Informática
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde
Características
Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística está composto ao unísono pola formación, a investigación e a innovación. O Mestrado universitario en dirección e planificación do turismo interior e de saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.
A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmite o profesorado, fan que este mestrado se adapte ao mercado laboral e, por conseguinte, brinde posibilidades reais en termos laborais.
Acceso e admisión
O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao) e reservarase o 80 % das prazas, tanto na modalidade presencial como semipresencial, para os titulados/as en Turismo.
En ambas as modalidades, na selección valórase:
- Expediente académico
- Experiencia profesional
- Estancias no estranxeiro
- Coñecemento de idiomas
- Outros méritos
Obxectivos xerais da titulación
- Formar o alumnado na xestión de organizacións turísticas, así como no deseño de novos produtos/paquetes turísticos ou na planificación de proxectos de desenvolvemento turístico, coa súa posterior aplicación e posta en marcha.
- Promover o contacto directo co sector turístico.
- Ofrecer unha visión integrada dos diferentes subsistemas que conforman o sistema de organización/empresa no sector turístico.
- Coñecer e comprender a evolución do turismo.
Plan de estudos
Saídas profesionais
A través deste mestrado o alumnado adquirirá coñecementos vinculados co turismo desde ámbitos como a xestión, planificación ou mercadotecnia ata temas máis específicos ligados á especialidade do mestrado, Turismo interior e Turismo de saúde. É por iso que o estudantado que finaliza esta titulación está preparado para traballar nos seguintes campos:
- Dirección de empresas e actividades turísticas (especialidade de Turismo interior e de saúde)
- Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
- Formación e asesoramento no campo turístico
- Emprendemento de actividades turísticas
- Investigación de mercados turísticos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Desafíos das Cidades
Características
O mestrado nace co obxectivo de analizar os desafíos actuais das cidades e as súas respectivas respostas para transformalas en cidades sostibles, intelixentes, eficientes, resilientes e inclusivas.
O título, que xorde no marco do proxecto Universidade sem Fronteiras (UNISF), ofrece un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, das dúas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como de políticas, plans e intervencións, adquirindo competencias profesionais avanzadas para intervir ben en institución públicas ou en empresas privadas implicadas no desenvolvemento do territorio.
Acceso e admisión
Criterios de admisión
- Adecuación da titulación de acceso e do currículo aos contidos do mestrado.
- Expediente académico.
- Outros méritos relacionados co ámbito do mestrado (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas cos obxectivos do mestrado etc.).
O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total, e os outros méritos un peso máximo do 30 %.
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado diríxese fundamentalmente ao seguinte público:
- Persoas cun título de grao.
- Sector público: postos de alta responsabilidade na función pública, en particular ao servizo de municipios, institucións rexionais e nacionais.
- Postos de alta dirección no exercicio privado, en particular de empresas de consultoría con intervención en entidades públicas e privadas con participación no desenvolvemento e planificación do territorio.
- Postos de xerencia e liderado con intervención nas cidades que apoian directamente cargos con responsabilidade política.
Obxectivos xerais da titulación
Analizar os desafíos e as respostas para os dominios que apoian unha cidade sostible.
Plan de estudos
Saídas profesionais
O alumnado egresado da titulación obterá un amplo coñecemento dos problemas urbanos contemporáneos, as súas diversidades, evolucións e posibles solucións, así como sobre políticas, plans e intervencións, ao adquirir competencias profesionais avanzadas para intervir tanto en institucións públicas (gobernos rexionais, municipais, locais e outras entidades de xestión do territorio) como en empresas privadas con intervención no desenvolvemento do territorio.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Características
O Mestrado en intelixencia artificial é un programa interuniversitario, impartido pola UDC, USC e UVigo. Está deseñado como un programa integral para a formación de profesionais e emprendedores neste campo. O avance das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de sistemas intelixentes requiren profesionais con competencias en numerosas áreas: informática, matemáticas, estatística e empresariais.
Este mestrado satisfará as necesidades de diversos sectores empresariais que requiren cada vez máis persoas expertas no desenvolvemento de sistemas intelixentes. Estudos recentes destacan esta profesión como unha das máis demandadas e mellor remuneradas.
Acceso e admisión
- Acreditación do nivel B1 de inglés do marco común europeo de referencia, nos termos que determine a comisión de selección e admisión de estudantes, dado que o título se imparte integramente en inglés.
