Coro universitario

Coros universitarios

O coro da Universidade de Vigo configúrase coma un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo; un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria
 


O coro da Universidade do campus de Vigo

Fundouse no ano 1990 para satisfacer, entre outras, unha necesidade evidente de contribuír á potenciación da formación musical do alumnado, en especial das futuras xeracións de docentes de Educación Musical, así como realizar un labor de difusión cultural máis alá do marco da propia universidade e solemnizar os seus actos académicos.


Todos os anos organiza o Certame de coros universitarios, así como numerosos intercambios culturais con outras universidades, entre as que podemos salientar Jaén, Granada, Iruña, Barcelona, Valencia, Salamanca, Valladolid, Alacant, Girona ou Alcalá de Henares.


Posúe un rico e variado repertorio de máis de 150 obras. Está aberto a todo tipo de música, dende obras polifónicas do renacemento español ata música clásica moderna, canción latinoamericana, espirituais ou adaptacións de coñecidas pezas corais tradicionais de diversas rexións e países.


Pola súa dirección pasaron Vicente Rodríguez (1990-1992), Stanislaw Krummer e Elena Vatchenco (1993), Teresa Novoa (1994), Rimas Zdanavicius (1995), Zivile Keblikaite e Emilio Lede. Na actualidade está dirixido por Nuria Lorenzo López.

Son numerosas as actuacións realizadas despois de máis de 20 anos. Algunhas das máis relevantes:
Ciclos culturais "Música e arte" e "Gran Jubileo 2000" celebrados na catedral de Tui, XI Centenario da unión de Huesca ao Reino de Aragón en Huesca, proxecto "Visión de futuro" co grupo Milladoiro dentro da obra Iacobus Magnus na Universidade de Vigo, himno propio da universidade "Gloria tibi sit" estrenado en Ourense, X Mostra galega de coros polifónicos da Consellaría de Familia da Xunta de Galicia, Semana Santa no círculo cultural mercantil de Vigo, concerto extraordinario de nadal na concatedral de Vigo, 250 cabodano da morte de J. S. Bach en Sevilla e moitas outras por España adiante. Tamén se fixeron actuacións por todo Portugal: Encontro de coros ibéricos en Oporto, Semanas culturais de Braga, Guimarães, Paços de Ferreira, Coimbra, Évora, Lisboa, Aveiro etc.

Nuria Lorenzo López é a directora do coro da Universidade de Vigo. Naceu en Vigo, Pontevedra. Comeza os ses estudos de música e canto na escola de música Scola Cantorum Santa Cecilia de Vigo. Máis tarde ingresa no Conservatorio Superior de Vigo para seguir os seus estudos de canto. Foi galardoada en varios concursos internacionais de canto. Fai o seu debut operístico no Palacio da Ópera da Coruña e no Auditorio de Galicia no ano 2004 co papel Alisa de Lucía de Lamermoor. Séguenlle os roles de Suzuki de Madame Butterfly en Vigo, Almería, Salamanca e Alacant, Imelda de Oberto Conte di San Bonifacio no Palacio Euskalduna de Bilbao, Fata de verde de La bella dormente de Respighi no Teatro Arriaga e The second maid de Electra no Palacio Euskalduna. Actualmente compaxina a súa carreira como solista coa dirección coral.

Contacto: coro@uvigo.es

Sopranos

  • Astor Martín, Belén
  • Barros Martínez, María Rita
  • Calvo Iglesias, Silvia
  • Casal Covelo, Adelaida
  • Castro Soliño, María Soledad
  • Collazo Otero, María José
  • Davila Prado, Laura
  • Echeverría Boan, Mayrén
  • Gomez Compadre, Natalia
  • Mariño Nogueira, Ángeles
  • Martínez López, Rosa
  • Nieto Núñez, Sagrario
  • Parcero Pereira, María Agustina
  • Sánchez García, Marta
  • Vélez Pérez, María Cármen

Contraltos

  • Álvarez Pérez, María
  • Carrera González, Paula
  • Cazorla Torrado, Luisa
  • Edreira Tarela, Sara
  • Fernández Núnez, Cristina
  • Ferreiro Fernández, María Carmen
  • Freijido Vázquez, Beatriz
  • Iglesias Ramudo, Yolanda
  • Louzán Sabarís, Ana Cristina
  • Otto, Katharina
  • Prado Rodríguez, Concha
  • Rial Fernández, Carmen
  • Robles Iraurgui, Marta
  • Solá Conde, María Cristina
  • Torres Caldas, Silvia
  • Vidal López, Olalla

Tenores

  • Castro Fernández, Diego
  • Jorge Guille, Jonathan
  • López Silvera, Federico Gastón
  • Mandianes Lama, Antonio
  • Mariño Suárez, Antonio
  • Mitraszewski, Karol
  • Romero-Requejo Von-Hoff, Javier Alejandro
  • Santalices Silva, Francisco Javier

