplicada e a aprendizaxe continua, preparando ao alumnado para asumir responsabilidades técnicas e de xestión dentro do ámbito da enxeñería do automóbil.
    • Aumentar ou nivel tecnolóxico nun sector de alta importancia en Vigo e Galicia.
    • Incrementar a colaboración entre a universidade e empresas do sector.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Os egresados/as poden traballar en áreas como o deseño e desenvolvemento de vehículos, sistemas de propulsión (incluíndo eléctricos e híbridos), enxeñaría de probas, simulación e análise de compoñentes, así como en produción, calidade e xestión de proxectos. Tamén hai oportunidades en empresas provedoras de compoñentes (Tier 1 e Tier 2), consultoras de enxeñería, centros tecnolóxicos e departamentos de I+D de grandes fabricantes. Ademais, o auxe da mobilidade sostible e os vehículos autónomos ampliou as posibilidades cara a campos como a electrónica, o software e a intelixencia artificial aplicada ao automóbil.
     
     

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Ángel Manuel Fernández Vilán

    Máster Universitario en Enxeñaría Industrial

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    50
    Código
    V04M141V01

    Certas profesións reguladas requiren un nivel de formación superior e, polo tanto, para exercelas requírese un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en enxeñaría industrial é un mestrado con acreditación profesional completa como enxeñeiro/a industrial, regulado pola Orde ministerial CIN/311/2009, do 9 de febreiro de 2009, e publicado no  (BOE) núm. 42, do 18 de febreiro de 2009.

    Acceso e admisión

    Ademais dos requisitos xerais de acceso a estudos de mestrado, establécese o requisito de admisión adicional de que todo o alumnado debe acreditar un nivel B1 de inglés ou equivalente para ser admitido no Mestrado en enxeñaría industrial da Universidade de Vigo.
    Criterios de admisión

    As solicitudes de admisión clasificaranse en tres grupos:

    • Grupo 1: tituladas/os no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais pola Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    • Grupo 2: graduadas/os nas restantes titulacións da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo.
    • Grupo 3: Outros tituladas/os con titulacións con perfís permitidos pola Orde CIN/311/2009 para acceder ao mestrado, cos complementos de formación correspondentes en cada caso.

    Dentro de cada grupo, o alumnado ordenarase segundo a seguinte fórmula:

    Nota media do estudante/nota media da súa titulación

    As prazas asignaranse segundo esta orde e coas seguintes reservas:

    • O 50 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 1. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 2. De quedar prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    • O 45 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 2. Se quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 1. Se aínda quedan prazas vacantes, asignaranse ás solicitudes do grupo 3.
    • O 5 % das prazas asignarase ás solicitudes do grupo 3 xunto cos solicitudes restantes dos grupos 1 e 2 que non obtiveron praza nas cotas anteriores.

    Para o establecemento de complementos de formación para o alumnado do grupo 3, terase en conta a súa titulación previa e compararase o seu expediente académico coa formación incluída no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo (BOE do 11 de febreiro de 2013). Estes complementos de formación non formarán parte do Mestrado en enxeñaría industrial e consistirán en materias impartidas nalgunha das titulacións que ofrece a Escola de Enxeñaría Industrial.

    Obxectivos xerais da titulación

    Para obter o título, o estudantado debe demostrar os seguintes resultados de aprendizaxe:

    • Ter coñecementos axeitados dos aspectos científicos e tecnolóxicos de: métodos matemáticos, analíticos e numéricos en enxeñaría, enxeñaría eléctrica, enxeñaría enerxética, enxeñaría química, enxeñaría mecánica, mecánica de medios continuos, electrónica industrial, automatización, fabricación, materiais, métodos de xestión cuantitativa, computación industrial, planificación urbana, infraestruturas etc.
    • Planificar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas.
    • Liderar, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
    • Realizar investigación, desenvolvemento e innovación en produtos, procesos e métodos.
    • Levar a cabo a planificación estratéxica e aplicala a sistemas relacionados coa construción, a produción, a calidade e a xestión ambiental.
    • Xestionar técnica e economicamente proxectos, instalacións, plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    • Capacidade para desempeñar funcións de dirección xeral, dirección técnica e xestión de proxectos de I+D en plantas, empresas e centros tecnolóxicos.
    • Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir de información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as conclusións (e os coñecementos e razóns subxacentes que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Posuír as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando de maneira autodirixida ou autónoma.
    • Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a industrial.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    45
    Código
    V04M150V01

    O Mestrado de prevención de riscos é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e profesional do alumnado como especialista en prevención de riscos laborais.