O alumnado que solicite a súa admisión neste título debe contar, preferentemente, con algunha das seguintes titulacións universitarias de grao, licenciatura ou enxeñaría técnica nos seguintes ámbitos (incluíndo aqueles títulos con denominacións equivalentes ou alternativas ás incluídas na listaxe):
- Enxeñaría informática
- Ciencia e enxeñaría de datos
- Intelixencia artificial
- Robótica
- Matemáticas
- Física
- Enxeñaría de telecomunicacións
- Enxeñaría industrial
No caso do alumnado que solicite a súa admisión e posúa un título diferente aos incluídos na listaxe anterior, valorarase a súa admisión en función de que poida xustificar que os seus estudos previos conduciran á adquisición dos coñecementos recomendados incluídos nesta mesma sección. Non se prevén complementos formativos para adquirir os coñecementos básicos previos.
Os baremos cos que se avaliarán as solicitudes de ingreso basearanse nos seguintes aspectos:
- Expediente académico
- Outros méritos relacionados co ámbito da intelixencia srtificial (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas co ámbito da intelixencia artificial etc.)
O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total e os outros méritos un peso máximo do 30 %. Os criterios concretos para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula.
Perfil de ingreso recomendado
O perfil idóneo do estudantado que accede a este título de mestrado pode describirse en función dun conxunto de habilidades e coñecementos ben identificados e da súa formación académica previa.
Como coñecementos recomendados indícanse os seguintes:
- Matemáticas (análises, álxebra lineal, xeometría, estatística básica e probabilidade)
- Programación, estruturas de datos e algoritmos
- Fundamentos de estrutura de computadores
Entre as habilidades desexables no alumnado que ingrese no programa formativo pódense citar as seguintes:
- Capacidade básica no manexo das novas tecnoloxías
- Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico
- Capacidade de traballo en equipo
- Sentido da organización, atención ao detalle e sentido práctico
- Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación e espírito emprendedor
- Interese polos avances científicos e tecnolóxicos
Obxectivos xerais da titulación
Os obxectivos do plan de estudos do mestrado son os seguintes:
- Formar a profesionais con capacidade de desenvolver sistemas intelixentes para axudar na toma de decisións no ámbito científico e empresarial.
- O estudantado deste mestrado será capaz de xerar solucións prácticas a problemas tecnolóxicos, empresariais e sociais.
- Combinando o estudo de materias como as matemáticas e a informática, co manexo avanzado das novas tecnoloxías dixitais da información e a comunicación (estatística, intelixencia artificial, aprendizaxe autónoma…) o estudatando egresado desta titulación converterase nun perfil moi atractivo á hora de cubrir as necesidades que se están dando no mercado laboral.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección TIC para a Defensa
Características
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Características
O Mestrado interuniversitario en biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión impártese nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e proporciónalle ao alumnado unha formación avanzada e especializada nestes estudos. O obxectivo é formar profesionais para empresas de consultoría ambiental, empresas ambientais e administracións e mellorar os coñecementos das persoas profesionais xa dedicadas a esta actividade. Ademais fórmanse novas persoas investigadoras para incorporar en equipos de investigación de centros públicos e empresas relacionados coa caracterización, a conservación e a xestión da biodiversidade terrestre.
Acceso e admisión
Se o número de estudantes con interese en realizar o mestrado é superior ao límite de prazas establecido, realizarase unha selección en función dos seguintes criterios:
- Daráselle preferencia ao estudantado dos graos en Bioloxía, ordenados por expediente académico.
- O alumnado das titulacións de Ciencias Ambientais, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural e Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria seguirá sendo ordenado por expediente académico.
- Finalmente, o estudantado das licenciaturas en Farmacia, Química, Veterinaria e Ciencias Mariñas (así como doutras licenciaturas de ciencias, se así o decide a comisión académica interuniversitaria), ordenado por expediente académico.
Obxectivos xerais da titulación
O mestrado ten un enfoque fundamentalmente práctico, co obxectivo de dotar o alumnado de todas as ferramentas que poida necesitar no futuro. Esta perspectiva é nova dentro do sistema universitario español porque, ata a data, ningún outro programa de grao comparte este enfoque.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección de PEMES
Características
O Mestrado en dirección de pemes é un título oficial de posgrao da Universidade de Vigo adaptado ao espazo europeo de educación superior e deseñado cun enfoque moi práctico e orientado á realidade das pemes que constitúen a gran maioría do noso tecido empresarial.