Baixos

  • Alonso Baptista, Roberto Carlos
  • Castro Rodrigo, Ramón
  • Estellés Candal, Ignacio
  • Fernández Vázquez, Jorge
  • Hernández Vázquez, Sergio Carlos
  • Iglesias Ramudo, Rubén
  • Muiños Barros, Francisco
  • Portu Rodríguez, Fernando

Directora

  • Lorenzo López, Nuria

 

  • Come, Ye Song Of Art. H. Purcell
  • Chila gagliarda. B. Donatti.
  • Cantique de Jean Racine. G. Fauré.
  • Italiska isdaiga. R. Genee / R. Hertz.
  • Ecco. Orlando di Lassus.
  • Buvo duda vilniui. Popular lituana.
  • Dieu! Qui l'a fait bon regarder. C. Debussy.
  • Sound The Trumpet. H. Purcell.
  • Angel Of Music. A. Lloyd Weber (The Phamton Of The Opera).
  • Hushi Somebody's Callin' My Name. Espiritual negro.
  • An Irish Blessing. J. E. Moore.
  • Embraceable you. J. Johansson.
  • In The Still Of The Night. C. Porter.
  • Belle qui tiens ma vie. T. Arbean.
  • Zorongo. Popular andaluza.
  • ¿Con qué la lavaré? J. Vasquez.
  • Se equivocó la paloma. C. Guastavino.
  • El pelele. J. A. Galindo.
  • Con el Vito. Popular andaluza.
  • Canto de berce. Popular galega.
  • Ai Belén. A. B. Celada Alonso.
  • O temporal. J. López López.
  • Si chove, deixa chovere. Popular galega.
  • Cantiga. J. Gonçalves.
  • Ai flores. Popular galega.
  • Negra sombra. J. Montes.
  • Queixume dos pinos. Himno galego.
  • Rectius vives. Z. Kodály.
  • Ecce quam sit. Serenata latina dos estudantes.
  • Canticorum iubilo. G. F. Haendel.
  • Verbum caro facto est. Anónimo (Cancionero de Upsala).
  • Audite silete. M. Praetorius.
  • Laudate. K. Nystedt.
  • Miserere. A. Lotti.
  • Gloria al señor. G. F. Haendel.
  • Verbum caro facto est. Anónimo.
  • Dadme albricias. Anónimo (Cancionero de Upsala).
  • Niño Dios d'amor herido. F. Guerrero.
  • Weihnachstlied. M. Praetorius.
  • Exultate justi in domino. L. G. Viadana.
  • Ave María. F. Schubert.
  • Sicut locutus. S. A. . Vivaldi.
  • Ave verum. W. A. Mozart.
  • Ai Belén. A. Celada Alonso.
  • Oh blanca Navidad. I. Berlin.
  • No la debemos dormir. Anónimo (Cancionero de Upsala).
  • Hodie Christus natus est. Gregoriano.
  • Cantate domino. A. Gretchaninof.
  • Adeste fidelis. R. F. Ynera.
  • Laudate. K. Nystadt.
  • Tenebre factae sunt. M. Haydn.
  • The Mavis. H. Purcell.
  • A Festive Gloria. J. Althouse.
  • Sanctus-Benedictus-Agnus dei. E. Butler (Suite litúrxica).
  • Libérame. W. A. Mozart (Requiem) 

 

Gaudeamus igitur (Alegrémonos pois) é unha canción estudantil alemá de autoría anónima. En realidade titúlase De brevitate vitae ("Sobre a brevidade da vida"). Aínda sendo pouco académica a súa letra, a maioría das universidades occidentais tomárona como himno propio, entoándoa nas grandes solmnidades académicas. Seguidamente reproducimos todo o texto de que consta a súa letra, aínda que a maioría dos coros e tamén o noso, interpreta soamente as estrofas 1.ª, 2.
 

Gaudeamus igitur,
iuvenes dum sumus. (bis)
Post iucundam iuventutem,
post molestam senectutem,
nos habebit humus.
Ubi sunt qui ante nos
in mundo fuere?
Vadite ad superos,
Transite ad inferos,
ubi iam fuere.
Vita nostra brevis est,
breve finietur.
Venit mors velociter,
rapit nos atrociter,
nemini parcetur.
Vivat Academia,
vivant professores.
Vivat membrum quodlibet,
vivant membra quaelibet,
semper sint in flore.
Vivant omnes virgines,
faciles, formosae
vivant et mulieres
tenerae, amabiles
bonae, laboriosae.
Vivat nostra societas!
Vivant studiosi!
Crescat una veritas,
floreat fraternitas,
patriae prosperitas.
Vivat et res publica,
et qui illam regit.
Vivat nostra civitas,
Maecenatum charitas,
quae nos hic protegit.
Pereat tristitia,
pereant osores.
Pereat diabolus,
quivis antiburschius,
atque irrisores.
Quis confluxus hodie
Academicorum?
E longinquo convenerunt,
Protinusque successerunt
In commune forum.
Alma Mater floreat
quae nos educavit,
caros et conmilitones
dissitas in regiones
sparsos congregavit.