    Dada a escasa implantación da perspectiva dos ensinos sobre seguridade e prevención nas enxeñarías españolas, pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.

    Cunha orientación académica e profesional, o ciclo permite a obtención do título de Mestrado en prevención de riscos laborais nas tres especialidades:
    - Especialista en seguridade do traballo
    - Especialista en hixiene industrial/Medicamento do traballo
    - Especialista en ergonomía e psicosocioloxia
     

    Acceso e admisión

    Terán prioridade para o acceso as persoas tituladas en:
    - Enxeñaría Industrial
    - Enxeñería de Minas
    - Enxeñaría Técnica Industrial
    - Enxeñería Técnica de Minas
    - Resto de enxeñarías

    As persoas solicitantes deberán entregar a seguinte documentación:
    - CV relacionado con materias da titulación
    - Experiencia relacionada con materias da titulación
     

    Perfil de ingreso recomendado

    A titulación ten carácter multidisciplinar polo que é recomendable ter coñecementos en materias técnicas. Pode acceder todo o alumnado que posúa unha titulación universitaria relacionada con:
    - Estudos técnicos
    - Ciencias experimentais
    - Ciencias da saúde
    - Ciencias sociais e xurídicas
     

    Obxectivos xerais da titulación

    - Formación de técnicos de nivel superior en materia de prevención de riscos laborais para o desenvolvemento das competencias profesionais especificadas no Real decreto 39/1997.
    - Formación en xestión da seguridade segundo a Lei 23/1992; Real decreto 2364/1994; Orde do 23 de abril de 1997.
    - Conceptos e teorías clave sobre a prevención de riscos laborais.
    - Historia da seguridade e a prevención de riscos.
    - Revisión das disciplinas tradicionais e as formas de coñecemento en seguridade e a súa aplicación.
    - Políticas de seguridade e as súas aplicacións no ámbito laboral, educativo e persoal.
    - Aprender diferentes metodoloxías para a avaliación de riscos nos distintos ámbitos da actividade empresarial, e as accións preventivas e correctivas necesarias.
    - Comprender os diferentes sistemas de planificación, xestión e avaliación das actividades que debe levar a cabo un servizo de prevención, así como establecer programas de prevención baseados na avaliación de riscos no lugar de traballo.
    - Adquirir os coñecementos necesarios para integrar a xestión de riscos laborais no conxunto de funcións clásicas da empresa, co fin de contribuír ao aumento da calidade, a produtividade e á redución dos riscos laborais e o impacto ambiental.
    - A finalidade deste curso é preparar técnicos/as superiores en prevención de riscos laborais segundo o establecido no programa xeral incluído polo Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, Boletín Oficial do Estado do 31 de xaneiro, para o título de experto/a de grao superior, de xeito que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para desenvolver os plans e programas establecidos polo devandito decreto, dentro das especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía.
     

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    David Patiño Vilas

    Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    V04M167V01

    O Mestrado en enerxía e sustentabilidade é un programa interdisciplinar, cunha base teórica e metodolóxica en estudos técnicos, que ten como obxectivo proporcionarlle formación académica e/ou profesional ao alumnado como especialista en enerxía sostible na industria.

    O sector enerxético é un dos máis vinculados aos desafíos do desenvolvemento sostible: o crecemento económico, o consumo de enerxía e o impacto ambiental están inextricablemente entrelazados. Polo tanto, é esencial lograr un equilibrio entre tres aspectos: como cultivar máis consumindo menos enerxía e como producir, transformar e consumir enerxía minimizando o impacto ambiental.
     

    Acceso e admisión

    Preferiblemente estudos técnicos previos (enxeñarías, enxeñarías técnicas, arquitectura, arquitectura técnica).