O noso obxectivo é formar profesionais capaces de adaptarse aos novos retos que supón o contexto económico actual, que obriga ás empresas a actuar baixo a presión dunhas crecentes esixencias competitivas, nun ambiente laboral incerto, cuxa única constante é o cambio e a continua obsolescencia dos coñecementos que adquirimos.
As pemes, o verdadeiro motor da economía, non poden permanecer alleas a este contorno e ese é precisamente o obxectivo deste mestrado. Centrámonos en axudar aos seus directivos/as actuais e futuros a mellorar as súas habilidades, desenvolver actitudes como a iniciativa, o traballo en equipo e o pensamento crítico, e adquirir as ferramentas esenciais para xestionar con éxito o complexo panorama empresarial. Tratamos aspectos críticos como a aplicación da tecnoloxía nos procesos empresariais, a toma de decisións, o liderado e a innovación, entre outros. Isto permítelle ao noso estudantado navegar con facilidade no mundo empresarial actual en constante cambio.
Acceso e admisión
- Nota media do expediente académico: máximo 4 puntos (nota media simple, sen contar os exames suspensos ou suspendidos).
- Experiencia profesional en actividades relacionadas coa titulación: 1 punto (experiencia dun ano ou máis).
- Cursos sobre temas de xestión e administración de empresas (organizados pola universidade ou por organismos de recoñecido prestixio vinculados coa actividade empresarial (cámaras de comercio, IGAPE, colexios profesionais etc.): máximo 1 punto.
A docencia no mestrado impártese maioritariamente en español. Por iso, será necesario demostrar como mínimo un nivel B2 de español e será recomendable un nivel C1. A comisión académica do mestrado poderá solicitarlles ás persoas a presentación de documentos acreditativos de posuír o nivel de español requirido, así como a realización dunha entrevista persoal por videoconferencia, ou outro tipo de requerimentos que consideren necesarios, co fin de comprobar o adecuado cumprimento deste requisito. O incumprimento deste requisito á xuízo da comisión, ou non atender os seus requerimentos neste sentido suporán a desestimación da solicitude de admisión.
Perfil de ingreso recomendado
- Persoas tituladas con formación universitaria previa, en áreas non necesariamente relacionadas coa actividade empresarial e con inquietudes emprendedoras.
- Persoas con coñecementos e/ou experiencia profesional no mundo da empresa, que necesitan complementar a formación, adquirir novas ferramentas, criterios e métodos de xestión actuais, para incorporarse ao mercado laboral en mellores condicións ou, se xa son profesionais en activo, para optar a postos de maior responsabilidade.
- Persoas con formación en áreas distintas á de negocios, que necesitan unha formación complementaria que lles habilite para o exercicio profesional no mundo da empresa.
Obxectivos xerais da titulación
O Mestrado en xestión de pemes foi deseñado precisamente para responder a esta nova demanda do mercado profesional: a necesidade de adquirir un alto grao de especialización e unha mellora das capacidades dos e das profesionais que desenvolverán a súa actividade profesional no mundo empresarial e, en particular, no ámbito das pemes que constitúen a maioría do tecido empresarial actual.
Polo tanto, o obxectivo deste mestrado é proporcionar unha formación integral que lle permita ao alumnado experimentar o estado actual do panorama empresarial global, proporcionándolle unha visión global e estratéxica da actividade empresarial e dotándoo dunha ampla gama de ferramentas de análise e toma de decisións, principalmente a través da aprendizaxe experiencial.
Este mestrado permite:
- Familiarizarse co entorno económico, xurídico e social no que opera a empresa, desde unha perspectiva global.
- Desenvolver unha visión integral e os coñecementos necesarios para a xestión e dirección das pemes: o funcionamento xeral das empresas e as técnicas de xestión dos seus recursos.
- Comprender os principais ámbitos das pemes e os modelos de xestión específicos para cada unha delas.
- Obter unha visión xeral, cun enfoque práctico, de como as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) poden contribuír á mellora da xestión empresarial, analizando as principais aplicacións que permiten a explotación da información e o coñecemento, xerados tanto dentro como fóra da empresa, os factores críticos a considerar para a súa implementación e os potenciais beneficios.
- Dominar as ferramentas analíticas necesarias para a toma de decisións eficaz.
- Identificar oportunidades de negocio, investigar o seu potencial e abordar a súa posta en marcha.
- Deseñar un plan de márketing adaptado ás necesidades da empresa.
