Aulas de música e baile tradicional

A Universidade impulsa as Aulas de Música Tradicional Galega, coas que se amplía a oferta formativa en canto, percusión, gaita e baile.

O campus de Vigo acolle os obradoiros da Aula de Música Tadicional Galega nas instalacións do Teatro Roberto Vidal Bolaño, mentres que o campus de Pontevedra conta coa Aula Permanente de Música Tradicional Galega, que se ubica na Facultade de Enxeñaría Forestal, e que ten coma obxectivos ofertar a posibilidade de iniciarse na interpretación dun instrumento tradicional, así como facilitar a continuidade no ensaio con este tipo de instrumentos a alumnado que por razóns de estudos ten que deixar de facelo nos seus lugares de orixe, e acadar a creación dun grupo estable de instrumentos populares galegos na Universidade. 

Conta con modalidades de iniciación e de perfeccionamento en gaita, zanfona, percusión e frautas. 

Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:

Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es