    A inscrición do estudantado no mestrado farase valorando o seu expediente académico e currículo e atendendo aos seus méritos.

    Para poder valorar axeitadamente o currículo do estudantado que desexe inscribirse no máster, é necesario que nel aparezan de forma clara e detallada os aspectos indicados a continuación:

    • Expediente académico (ata 3 puntos)
    • Outros cursos relacionados (ata 2 puntos)
    • Experiencia profesional relacionada (ata 5 puntos)
       

    Perfil de ingreso recomendado

    O estudantado do Máster en enerxía e sustentabilidade debe ter como mínimo coñecementos básicos de:

    • Electrotecnia
    • Termotecnia
    • Química industrial
    • Economía industrial

    Tamén sería recomendable que dispuxese de coñecementos de mecánica de fluídos, instalacións eléctricas e instalacións térmicas. Por tanto, o perfil de ingreso recomendado é unha enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, grao nunha titulación relacionada coa enxeñaría ou a enerxía. Tamén, dependendo da especialidade realizada, poden encaixar no perfil recomendado, entre outros, licenciaturas en Ciencias Químicas ou Físicas, ou similares.

    Poderá acceder ao mestrado o estudantado que cumpra os requisitos de acceso establecidos no artigo 3 do RD 56/2005, do 21 de xaneiro. As titulacións sen requisitos adicionais de acceso son:

    • Enxeñaría Industrial e Mestrado en enxeñaría industrial
    • Enxeñaría de Minas
    • Grao en Enxeñaría da Enerxía
    • Enxeñaría Técnica Industrial
    • Grao en Enxeñaría Eléctrica
    • Grao en Enxeñaría Mecánica
    • Grao en Tecnoloxías Industriais
    • Enxeñaría Técnica en Industrias Forestais

    A comisión académica poderá valorar outros requisitos ademais da titulación de grao de orixe, como idiomas, outros mestrados ou cursos realizados en enerxía ou medioambiente etc. Así mesmo, a comisión poderá decidir realizar probas de acceso ou entrevistas persoais.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo deste mestrado é adquirir coñecementos relacionados coa enerxía, abranguendo conceptos como a eficiencia e a certificación enerxética, as enerxías renovables e a implementación de sistemas enerxéticos tanto no sector industrial como no de servizos. O programa ten un forte enfoque práctico, o que permite aos estudantes aplicar os coñecementos adquiridos a proxectos que integran consideracións técnicas, económicas e ambientais.

    O programa do mestrado ofrece formación en enerxía e sostibilidade, é dicir, economía enerxética e medio ambiente. Para garantir un programa coherente, estruturouse en catro módulos:

    • Avaliación enerxética
    • Enerxías renovables
    • Avaliación económica, ambiental e enerxética de proxectos
    • Sistemas enerxéticos
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Camilo José Carrillo González

    Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código
    V04M192V01

    Esta titulación busca afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñaría Biomédica, achegándolle ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responda as necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario, e completar así unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.

    Impártese en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, cunha parte da formación nas súas instalacións. Este deseño dunha formación dual responde as novas esixencias dunha formación que combine docencia nos centros universitarios coa que cómpre ser desenvolta polas persoas profesionais do sector sanitario, combinando así unha formación técnica-científica e práctica tecnolóxica, cunha formación adecuada nas disciplinas básicas da medicina, que lles permita ás persoas tituladas deste mestrado solucionar calquera problema concreto de enxeñaría que xorda no ámbito sanitario.
     

    Acceso e admisión

    Debido ao carácter interdisciplinar do mestrado, é importante que o perfil de ingreso presente unha formación básica característica de calquera enxeñaría: Física, Química, Matemáticas, Estatística, Informática, …

    De igual maneira, é importante que tamén presente coñecementos tanto en contidos tecnolóxicos como os relacionados coa parte da ciencia biomédica: fundamentos de electrónica para biomédica, fundamentos de electricidade, sistemas mecánicos, ciencia e enxeñaría de materiais, bioquímica e bioloxía celular, fisioloxía xeral, estrutura e patoloxía médica e estrutura e patoloxía médico-cirúrxica, bioestatística, …

    Por tanto, de acordo cos criterios de valoración de méritos establecidos no seguinte apartado, serán admitidos, no seu caso, sen complementos formativos os graduados/as en Enxeñaría Biomédica provenientes de calquera universidade española e estranxeira que se axusten ás características anteriormente indicadas, sempre tomando como referencia o Grao en Enxeñería Biomédica da Universidade de Vigo.