- Desenvolver e fortalecer as habilidades e actitudes persoais necesarias para os postos directivos: xestión do coñecemento, innovación, creatividade, traballo en equipo, compromiso, toma de decisións...
En definitiva, trátase de comprender mellor o mundo empresarial e adquirir as habilidades necesarias para un mellor desenvolvemento profesional e para achegar valor á túa empresa.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Datos de contacto
Máster Universitario en Comercio Internacional - Presencial
Características
Este título de mestrado está moi solicitado por parte das empresas da nosa rexión, que, inmersas na crecente globalización, requiren persoas con talento que as apoien. Combina profesorado académico con profesionais con experiencia e responsabilidade no comercio internacional.
Acceso e admisión
- Titulación académica para o acceso:
- Título en Comercio (3,5 puntos).
- Outras titulacións en formación económica (3 puntos): diplomatura en Ciencias Empresariais, licenciatura ou graos en Administración e Dirección de Empresas, licenciatura en Economía, Dereito Económico ou similar.
- Outras titulacións con formación xurídica e social (2,5 puntos): Dereito, Ciencias Políticas, Publicidade ou similar.
- Cualificacións técnicas (2 puntos): Enxeñaría [en organización industrial + 0,5 puntos].
- Outras titulacións (1,5 puntos): Tradución e Interpretación, Filoloxía Inglesa e Licenciatura en Linguas Estranxeiras.
- Cualificacións non mencionadas (0,5 puntos).
Nota: Se unha cualificación non se especifica nesta lista, a comisión académica decidirá que puntuación asignar. No caso de varias cualificacións, a que teña a puntuación máis alta será a que se teña en conta para os efectos de admisión.
- Nota media (escala de 1 a 4): (ata 4 puntos) (nota media simple segundo o RD 1497/87, excluíndo ausencias e suspensos). Para estudos universitarios estranxeiros, a equivalencia da nota media española debe solicitárselle ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
- Experiencia profesional en comercio internacional dun ano ou máis: (1 punto). Deberá acreditarse mediante un certificado da empresa no que se indique a duración do contrato e as tarefas realizadas, así como o historial laboral.
- Inglés (B2: 1 punto; C1: 1,5 puntos; C2: 2 puntos): (máximo 2 puntos).
- Segunda lingua estranxeira (B2 ou superior: 1 punto).
Perfil de ingreso recomendado
- Titulada/os universitarias/os interesados no comercio internacional e nas operacións empresariais co exterior.
- O coñecemento de idiomas valórase positivamente porque é unha ferramenta de traballo básica.
- Persoas proactivas con ganas de achegar valor ben a través dos seus proxectos ou participando de proxectos en marcha.
- Dada a temática, o alumnado alleo ao espazo europeo de educación superior (EEES) é benvido. Neste sentido, o mestrado colabora con proxectos e outras universidades europeas.
Obxectivos xerais da titulación
- Posuír e comprender coñecementos que proporcionan unha base ou a oportunidade de ser orixinal no desenvolvemento e aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
- Ser capaz de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, aínda que incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar as conclusións, coñecementos e razóns subxacentes, a públicos tanto especializados como non especializados dun xeito claro e inequívoco.
- Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun xeito autodirixido ou autónomo.
Plan de estudos
Saídas profesionais
Un dos grandes valores do mestrado e é que é un mercado laboral en auxe e con forte proxección. Algunhas das oportunidades que abre son:
- Director/a ou responsable de internacionalización en empresas ou entidades financeiras
- Departamento comercial, de mercadotecnia ou de transporte e loxística dunha empresa internacionalizada
- Xestor/a de internacionalización
- Departamento loxístico ou de aduanas dunha consignataria ou unha transitaria.
- Empresas de consultoría internacional.
- Consultoría en organismos (cámaras de comercio, ICEX, organismos internacionais: FAO, BID, BAS, EU etc.)
- Consultor/a en compañías de seguros de créditos á exportación (CESCE, COFACE, crédito e caución etc.)
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Comercio Internacional - Non Presencial

Máster Universitario en Enxeñaría Informática
Características
O Mestrado en enxeñaría informática ten como obxectivo principal a formación de profesionais altamente cualificados, capaces de planificar, deseñar, dirixir, coordinar e xestionar proxectos, produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática.
Obtivo o selo internacional EUROINF en maio de 2023. Trátase dun certificado outorgado pola Rede europea de garantía da calidade a educación en informática (EQANIE) que certifica que un programa de formación en enxeñaría de nivel de licenciatura ou de mestrado cumpre cos estándares internacionais establecidos por académicos/as e profesionais que colaboran coa dita axencia.
