Química Física
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
Características
Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado.
Acceso e admisión
O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:
- Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
- No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
- De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
Perfil de ingreso recomendado
Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:
- Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias Ambientais
- Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
- Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
- Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe
- Capacidade de adaptación aos cambios
- Actitude positiva
- Capacidade de asumir responsabilidades
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de planificación, coordinación e organización
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de análise
- Capacidade de traballo independente
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.
Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:
- Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
- Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
- Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
- Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
- Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
- Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
- Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
- Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
- Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
- Eido ambiental e recursos naturais
- Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
- Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
- Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura.
- I+D+i, docencia e asesoría
- Investigador/a en centros públicos ou privados.
- Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
- Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.
Especialidades
- Ciencias agrarias e alimentarias
- Ciencias ambientais
- Procesos na industria alimentaria
Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Enxeñaría Biomédica
Características
Esta titulación busca afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñaría Biomédica, achegándolle ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responda as necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario, e completar así unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.
Impártese en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, cunha parte da formación nas súas instalacións. Este deseño dunha formación dual responde as novas esixencias dunha formación que combine docencia nos centros universitarios coa que cómpre ser desenvolta polas persoas profesionais do sector sanitario, combinando así unha formación técnica-científica e práctica tecnolóxica, cunha formación adecuada nas disciplinas básicas da medicina, que lles permita ás persoas tituladas deste mestrado solucionar calquera problema concreto de enxeñaría que xorda no ámbito sanitario.
Acceso e admisión
Debido ao carácter interdisciplinar do mestrado, é importante que o perfil de ingreso presente unha formación básica característica de calquera enxeñaría: Física, Química, Matemáticas, Estatística, Informática, …
De igual maneira, é importante que tamén presente coñecementos tanto en contidos tecnolóxicos como os relacionados coa parte da ciencia biomédica: fundamentos de electrónica para biomédica, fundamentos de electricidade, sistemas mecánicos, ciencia e enxeñaría de materiais, bioquímica e bioloxía celular, fisioloxía xeral, estrutura e patoloxía médica e estrutura e patoloxía médico-cirúrxica, bioestatística, …
Por tanto, de acordo cos criterios de valoración de méritos establecidos no seguinte apartado, serán admitidos, no seu caso, sen complementos formativos os graduados/as en Enxeñaría Biomédica provenientes de calquera universidade española e estranxeira que se axusten ás características anteriormente indicadas, sempre tomando como referencia o Grao en Enxeñería Biomédica da Universidade de Vigo.
Para o resto de solicitudes en posesión dun grao en Enxeñería Biomédica que cumpran os requisitos de acceso, pero cun perfil que non se axuste ao plan de estudos de referencia, a comisión académica do mestrado, unha vez analizados os plans de estudos, establecerá os complementos formativos que deberán cursar.
As solicitudes de admisión ao Mestrado en enxeñaría biomédica que cumpran as condicións de acceso e os requisitos específicos de admisión serán avaliadas pola comisión académica do mestrado de conformidade coa seguinte fórmula: nota media do expediente do alumnado/nota media do seu grao.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil de ingreso recomendado é o do Grao en Enxeñaría Biomédica.
Ademais do anterior, considerarase requisito preferente para a admisión a acreditación do nivel B1 en lingua inglesa.
Obxectivos xerais da titulación
- Formación avanzada e preparación para o desempeño profesional no desenvolvemento e aplicación da enxeñaría biomédica en todas as actividades que o requiran
- Proporcionar coñecementos e habilidades para desenvolver e aplicar ideas orixinais en contextos profesionais e de investigación, formular e resolver problemas complexos, tomar decisións e traballar e comunicarse eficazmente en contornos novos e multidisciplinares dentro do campo da enxeñaría biomédica.
- Proporcionar a capacidade de integrar coñecementos, identificar responsabilidades e implicacións éticas, sociais ou profesionais asociadas a situacións no campo da enxeñaría biomédica, e formular xuízos informados considerando o impacto global, económico, ambiental e social.
- Proporcionar a capacidade de deseñar, modelar matematicamente, simular, implementar e xestionar experimentos, sistemas e procesos complexos no campo da enxeñaría biomédica.
- Proporcionar os coñecementos e as habilidades para o deseño e a análise de sistemas, sensores e técnicas para o diagnóstico, a terapia e a monitorización, a capacidade de aplicar os principios da xeración de radiación, de empregar eficazmente a instrumentación e os métodos de observación, e de analizar e interpretar sinais e imaxes no campo da biomedicina.