    Para o resto de solicitudes en posesión dun grao en Enxeñería Biomédica que cumpran os requisitos de acceso, pero cun perfil que non se axuste ao plan de estudos de referencia, a comisión académica do mestrado, unha vez analizados os plans de estudos, establecerá os complementos formativos que deberán cursar.

    As solicitudes de admisión ao Mestrado en enxeñaría biomédica que cumpran as condicións de acceso e os requisitos específicos de admisión serán avaliadas pola comisión académica do mestrado de conformidade coa seguinte fórmula: nota media do expediente do alumnado/nota media do seu grao.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil de ingreso recomendado é o do Grao en Enxeñaría Biomédica.

    Ademais do anterior, considerarase requisito preferente para a admisión a acreditación do nivel B1 en lingua inglesa.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Formación avanzada e preparación para o desempeño profesional no desenvolvemento e aplicación da enxeñaría biomédica en todas as actividades que o requiran
    • Proporcionar coñecementos e habilidades para desenvolver e aplicar ideas orixinais en contextos profesionais e de investigación, formular e resolver problemas complexos, tomar decisións e traballar e comunicarse eficazmente en contornos novos e multidisciplinares dentro do campo da enxeñaría biomédica.
    • Proporcionar a capacidade de integrar coñecementos, identificar responsabilidades e implicacións éticas, sociais ou profesionais asociadas a situacións no campo da enxeñaría biomédica, e formular xuízos informados considerando o impacto global, económico, ambiental e social.
    • Proporcionar a capacidade de deseñar, modelar matematicamente, simular, implementar e xestionar experimentos, sistemas e procesos complexos no campo da enxeñaría biomédica.
    • Proporcionar os coñecementos e as habilidades para o deseño e a análise de sistemas, sensores e técnicas para o diagnóstico, a terapia e a monitorización, a capacidade de aplicar os principios da xeración de radiación, de empregar eficazmente a instrumentación e os métodos de observación, e de analizar e interpretar sinais e imaxes no campo da biomedicina.
    • Proporcionar a capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético, coñecementos de enxeñaría de tecidos e capacidades para a análise, manexo e deseño de biomateriais avanzados, capacidade para a análise teórica e a modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos e capacidades para a aplicación dos principios da electroquímica no campo biomédico.
    • Proporcionar a capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade de produtos sanitarios e a capacidade para identificar necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñaría clínica en centros sanitarios.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Juan María Pou Saracho

    Máster Universitario en Economía Circular

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    10
    Código
    V03M201V01

    Trátase dunha titulación interuniversitaria desenvolvida conxuntamente polas tres universidades galegas (UVigo, USC e UDC) que comparten a necesidade de impulsar un novo mestrado en economía circular, de acordo coa análise realizada polo proxecto «Galicia 2030: perfís profesionais do futuro e novas titulacións e especializacións».

    O obxectivo principal desta titulación é formar persoas que poidan desenvolver actividades no ámbito da sustentabilidade e a economía circular en diversas organizacións, xa sexan públicas ou privadas, empresas comerciais ou sociais, ONG ou outras organizacións que promovan a produción e o consumo baseados en modelos sostibles.

    Acceso e admisión

    Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:

    • Expediente académico: 70 %. O baremo estará baseado na nota media do expediente académico.
    • Experiencia profesional contextualizada no ámbito da economía circular: 10%, considerando a antigüidade e o nivel do posto, avalada por cartas de referencia ou certificacións de responsables profesionais e empresariais.
    • Formación complementaria: 20 %, dos cales un 10 % para titulacións de grao ou mestrado universitario, adicionais ás que dan acceso ao programa, directamente relacionadas co título; un 5 % para titulacións non oficiais directamente relacionadas co título; e un 5 % para idiomas, particularmente inglés (mínimo nivel MECES B2).

