Facultade de Educación e Traballo Social

Equipo de goberno

Decano/a

María Isabel Mociño González

Secretario/a de Facultade

Raquel María Iglesias Domínguez

Vicedecano/a

María Isabel Doval Ruiz
Ana María Iglesias Álvarez
María José Vázquez Figueiredo
Jesús Deibe Fernández Simo

Localización

Campus Universitario As Lagoas s/n
CP: 32004
Ourense

Código do centro

105

    Máster Universitario en Trabajo Social en el ámbito sanitario

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    8
    Código
    10418

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Francisco Javier Aguiar Fernández

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Prevención y Abordaje Multidisciplinar de las Drogodependencias y Conductas Adictivas

    Ciencias de la Salud
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    10
    Código
    11602

    O mestrado ofrece unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar no ámbito das drogodependencias e outras condutas aditivas. Integra coñecementos procedentes da psicoloxía, medicina, enfermaría, traballo social, educación social, farmacia, dereito, criminoloxía e ciencias sociais, cun enfoque biopsicosocial, comunitario, clínico, educativo e de saúde pública. A titulación presta especial atención á prevención, avaliación, intervención, tratamento, redución de riscos e danos, reinserción social, patoloxía dual, adiccións comportamentais, perspectiva de xénero e atención a colectivos vulnerables.
     
    Acceso e admisión

    A admisión valorarase atendendo ao expediente académico, á afinidade da titulación de acceso, á experiencia profesional ou investigadora no ámbito das adiccións, á formación complementaria relacionada e á motivación da persoa solicitante. O expediente académico terá un peso máximo do 60 %, mentres que o resto dos méritos poderá acadar ata o 40 %. A comisión académica do mestrado poderá valorar de maneira individualizada cada solicitude e, cando sexa necesario, establecer complementos formativos para garantir o adecuado aproveitamento da titulación.
     
    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado está dirixido preferentemente a persoas tituladas en Medicina, Psicología, Enfermaría, Farmacia, Traballo Social, Educación Social, Pedagoxía, Dereito, Criminoloxía, Socioloxía, Terapia Ocupacional e outras titulacións afíns dos ámbitos sanitario, social, educativo ou xurídico. Tamén resulta especialmente adecuado para profesionais que desenvolvan ou queiran desenvolver a súa actividade en programas de prevención, asistencia, tratamento, acompañamento social, reinserción ou investigación no ámbito das drogodependencias, condutas aditivas e saúde mental.
     
    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo xeral do mestrado é formar e dotar de competencias e habilidades profesionais capaces de comprender, avaliar, previr e intervir nas drogodependencias e nas condutas aditivas desde unha perspectiva multidisciplinar, ética, baseada na evidencia científica e sensible ao xénero. Preténdese capacitar o alumnado para deseñar, aplicar e avaliar programas preventivos e terapéuticos, coñecer os recursos asistenciais e comunitarios, abordar situacións de patoloxía dual e vulnerabilidade, utilizar ferramentas de avaliación e investigación, e comunicar os seus resultados a públicos especializados e non especializados.
     
    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    As persoas tituladas poderán desenvolver a súa actividade en unidades asistenciais de drogodependencias, centros de saúde mental, entidades do terceiro sector, programas de prevención comunitaria, escolar e familiar, concellos, administracións públicas, servizos sociais, dispositivos de redución de riscos e danos, programas de reinserción social, clínicas e entidades especializadas en condutas aditivas. Ademais, o máster ofrece unha orientación investigadora que permite a participación en proxectos de investigación e o acceso a programas de doutoramento en ámbitos afíns.
     
    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Manuel Isorna Folgar

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obligatoria, Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza en Idiomas. Ciencias Experimentales, Matemáticas y Tecnología

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M066V02

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     
    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).
    • Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:
    • Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    • Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    • Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    • Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    • Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    • Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    • Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    • Trátase dun título oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.
    • Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados cos estudos.
    • Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
    • Saber comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan) a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
    • Poseer as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que será en gran medida autodirixido ou autónomo.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido González

    Datos de contacto

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obligatoria, Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza en Idiomas. Ciencias Sociales, Geografía e Historia

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M066V04

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     
    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Currículum vítae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    • Resto do currículum vítae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos, etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obligatoria, Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza en Idiomas. Ciencias Sociales, Humanidades

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    20
    Código
    O02M066V05

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.
     
    Acceso e admisión

    • Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    • Currículum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obligatoria, Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanza en Idiomas. Orientación

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    12
    Código
    O02M066V06

    Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaje y Procesos Cognitivos

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código
    O05M053V01

    O Mestrado en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos é unha vía de especialización na investigación psicoeducativa. Complementa a formación recibida nas titulacións que habilitan para o desempeño de labores docentes, de orientación e intervención psicopedaxógica. A formación ofrecida permite profundar no estudo, explicación, identificación e intervención nas dificultades de aprendizaxe e no deseño de sistemas de mellora que contribúan a optimizar a aprendizaxe do alumnado en idade escolar. Esta titulación pretende mellorar as competencias dos profesionais do ámbito educativo formal para realizar de maneira máis efectiva a súa actividade profesional. 
     