- Proporcionar a capacidade para desenvolver modelos biomecánicos do sistema musculoesquelético, coñecementos de enxeñaría de tecidos e capacidades para a análise, manexo e deseño de biomateriais avanzados, capacidade para a análise teórica e a modelización dos aspectos mecánicos dos fluídos biolóxicos e capacidades para a aplicación dos principios da electroquímica no campo biomédico.
- Proporcionar a capacidade para xestionar e auditar o desenvolvemento, a produción e a calidade de produtos sanitarios e a capacidade para identificar necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñaría clínica en centros sanitarios.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional
Características
- Este mestrado está pendente de verificación por parte da Xunta de Galicia
O Mestrado en química teórica e modelización computacional ofrece formación avanzada en mecánica cuántica, química cuántica e técnicas computacionais modernas como machine learning, intelixencia artificial e computación de alto rendemento aplicadas á resolución de problemas químicos. Ademais oferta materias optativas especializadas. A docencia impártese en inglés e conta con colaboracións con institucións europeas.
Acceso e admisión
- Expediente académico.
Valolarase a nota media e as notas no ámbito de química física. Poderán ser admitidos outros títulos de grao diferentes a Química ou a Física, sempre que se acredite coñecementos do nivel do Chemistry Eurobachelor" (ou equivalentes) dos temas siguintes: enlace químico, estrutura atómica e molecular e interacciones moleculares, física xeral, química física xeral, termodinámica, cinética e espectroscopía (50 %). - Nivel de inglés e de español acreditado para candidatos/as de terceiros países (20 %).
- Carta de motivación (15 %).
- Referencias de dúas persoas (15 %).
Perfil de ingreso recomendado
Está dirixido principalmente a persoas graduadas en Química ou en Física, aínda que tamén pode acoller titulados/as doutras disciplinas científicas afíns.
Obxectivos xerais da titulación
O Mestrado en química teórica e modelización computacional ten como obxectivo principal formar especialistas cunha visión ampla que combine un profundo coñecemento da Mecánica Cuántica con habilidades en programación. Ten como obxectivo principal formar especialistas cunha visión ampla que combine un profundo coñecemento da mecánica cuántica con habilidades en programación e técnicas computacionais avanzadas como o Machine Learning ou a intelixencia artificial. Para iso, reúne os mellores grupos de investigación de universidades de toda España, integrando ao estudantado en proxectos científicos reais e respondendo á crecente demanda de persoal especializado tanto na investigación pública como na industria privada. O programa promove ademais a internacionalización a través da docencia en inglés e da realización de estancias no estranxeiro.
Plan de estudos
Saídas profesionais
Sectores emerxentes e oportunidades laborais
Industria farmacéutica e biotecnolóxica:
- Deseño racional de fármacos asistido por computadora
- Optimización de procesos de sínteses de biomoléculas
- Análises de interaccións proteína-ligando
Ciencia de materiais
- Desenvolvemento de novos materiais para enerxías renovables
- Deseño de catalizadores para procesos industriais sostibles
- Modelización de nanomateriais e estruturas supramoleculares
Tecnoloxías verdes e sustentabilidade
- Optimización de procesos de captura e almacenamento de CO2
- Desenvolvemento de materiais para celas solares e baterías avanzadas
- Modelización de procesos de reciclaxe e economía circular
Industria química e petroquímica:
- Simulación de procesos químicos a escala industrial
- Optimización de catalizadores para refinería
- Predición de propiedades fisicoquímicas de novos compostos
Preinscrición e matrícula
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
Características
Mestrado interuniversitario no que participan as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo. Trátase dun mestrado presencial con posibilidade de matrícula a tempo parcial.
Acceso e admisión
- Titulación prioritaria: licenciatura ou grao en Química
- É run equisito de admisión ter unha formación previa en aspectos básicos das distintas áreas da química
- Expediente académico da titulación de acceso (85 %)
- Méritos curriculares adicionais (10 %)
- Carta de motivación (5 %)
Perfil de ingreso recomendado
Liicenciatura e grao en Química, Bioquímica, Enxeñaría Química, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Biotecnoloxía, Nanociencias e outras titulacións que inclúan no seu currículum formación en química.
Obxectivos xerais da titulación
O mestrado ten como obxectivo proporcionar unha formación avanzada, teórica e experimental, en distintas áreas da química, e tamén en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas.
Plan de estudos
Saídas profesionais
O mestrado está orientado tanto á investigación como á empresa e á industria relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía química.