    O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total e os outros méritos un peso máximo do 30 % (incluíndo unha entrevista persoal se se considera pertinente). 

    Perfil de ingreso recomendado

    Este mestrado está dirixido a unha ampla variedade de persoas graduadas e profesionais das macro áreas de ciencias sociais e xurídicas, ciencias e enxeñaría e arquitectura, con interese en especializarse no campo da economía circular.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Desenvolver habilidades e coñecementos para liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas.
    • Identificar áreas de acción específicas para o multi#R (redeseño, remanufactura, reparación, redistribución, redución, reutilización, reciclaxe, recuperación) e desenvolver solucións técnicas sostibles nesas áreas.
    • Aplicar os principios do ecodeseño ao deseño de produtos e servizos.
    • Definir estratexias para a redución e xestión dos residuos da organización e implementar técnicas para o tratamento e a recuperación de materiais e residuos.
    • Deseñar e implementar novos modelos de negocio circulares e colaborativos, orientándoos cara á neutralidade climática, incluíndo os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dun plan de negocio.
    • Aplicar a lexislación ambiental vixente en materia de sustentabilidade e as políticas económicas asociadas no desempeño das súas actividades.
    • Comprender as causas básicas dos problemas actuais relacionados coa contaminación.
    • Coñecer os novos avances científicos e técnicos que poden axudar a paliar estes problemas.
    • Promover o uso de tecnoloxías limpas e fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias eficientes de xestión da auga e a enerxía.
    • Promover e difundir os principios, fundamentos e vantaxes da economía circular, así como o compromiso da organización con este novo paradigma e coa economía social.
    • Empregar as tecnoloxías da información e a comunicación e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar modelos de economía circular.
    • Aprender diferentes ferramentas para deseñar estratexias políticas a favor da circularidade económica e social.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Elena Rivo López

    Máster Universitario en Enxeñaría de Minas

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    20
    Código
    V09M148V11

    O Mestrado universitario en enxeñaría de minas habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a de minas. Trátase dunha titulación única no sistema universitario de Galicia.

    Formamos o estudantado para que adquira as capacidades e as habilidades necesarias en relación co cálculo, simulación, deseño, xestión, análise e dirección técnica dos procesos tecnolóxicos vinculados á produción, transformación, almacenamento, transporte e uso das materias primas minerais e recursos enerxéticos; todo iso nun marco de sustentabilidade. Concíbese como un proxecto formativo de marcada orientación práctica. Proba disto é a inclusión no plan de estudos da materia Prácticas externas (de carácter obrigatorio), a realización de numerosas visitas a instalacións e procesos tecnolóxicos e a realización de actividades formativas prácticas.

    Nesta titulación formamos profesionais altamente cualificados para enfrontarse á resolución de problemas complexos nos ámbitos da enxeñaría de minas. Cabe destacar no plan de estudos o Módulo de simulación numérica en enxeñaría, cuxo obxectivo é formar o estudantado no manexo de ferramentas para enfrontarse á simulación de procesos da enxeñaría de minas.

    O mestrado achega a Galicia unha especialización académica e profesional esencial, única, singular e exclusiva desde a educación pública. Este mestrado ten o selo de calidade EUR-ACE, un recoñecemento internacional que acredita a alta calidade das titulacións de enxeñaría, outorgado pola European Network for Accreditation of Engineering Education.
     

    Acceso e admisión

    En canto ao procedemento de admisión, este aplicarase ao estudantado que cumpra os requisitos de acceso á titulación. En concreto, identifícanse catro grupos:

    • Grupo A
      Estudantes en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
      • Grao en Enxeñaría Enerxética e de Recursos Mineiros pola Universidade de Vigo
      • Grao en Enxeñaría Enerxética pola Universidade de Vigo.
    • Grupo B
      Estudantes en posesión dun título universitario vinculado ao exercicio da profesión regulada de enxeñeiro/a técnico de minas (graduado universitario ou enxeñeiro/a técnico de minas de diferentes especialidades expedido por outra universidade do SUE).
    • Grupo C
      Estudantes con titulación universitaria non vinculada ao exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico de minas que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 4.2.2 da Orde CIN/310/2009.
    • Grupo D
      Estudantado estranxeiro.