    Acceso e admisión

    Criterios de admisión

    • Graduadas/os en Educación Primaria e Infantil (10 prazas)
    • Titulada/os en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía (5 prazas)
    • Mestre/a especialista en Educación Especial, Audición e Linguaxe, Educación Infantil, Educación Primaria, Linguas Estranxeiras, Educación Física e Educación Musical (5 prazas)
    • Mestres/as de ensino secundario, primaria e infantil en activo (3 prazas)
    • Estranxeiros/as alleos ao EEES de titulación equivalente a Psicoloxía ou Psicopedagoxía (1 praza)
    • Persoas con discapacidade (1 praza)

    NOTA: As prazas que queden libres nun rango poderán ser ocupadas por solicitantes doutros rangos seguindo a orde anterior.

    Así mesmo, terase en conta como requisitos de admisión e/ou criterios de valoración de méritos os seguintes:

    • Nota media do expediente académico dos graduados/as en Educación Primaria e Infantil, titulados/as en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, mestre/a especialista en Educación Especial, Audición e Linguaxe, Educación Infantil e Primaria, Linguas Estranxeiras, Educación Física e Musical. O mesmo para os estranxeiros alleos ao EEES
    • Independentemente da titulación de acceso, anos de servizo para os mestres de ensino secundario, primaria e infantil en activo

    Perfil de ingreso recomendado

    • Diplomada/o, licenciada/o ou graduada/o nunha titulación do ámbito da educación ou experiencia profesional no ámbito educativo
    • Competencias previas relacionadas co ámbito de coñecemento da psicoloxía e a educación
    • Interese pola investigación e pola realización da tese de doutoramento
    • Coñecementos de inglés
    • Coñecementos de TIC a nivel de usuario
    • Disposición para o traballo en equipo
    • Capacidade para o compromiso social e ético

    Obxectivos xerais da titulación

    Obxectivos xerais: 

    • Adquirir unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, orientada a comprender o estado actual da investigación no campo das dificultades de aprendizaxe, o rendemento académico e os procesos cognitivos.
    • Coñecer e aplicar métodos e técnicas cualitativas e cuantitativas para o inicio de tarefas de investigación neste campo de coñecemento.

    Obxectivos específicos:

    • Comprender e analizar sistematicamente o funcionamento dos procesos cognitivos, as súas implicacións nas dificultades de aprendizaxe e no rendemento académico.
    • Aplicar procedementos de avaliación cognitiva, interpretar as súas puntuacións e derivar sistemas de intervención en función das necesidades detectadas e dos contextos.
    • Dominar habilidades e métodos de investigación no campo das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos.
    • Deseñar, planificar e levar a cabo investigacións para contribuír científicamente ao avance do coñecemento neste campo.
    • Analizar criticamente, avaliar e sintetizar novas propostas de explicación, avaliación e intervención nas dificultades de aprendizaxe escolar.
    • Divulgar os resultados tanto no ámbito académico como na sociedade no seu conxunto.

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    Segundo os criterios fixados pola comisión autonómica de habilitacións de Galicia, o título oficial de Mestrado en dificultades de aprendizaxe e procesos cognitivos habilita para impartir docencia na especialidade de Pedagoxía terapéutica nos centros privados as persoas que posúan os títulos de graduado/a en Educación Primaria, mestre/a, diplomado/a en EXB ou mestre/a de primeiro ensino sen mención ou especialidade.

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Del Mar García Señorán

    Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar en la Diversidad en Contextos Educativos

    Ciencias Sociales y Jurídicas
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    32
    Código
    O05M138V01

    Convivir coa diversidade e, sobre todo, aprender dela e con ela é un requisito necesario para o desenvolvemento harmónico das sociedades actuais.

    Este mestrado xorde da constatación de que nos ámbitos educativos está presente esa diversidade. Nin as institucións nin os profesionais que nelas exercen poden ignorar tal situación e as necesidades específicas que xorden dela; deben atender as novas esixencias reclamadas dende unha realidade moi complexa que require ao tempo igualdade de oportunidades, compensación das desigualdades e dereito á diferenza.
     
    Acceso e admisión

    A selección realizarase por expediente académico, dentro dos diferentes grupos:

    • 22 prazas para graduados/as en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Social, Traballo Social, Pedagoxía ou Psicoloxía, así como para titulados/as en estudos universitarios extinguidos equivalentes.
    • 6 prazas para quen posúa outros títulos universitarios oficiais españois ou calquera outra titulación oficial equivalente. De non cubrirse as prazas deste último grupo acumularanse ao colectivo anterior.
    • 2 prazas para estudantado estranxeiro do EEES, con estudos relacionados coa educación ou a intervención social ou socioeducativa. Deberán posuír dominio oral e escrito aceptable do español, galego ou portugués. No caso de non ser cubertas estas prazas poderán ser acumuladas ao primeiro grupo.
    • 2 prazas para estudantado estranxeiro alleo ao EEES, cos requisitos mencionados no grupo anterior.
       