O mestrado conta con tres orientacións ou especializacións cun alto nivel de empregabilidade na contorna socioeconómica galega e española:
- Investigación en enxeñaría informática
- Seguridade da información en sistemas e redes
- Desenvolvemento de grandes sistemas de software
Acceso e admisión
Poderá acceder o alumnado que estea en disposición dun dos seguintes títulos académicos:
- Grao en Informática
- Enxeñaría técnica en Informática de Xestión, enxeñaría técnica en Informática de Sistemas ou diplomatura en Informática
- Enxeñaría ou Licenciatura en Informática
- Títulos de grao da rama de arquitectura e enxeñaría
- Títulos de grao da rama de ciencias
- Outros títulos obtidos en sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos mesmos
Se es graduado/a en Enxeñaría Informática ou enxeñeiro/a técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, non tes que cursar complementos formativos. Noutros casos será a comisión académica a que determine se é preciso cursar con carácter previo ata 48 créditos ECTS de complementos formativos ou non.
Perfil de ingreso recomendado
Aínda que se permite a formación de diversos colectivos, existen dous perfís de ingreso fundamentais:
- Persoas co título de Grao en Enxeñaría Informática e que desexen continuar os estudos para obter unha titulación de segundo ciclo.
- Alumnado con títulos LRU relacionados coa informática (enxeñeiro/a técnico en Informática, diplomado/a en Informática, enxeñeiro/a en Informática ou licenciado/a en Informática) e que desexa transformar o seu título para adaptar o seu currículo á nova estrutura de formación definida polo espazo superior de educación europeo.
Obxectivos xerais da titulación
- Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todas as áreas da enxeñaría informática.
- Capacidade para xestionar a construción e instalación de sistemas informáticos, cumprindo a normativa vixente e garantindo a calidade do servizo.
- Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares.
- Capacidade para a modelización matemática, o cálculo e a simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresas, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todas as áreas relacionadas coa enxeñaría informática.
- Capacidade para desenvolver, planificar estratexicamente, dirixir, coordinar e xestionar proxectos técnicos e económicos en todas as áreas da enxeñaría informática seguindo criterios de calidade e ambientais.
- Capacidade para a dirección xeral, a dirección técnica e a xestión de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación, en empresas e centros tecnolóxicos, no ámbito da enxeñaría informática.
- Capacidade para poñer en marcha, dirixir e xestionar procesos de fabricación de equipos informáticos, garantindo a seguridade das persoas e os bens, a calidade final dos produtos e a súa homologación.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar estes coñecementos.
- Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontoloxía profesional da actividade da profesión de enxeñeiro/a en informática.
- Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, a regulación e a estandarización das tecnoloxías da información.
Plan de estudos
Saídas profesionais
Profesión para as que capacita o título: enxeñeiro/a informático
Nota: a profesión non conta con atribucións profesionais, pero si existe un marco legal de referencia sobre a profesión (Resolución do 8 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Universidades, polo que se establecen recomendacións para a proposta polas universidades de memorias de solicitude de títulos oficiais nos ámbitos da enxeñaría informática, enxeñaría técnica informática e enxeñaría química. BOE-A-2009-12977).
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde - Semipresencial
Características
Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística está composto ao unísono pola formación, a investigación e a innovación. O Mestrado universitario en dirección e planificación do turismo interior e de saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.
A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmite o profesorado, fan que este mestrado se adapte ao mercado laboral e, por conseguinte, brinde posibilidades reais en termos laborais.
Acceso e admisión
O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao) e reservarase o 80 % das prazas, tanto na modalidade presencial como semipresencial, para os titulados/as en Turismo.
En ambas as modalidades, na selección valórase:
- Expediente académico
- Experiencia profesional
- Estancias no estranxeiro
- Coñecemento de idiomas
- Outros méritos
Obxectivos xerais da titulación
- Formar o alumnado na xestión de organizacións turísticas, así como no deseño de novos produtos/paquetes turísticos ou na planificación de proxectos de desenvolvemento turístico, coa súa posterior aplicación e posta en marcha.
- Promover o contacto directo co sector turístico.
- Ofrecer unha visión integrada dos diferentes subsistemas que conforman o sistema de organización/empresa no sector turístico.
- Coñecer e comprender a evolución do turismo.