    Proponse reservar unha cota de prazas para cada grupo, do seguinte xeito:

    • Grupo A: 70 % das prazas ofertadas (14 prazas)
    • Grupo B: 10 % das prazas ofertadas (2 prazas)
    • Grupo C: 10 % das prazas ofertadas (2 prazas)
    • Grupo D: 10 % das prazas ofertadas (2 prazas)

    Se non se completa a cota dalgún dos grupos, esta poderá cubrirse con estudantes dos outros grupos. A prioridade dentro de cada grupo basearase na media de cualificacións do expediente académico.

    Tendo en conta a heteroxeneidade na formación académica previa dos grupos de acceso B, C e D, a comisión académica do mestrado establecerá, en función do currículo académico da persoa solicitante, o currículo académico do Módulo de formación avanzada en tecnoloxías baseado na formación previa acreditada.

    No caso de estudantes dos grupos C e D que cumpran os requisitos de acceso, a comisión académica do mestrado establecerá, en función da formación académica impartida, o conxunto de créditos que o estudantado debe cursar como formación complementaria, se é o caso, de xeito que o número máximo de créditos de formación complementaria a cursar sexa de 24 ECTS.

    Para o alumnado estranxeiro, a comisión académica, co apoio e asesoramento dos servizos administrativos competentes, co fin de dispor de información relativa ao sistema universitario de orixe, avaliará a realización de formación complementaria.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O seu obxectivo é formar profesionais altamente cualificados para tratar a resolución de problemas no campo da enxeñaría mineira. Destaca especialmente a inclusión no currículo do Módulo de simulación numérica en enxeñaría mineira, que ten como obxectivo proporcionarlle ao estudantado as metodoloxías e ferramentas para abordar a simulación numérica de diversos problemas dentro do campo da enxeñaría mineira.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    As saídas profesionais das persoas egresadas da titulación enmárcanse en tres ámbitos:

    Recursos mineiros

    • Procura e avaliación de xacementos mineiros
    • Deseño de explotacións mineiras
    • Estudos de impacto ambiental de explotacións mineiras
    • Plans de restauración de explotacións mineiras
    • Dirección técnica de explotacións mineiras
    • Deseño e dirección técnica de voaduras. Uso de explosivos en calquera aplicación
    • Xestión de residuos mineiros, de construción e demolición
    • Estabilización, auscultación e drenaxe de noiros, vertedoiros, túneles e obras subterráneas
    • Prospección, captación, distribución e utilización de augas subterráneas
    • Tecnoloxía e xestión integral da auga
    • Depuración e desalinización

    Materiais

    • Procesos de fabricación de materiais (aceiro, formigón, materiais metálicos, plásticos, vidro, polímeros e novos materiais)
    • Procesos de reciclaxe
    • Técnicas de conformación e unión
    • Xestión da calidade de materiais

    Enerxía e combustibles

    • Petroquímica e carboquímica
    • Xeración, transporte, distribución e utilización de enerxía térmica e eléctrica
    • Enerxías renovables: fotovoltaica, solar, hidroeléctrica, xeotermia e eólica
    • Centrais térmicas e nucleares
    • Aforro, eficiencia e diversificación da enerxía
    • Coxeración
    • Novas tecnoloxías enerxéticas: almacenamento e hidróxeno
       

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Eduardo Giraldez Perez

    Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    120
    Número de cursos
    2
    Prazas
    25
    Código
    O07M197V01

    O Mestrado en enxeñaría aeronáutica é un título oficial que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico, de acordo coa Orde CIN/312/2009, do 9 de febreiro (BOE do 18 de febreiro de 2009). Trátase dun programa único dentro do sistema universitario galego e ofrécese en colaboración coa Xunta de Galicia.
     

    Acceso e admisión

    As prazas ofertadas terán prioridade para o estudantado que proceda dun título que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico aeronáutico de acordo coa Orde CIN/308/2009. A selección das persoas solicitantes levarase a cabo pola comisión académica do mestrado en función do expediente académico do estudantado e a nota media alcanzada. 