    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil idóneo de ingreso para o estudantado do mestrado é o de persoas con intereses transversais especialmente vinculadas coas relacións interpersoais:

    • Interesarse polo desenvolvemento humano e comunitario.
    • Saber traballar en grupo, en equipos multidisciplinares e en contextos de diversidade.
    • Posuír capacidade crítica, autocrítica e compromiso ético.
    • Interesarse pola formación democrática e solidaria e a resolución de conflitos.

    Ao mesmo tempo e, dado o carácter de intervención do mestrado, o estudantado deberá ser capaz de asumir situacións de risco, ser creativo, e ser capaz de deseñar e avaliar programas de intervención educativa.
     
    Obxectivos xerais da titulación

    • Adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e ben fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo.
    • Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a súa comprensión, a súa base científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e imprecisas, incluíndo contextos multidisciplinares tanto de investigadores como de profesionais altamente especializados.
    • Saber avaliar e seleccionar a teoría científica axeitada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa necesario e relevante, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética vinculada á solución proposta en cada caso.
    • Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo novas e innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional específico, xeralmente multidisciplinar, no que se desenvolve a súa actividade.
    • Ser capaz de transmitir de forma clara e inequívoca a un público especializado ou non especializado os resultados da investigación científica e tecnolóxica ou do campo da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes nos que se basean.
    • Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu campo temático, en contextos interdisciplinares e, se é o caso, cun alto compoñente de transferencia de coñecemento.
    • Ser capaz de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e especialización nun ou máis campos de estudo.
    • Ampliando a formación dende estudos de primeiro ciclo, relacionada tanto cos campos conceptuais da diversidade en contextos educativos formais e non formais, como sendo capaz de ofrecer novas iniciativas na resolución de problemas, nas que a fundamentación teórica sexa tan importante como o grao de orixinalidade e adaptación a contextos específicos.
    • Unha formación multidisciplinar, pedagóxica, didáctica, psicolóxica e sociocultural , sendo capaz de integrar coñecementos e aplicalos na resolución de problemas en contextos pouco coñecidos ou totalmente novos relacionados coa materia do mestrado.
    • Ser capaz de integrar a formación teórica e a práctica para emitir xuízos de valor ante situacións complexas e ambiguas de diversidade individual e cultural, e para as que se dispón de información limitada.
    • Ser conscientes das implicacións persoais e sociais que poden derivarse das nosas decisións, especialmente ao tratar con grupos que poden sufrir algún tipo de marxinalización causada pola súa diferenza.
    • Comunicar de forma clara e eficaz as conclusións extraídas de estudos ou decisións tomadas como profesionais, tanto a públicos especializados como, especialmente, a públicos máis relacionados co mundo laboral (outros compañeiros, xestores administrativos, etc.) e aos usuarios dos servizos educativos e sociais aos que se dirixen.
    • Desenvolver un proceso de formación continua, en liña coa aprendizaxe ao longo da vida, unha vez adquiridas as competencias relacionadas coa autonomía e a autoaprendizaxe.
       
    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Rubén González Rodríguez

    Máster Universitario en Desafíos de las Ciudades

    Ingeniería y Arquitectura
    Campus de Ourense

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    90
    Número de cursos
    2
    Prazas
    6
    Código
    O05M190V01

    O mestrado nace co obxectivo de analizar os desafíos actuais das cidades e as súas respectivas respostas para transformalas en cidades sostibles, intelixentes, eficientes, resilientes e inclusivas. 

    O título, que xorde no marco do proxecto Universidade sem Fronteiras (UNISF), ofrece un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, das dúas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como de políticas, plans e intervencións, adquirindo competencias profesionais avanzadas para intervir ben en institución públicas ou en empresas privadas implicadas no desenvolvemento do territorio.
     
    Acceso e admisión

    Criterios de admisión

    • Adecuación da titulación de acceso e do currículo aos contidos do mestrado. 
    • Expediente académico.
    • Outros méritos relacionados co ámbito do mestrado (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas cos obxectivos do mestrado etc.).

    O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total, e os outros méritos un peso máximo do 30 %.
     
    Perfil de ingreso recomendado

    O mestrado diríxese fundamentalmente ao seguinte público:

    • Persoas cun título de grao. 
    • Sector público: postos de alta responsabilidade na función pública, en particular ao servizo de municipios, institucións rexionais e nacionais.
    • Postos de alta dirección no exercicio privado, en particular de empresas de consultoría con intervención en entidades públicas e privadas con participación no desenvolvemento e planificación do territorio.
    • Postos de xerencia e liderado con intervención nas cidades que apoian directamente cargos con responsabilidade política.

    Obxectivos xerais da titulación

    Analizar os desafíos e as respostas para os dominios que apoian unha cidade sostible.
     
    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    O alumnado egresado da titulación obterá un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, as súas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como sobre políticas, plans e intervencións, ao adquirir competencias profesionais avanzadas para intervir tanto en institucións públicas (gobernos rexionais, municipais, locais e outras entidades de xestión do territorio) como en empresas privadas con intervención no desenvolvemento do territorio.
     
    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Ainoa Zabalza Cerdeiriña