Espazos expositivos en Vigo

Cidade Universitaria

Cartel da exposición Mapa de evacuación de Gaza

Mapa de evacuación de Gaza

A mostra "Mapa de evacuación de Gaza" poderase visitar ata o 22 de maio nos exteriores do centro comercial da cidade universitaria.

A exposición está composta por 20 pinturas, agrupadas en tres series distintas, que foron creadas polo artista Mohammed Al-Haj na propia franxa de Gaza, onde aínda segue vivindo.  

Cidade Universitaria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo


 

 

Edificio Redeiras

Redeiras, o novo edificio institucional da Universidade de Vigo, situado na praza do Berbés de Vigo, conta entre outros, cun espazo expositivo multifuncional onde amosarlle á sociedade actividades artísticas de distinto xénero como parte do compromiso da nosa institución co fomento e coa difusión da cultura en todas as súas formas.

 

Edificio Redeiras
Praza do Berbés 11
36202 Vigo