Gústache a música e sentes auténtica paixón polo cante?

Anímate a participar no coro da Universidade de Vigo. 

Para pertencer ao coro non é imprescindible ter coñecementos previos de música, só che pedimos seriedade e que asistas aos ensaios, onde aprenderás a cantar e recibirás nocións básicas de solfexo. Pronto descubrirás que á parte de que o canto e a música en grupo son divertidos, tamén axudan a combater a tensión e a ansiedade propias dos anos de carreira universitaria. Así mesmo, co obxecto de evitar calquera interferencia nos exames anuais dos compoñentes, durante os meses de febreiro e xuño non se programa ningunha actuación, soamente se fan os ensaios habituais.

A inscrición está aberta a calquera membro da comunidade universitaria (alumnado, PAS ou profesorado). Tamén poderán facelo aquelas persoas que sen ter vencello coa universidade, considere o director ou directora do coro que a súa contribución, calidade de voz e coñecementos musicais pidan ser relevantes. A cota de persoas alleas á institución universitaria non poderá exceder do 25% de compoñentes no momento da petición de incorporación (Artigo 3.º, Apartado D dos estatutos do coro).

O prazo de inscrición permanece aberto e pode facerse no Servizo de Extensión Universitaria.

O coro universitario do campus de Ourense

O coro universitario do campus de Ourense, Schola Cantorum, nace coma tal no curso académico 2009/2010 baixo os auspicios da Vicerreitoría do Campus despois dun período de catro anos funcionando coma un obradoiro cuadrimestral de canto. Está dirixido desde a súa fundación por Xabier Álvarez e formado por 35 membros entre estudantado, profesorado, persoal laboral e antigo alumnado da Universidade de Vigo. O seu repertorio caracterízase pola variedade de estilos, épocas e culturas e incorpora músicas populares universais, galega, sacra, música pop e bandas sonoras moi coñecidas cunha especial atención aos compositores corais contemporáneos.

Entendemos o coro coma un espazo de encontro humanístico, artístico e formativo; coma un punto de encontro interxeracional de toda a comunidade universitaria e aberto tamén á sociedade ourensá.

Os ensaios desenvólvense luns e xoves de 20.00 a 21.30 horas na Aula de Música do Edificio de Facultades do campus de Ourense (rúa do Doctor Temes, s/n. CP. 32004, Ourense)

Xabier Álvarez Iglesias comeza a súa vida profesional como mestre rural na década dos 70 sendo membro activo do grupo Freinet do Movemento cooperativo da Escola popular galega e impulsor e dinamizador do
movemento das escolas unitarias. No ano 1982 é seleccionado polo MEC para realizar o I Curso de Monitores de Música para o profesorado de EXB, fito que marca o inicio do proceso de normalización da educación musical neste país.

Retoma entón os seus estudos musicais no Conservatorio de Ourense ao tempo que realiza diversos cursos de especialización nas máis importantes pedagoxías musicais do momento: Orff, Kodaly, Dalcroze, Willems e participa en diversas iniciativas de innovación educativa en pedagoxía musical. Accede ao cargo de Asesor Técnico-Pedagóxico de Música no centro de Formación Permanente do Profesorado, desde onde imparte e dirixe
numerosos cursos e actividades de formación para o profesorado de música.

Foi pioneiro na introdución da educación musical nos colexios desta provincia e destacou como impulsor e dinamizador de diversas corais e agrupacións musicais infantís e xuvenís entre as que cabe destacar a
Agrupación Musical do Colexio de Seixalbo coa que obtivo importantes galardóns a nivel galego ou a Coral Municipal Xuvenil de Ourense, única no seu xénero en Galicia. 

Iniciouse na dirección coral como Subdirector do Orfeón Unión Ourensá pasando posteriormente a fundar e dirixir as corais: Capela Madrigalista, Camerata Auriense, Coral do Grupo COREN, Coro de Cámara do Club Artístico de Ribadavia ou a Coral Tempos Novos de Cabeza de Vaca.

No ano 2009, despois de ter realizado os estudos da licenciatura en Psicopedagoxía, presenta a súa tese de doutoramento baixo o tíduo: Música para convivir, na que aúna as que foron as súas grandes liñas de actuación profesional: a educación para a convivencia e a educación musical.