Plan de estudos
Saídas profesionais
A través deste mestrado o alumnado adquirirá coñecementos vinculados co turismo desde ámbitos como a xestión, planificación ou mercadotecnia ata temas máis específicos ligados á especialidade do mestrado, Turismo interior e Turismo de saúde. É por iso que o estudantado que finaliza esta titulación está preparado para traballar nos seguintes campos:
- Dirección de empresas e actividades turísticas (especialidade de Turismo interior e de saúde)
- Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
- Formación e asesoramento no campo turístico
- Emprendemento de actividades turísticas
- Investigación de mercados turísticos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde - Non presencial
Características
- Nunha sociedade do coñecemento, o triángulo da intelixencia turística está composto ao unísono pola formación, a investigación e a innovación. O Mestrado universitario en dirección e planificación do turismo interior e de saúde oferta a formación e prepara para a investigación e a innovación.
A calidade do programa e do profesorado (académicos, investigadores e profesionais do sector turístico), o nivel de especialización e a capacidade que ofrece para realizar prácticas en empresas, unido a unha metodoloxía de ensino que prima o traballo en equipo e presenta a posibilidade de aprender mediante a análise e a resolución dos casos reais, e as experiencias e coñecementos que transmite o profesorado, fan que este mestrado se adapte ao mercado laboral e, por conseguinte, brinde posibilidades reais en termos laborais.
Acceso e admisión
O requisito principal é ter unha titulación universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao) e reservarase o 80 % das prazas, tanto na modalidade presencial como semipresencial, para os titulados/as en Turismo.
En ambas as modalidades, na selección valórase:
- Expediente académico
- Experiencia profesional
- Estancias no estranxeiro
- Coñecemento de idiomas
- Outros méritos
Obxectivos xerais da titulación
- Formar o alumnado na xestión de organizacións turísticas, así como no deseño de novos produtos/paquetes turísticos ou na planificación de proxectos de desenvolvemento turístico, coa súa posterior aplicación e posta en marcha.
- Promover o contacto directo co sector turístico.
- Ofrecer unha visión integrada dos diferentes subsistemas que conforman o sistema de organización/empresa no sector turístico.
- Coñecer e comprender a evolución do turismo.
Plan de estudos
Saídas profesionais
A través deste mestrado o alumnado adquirirá coñecementos vinculados co turismo desde ámbitos como a xestión, planificación ou mercadotecnia ata temas máis específicos ligados á especialidade do mestrado, Turismo interior e Turismo de saúde. É por iso que o estudantado que finaliza esta titulación está preparado para traballar nos seguintes campos:
- Dirección de empresas e actividades turísticas (especialidade de Turismo interior e de saúde)
- Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento de recursos turísticos
- Formación e asesoramento no campo turístico
- Emprendemento de actividades turísticas
- Investigación de mercados turísticos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
Características
O Mestrado en enxeñaría aeronáutica é un título oficial que habilita para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico, de acordo coa Orde CIN/312/2009, do 9 de febreiro (BOE do 18 de febreiro de 2009). Trátase dun programa único dentro do sistema universitario galego e ofrécese en colaboración coa Xunta de Galicia.
Acceso e admisión
As prazas ofertadas terán prioridade para o estudantado que proceda dun título que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro/a técnico aeronáutico de acordo coa Orde CIN/308/2009. A selección das persoas solicitantes levarase a cabo pola comisión académica do mestrado en función do expediente académico do estudantado e a nota media alcanzada.
Obxectivos xerais da titulación
- Capacidade para deseñar, calcular, inspeccionar, certificar e manter sistemas e vehículos no campo da enxeñaría aeroespacial.
- Capacidade para planificar, deseñar, controlar, manter e operar infraestruturas aeronáuticas.
- Capacidade para coordinar proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación no sector aeroespacial.
- Capacidade para integrar sistemas aeronáuticos complexos e equipos de traballo multidisciplinares.
- Capacidade para analizar e corrixir o impacto ambiental e social das solucións técnicas para calquera sistema aeroespacial.
- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaz de integrar coñecementos.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para usar ferramentas informáticas relacionadas co campo de estudo.
- Capacidades de xestión da información, incluída a capacidade de recuperar e analizar información de diversas fontes.
- Competencia en todas as áreas relacionadas coas tecnoloxías aeroportuarias, aeronáuticas ou espaciais que, pola súa natureza, non sexan exclusivas doutras ramas da enxeñaría.
- Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de enxeñeiro/a aeronáutico.