    Obxectivos xerais da titulación

    • Capacidade para deseñar, calcular, inspeccionar, certificar e manter sistemas e vehículos no campo da enxeñaría aeroespacial.
    • Capacidade para planificar, deseñar, controlar, manter e operar infraestruturas aeronáuticas.
    • Capacidade para coordinar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no sector aeroespacial.
    • Capacidade para integrar sistemas aeronáuticos complexos e equipos de traballo multidisciplinares.
    • Capacidade para analizar e corrixir o impacto ambiental e social das solucións técnicas para calquera sistema aeroespacial.
    • Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar coñecementos.
    • Coñecemento, comprensión e capacidade para usar ferramentas informáticas relacionadas co campo de estudo.
    • Capacidades de xestión da información, incluída a capacidade de recuperar e analizar información de diversas fontes.
    • Competencia en todas as áreas relacionadas coas tecnoloxías aeroportuarias, aeronáuticas ou espaciais que, pola súa natureza, non sexan exclusivas doutras ramas da enxeñaría.
    • Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Elena Beatriz Martín Ortega

    Máster Universitario en Fabricación Aditiva

    Enxeñaría e Arquitectura
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    10
    Código
    V04M196V01

    O Mestrado en fabricación aditiva é un programa conxunto e presencial desenvolvido pola Universidade da Coruña, como coordinadora, e a Universidade de Vigo. Está incluído na Guía G2030 de perfís profesionais do tuturo e novas titulacións e especializacións e forma parte do catálogo de perfís consensuado co tecido socioeconómico da rexión e avaliado mediante un proceso participativo intensivo e unha análise de referencia. Esta análise, desenvolvida no marco do proxecto G2030, tivo como obxectivo identificar as titulacións que compren con éxito as competencias clave dos postos do catálogo de perfís profesionais do futuro que actualmente non están cubertos polo sistema universitario galego (SUG).

    Acceso e admisión

    As persoas que desexen ser admitidas deberán estar preferentemente en posesión dun título dos seguintes ámbitos:

    • Ámbito industrial
      • Grao en Enxeñaría Mecánica
      • Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automatización
      • Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais
      • Grao en Enxeñaría Eléctrica
      • Grao en Química Industrial
      • Grao en Enxeñaría de Organización Industrial
      • Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produtos
    • Ámbito da enxeñaría biomédica
    • Ámbito da enxeñaría mineira e enerxética
    • Outras titulacións

    A comisión académica do mestrado (CAM) estudará a idoneidade doutras titulacións afíns pertencentes ao ámbito científico-tecnolóxico que non estean incluídas na listaxe anterior.

    Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:

    • Adaptación da cualificación de acceso aos contidos do programa de mestrado
    • Expediente académico

    Establécense os seguintes criterios de admisión:

    • Cualificación de acceso (entre 0 e 2 puntos), segundo a adecuación da cualificación de acceso aos obxectivos e contidos do programa de mestrado
    • Expediente académico da titulación de acceso (entre 0 e 1 punto)

    O sistema de puntuación establecido xera unha ordenación onde cada criterio se prefire de maneira xerárquica. As solicitudes ordenaranse segundo a puntuación obtida e o alumnado será admitido ata que se cubran todas as prazas dispoñibles.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Comprender os principios básicos da fabricación aditiva (AM) analizando as súas vantaxes e desvantaxes.
    • Comprender os diferentes tipos de procesos de fabricación aditiva (AM) dispoñibles, así como as súas vantaxes e desvantaxes. 
    • Comprender os diferentes materiais e as súas propiedades empregados para producir compoñentes mediante o proceso AM. 
    • Comprender como poden producirse problemas e defectos nos compoñentes producidos polos procesos desenvolvidos na fabricación aditiva (AM), así como as medidas preventivas.
    • Comprender as técnicas de acabado empregadas para as diversas técnicas AM.
    • Familiarizarse co uso de ferramentas de deseño CAD en relación coa fabricación/deseño de produtos. 
    • Comprender como a posición e a orientación afectan as propiedades do compoñente.
    • Aprender sobre a aplicación de novas tecnoloxías de fabricación orientadas á industria intelixente. 
    • Comprender os beneficios da fabricación aditiva para o deseño e a fabricación de novos produtos e prototipos.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Alejandro Pereira Domínguez