Contacto: +34 636 290 479
coro.ourense@uvigo.es / xabimusic@hotmail.com

Sopranos 

  • Sara Martínez 
  • M.ª Rosa Bralo 
  • Celtia Mouro 
  • Charo de León 
  • Laura Miranda 
  • Mery Fernández 
  • Noelia Gómez 
  • Oriana Girardi 
  • Patricia Jara Rodríguez
  • Natalia Gómez 
  • Janet González 
  • M.ª Reyes Pérez 
  • M.ª Saúde Iglesias 
  • Melanie Villar 
  • Cristina Cerviño 
  • Lidia Rivero

Altos 

  • Noelia Díaz 
  • Alma Gómez 
  • Rosa Diéguez 
  • M.ª Nieves Pascual 
  • Ruth González 
  • Minerva Outeiriño 
  • Ángeles Carballo 
  • Susa Herrera 
  • Hilda Fernández 
  • Sabela Vázquez 
  • Mitos Pérez 
  • M.ª Ángeles Sanmiguel 
  • M.ª Pilar Guerra 
  • Alba Iglesias 
  • Lourdes Mosquera

Tenores

  • Manuel Gallego 
  • Xosé Manuel Gargallo 
  • Xosé Carlos Caramés 
  • Odilo Atrio 
  • Luís Eloy Rodríguez 
  • José Marcos Gómez 
  • Javier López 
  • Aarón Abalo 

Baixos 

  • Álvaro Sotelo 
  • Julio Sotomayor 
  • Ibán Cao 
  • Marcial Pérez 
  • Bernardino Alonso 
  • Javier Gallego

Pianistas 

  • Germán Torres 
  • Miguel Sáez

Dirección

  • Xabier Álvarez

 

Música sacra

  • Signore delle cime (6) 
  • Ecce Panis (8)  
  • O Candida Virgo (13) 
  • O Sacrum Convivium (15) 
  • Panis Angelicus (53) 
  • Stabat Mater(64) 
  • Ave Maria (72) 
  • Sanctus (79 ) 

Música histórica

  • El Ecco (29) 
  • Tant que vivrai (30) 
  • Viva tutte le vezzose (42) 

Música galega-portuguesa

  • Alalá de Noia (5) 
  • Cantar de nenos (12) 
  • O voso galo comadre (11) 
  • Sonin vai (22) 
  • Lela (17) 
  • Quixera ser paxariño (31) 
  • O cuco (32) 
  • Señora do Almôrtao (50) 
  • A gente vai continuar(59) 
  • Anjo (60) 
  • Arrolo (62) 
  • María Soliña (58) 
  • Himno galego (63) 

Música popular universal

  • Aya Nguena (3) 
  • Pokarekare ana (4) 
  • O sole mio (7) 
  • Singabahambayo (33) 
  • Ukuthula (73 ) 
  • The Lion sleeps Tonight (34) 
  • Siyahamba (71) 
  • Tres hojitas madre (35)
  • Ipharadisi (47) 
  • Twendi oko komuda(61)  
  • Ade zur guten yacht (65) 
  • V. HIMNOS OFICIAIS 
  • Veni Creator Spiritus (1) 
  • Gaudeamus Iigitur (2) 

Compositores clásicos contemporáneos

  • Dirait-on (14) 
  • A Gaelic Blessing (40) 
  • The Seal Lullaby (30) 

Música do Nadal

  • Cativiño (19)
  • La peregrinación (57) 
  • Adeste Fideles (27) 
  • Ding,dong Merrily on High (16) 
  • Es ist ein Ros entsprungen (36) 
  • Thank you for the Christmas (46) 
  • El noi de la mare (45) 
  • San Pedro trotó 100 años (48) 
  • Alegres pregonan (52) 
  • Mariñeiro (54) 
  • Ledicia (56) 

Música Gospel

  • Rock my Soul (20) 
  • Wade in the water (37) 
  • This old Hammer (26) 
  • Pick a bale (23) 
  • You rise me up (49) 
  • Hallo Django (55) 

Música sudamericana

  • Para llegar (10)
  • A tu lado (38) 
  • La piragua (39) 
  • Todo cambia (77) 
  • La Valentina (41)

Pop-rock

  • Can´t help falling in love (18)  
  • Gaudeamus Hodie (24) 
  • Heal the World (28) 
  • What a Wonderful World (51) 
  • Un beso y una flor (69) 

Bandas sonoras

  • Unchained melody (9) 
  • Nella fantasia (43) 

Varias

  • Parabens para ti (21) 
  • Summer is a comming (25) 
  • Cremos el hombre nuevo(66) 
  • Que blanca lleva la falda (67) 
  • Ensalada madrileña (68 ) 
  • Rhythm and Syncopation (70)

 

 

Para máis información, podes contactar con:

Campus de Vigo   
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.es

Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade                 
+34 988 387 102
+34 988 387 089
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade               
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es

Historial de actuacións [PDF]1.62 MB Protocolo para as actuacións [PDF]10.98 KB Estatutos [PDF]17.72 KB