Química analítica e alimentaria
Equipo de goberno
Director/a
Secretario/a
Localización
Código do departamento
Titulacións
Máster Universitario en Nutrición
Características
A nutrición e todos os aspectos relacionados que inclúe a patoloxía por alteracións metabólicas máis frecuentes é unha da áreas da biomedicina que experimentou un maior avance nos últimos anos; tamén é unha das que presenta un lugar de traballo máis atractivo, tanto desde o punto de vista da investigación como da clínica. Os continuos avances tecnolóxicos e a elevada prevalencia de determinadas enfermidades endócrino-metabólicas (como a diabetes, a obesidade, as enfermidades cardiovasculares, a hipertensión etc) determinan a necesidade de contar con profesionais cada vez mellor formados no seu ámbito para poder darlles unha axeitada resposta aos problemas sociosanitarios que se presentan, pero tamén cunha sólida formación académica que lles permita adaptarse aos continuos avances científicos e tecnolóxicos.
Acceso e admisión
A selección farase en función de:
- Expediente académico
- Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado
- Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.)
- Coñecemento de linguas de uso habitual en literatura científica (inglés)
- Entrevista persoal, se fose necesario
- Probas específicas de aptitude, se fose necesario
- Calquera outro criterio que poida ser establecido pola comisión académica do mestrado
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o alumnado cumpra as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe
- Capacidade de adaptación aos cambios
- Actitude positiva
- Capacidade de asumir responsabilidades
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de planificación, coordinación e organización
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de análise
- Capacidade de traballo independente
Perfil de ingreso recomendado
Priorizaranse ademais da prelación anterior, as seguintes titulacións ou circunstancias:
- Titulados/as en ciencias da saúde: Enfermaría, Fisioterapia, Medicina, Farmacia, Nutrición e Dietética, e Veterinaria.
- Titulados/as en ciencias da vida: Bioloxía e Ciencias do Mar.
- Titulados/as en ciencias agroalimentarias: Enxeñaría Técnica Agrícola e Ciencia e tecnoloxía alimentaria. Deben realizar créditos adicionais sobre a formación básica.
- Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo do Mestrado en nutrición é ofrecer unha cualificación especializada no campo da nutrición, proporcionando unha formación sólida tanto de carácter experimental como clínico.
Os obxectivos formativos xerais son:
- Desenvolvemento de habilidades intelectuais, organizativas, sociais e comunicativas axeitadas para o traballo académico ou profesional.
- Técnicas avanzadas de traballo en grupo.
- Presentacións orais. O alumnado debe ser capaz de comunicar as súas conclusións e coñecementos, así coma as razóns que os sustentan. Ademais , debe ser capaz de facelo, dirixíndose tanto a públicos expertos como non expertos, tal e como se describe nos descritores de Dublín.
- Aprendizaxe autónoma e autodirixida: o alumnado debe posuír habilidades de aprendizaxe que lle permitan estudar de forma independente.
- Pensamento crítico: neste obxectivo xeral, o programa segue as directrices establecidas polos descritores de Dublín, que afirman que o alumnado demostrará a capacidade de emitir xuízos baseándose en información incompleta.
- Investigación independente: segundo os descritores de Dublín, ao finalizar o mestrado, o alumnado debe posuír coñecementos que lle proporcione unha base para a orixinalidade no desenvolvemento ou a aplicación de ideas. Polo tanto, adherímonos ao obxectivo de ensinarlle ao alumnado a realizar investigacións independentes utilizando os coñecementos adquiridos durante o mestrado.
- Xestión e organización do tempo.
- Traballo interdisciplinar e transdisciplinar.
- Rigor e responsabilidade no traballo.
- A capacidade de adaptación a novas situacións e contornas profesionais de carácter intercultural: este obxectivo está directamente relacionado cun dos descritores de Dublín, no que se pretende que o alumnado saiba aplicar coñecementos e comprensión a través da capacidade de resolución de problemas en contornas novas e descoñecidas dentro de contextos máis amplos.
Os obxectivos educativos específicos (que se detallan no título) son:
- Adquirir coñecementos e habilidades que proporcionen unha formación de alto nivel nos fundamentos teóricos e prácticos da endocrinoloxía molecular, a fisioloxía e a fisiopatoloxía endócrinas, así como en conceptos de investigación que permitan unha comprensión global da patoloxía endócrina máis frecuente.
- Adquirir coñecementos, habilidades e capacidades que contribúan e complementen a formación teórica e práctica nas bases fisiolóxicas da nutrición e a dietética desde un punto de vista integrador, así como nas técnicas de manipulación, conservación e preparación de alimentos.
- Aplicar os coñecementos adquiridos e as habilidades de resolución de problemas en contornas novas e descoñecidas dentro de contextos máis amplos relacionados coa nutrición ou a endocrinoloxía.
Plan de estudos
Saídas profesionais
As persoas egresadas poden traballar nos seguintes eidos: nutrición para a saúde, nutrición clínica ou alimentación comunitaria a través das seguintes ocupacións:
- Biotecnoloxía de alimentos
- Técnica/o de industria alimentaria
- Técnica/o de control de calidade do alimento
- Técnica/o de laboratorio de control de calidade alimentaria
- Dirección e control da produción industrial de alimentos
- Enfermería especializada en nutrición
- Fisioterapeuta especializada en nutrición
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental
Características
Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado.
Acceso e admisión
O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:
- Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
- No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
- De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
Perfil de ingreso recomendado
Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:
- Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias Ambientais
- Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
- Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
- Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico
Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:
- Capacidade de aprendizaxe
- Capacidade de adaptación aos cambios
- Actitude positiva
- Capacidade de asumir responsabilidades
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de planificación, coordinación e organización
- Capacidade de resolución de conflitos e problemas
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade de análise
- Capacidade de traballo independente
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.
Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:
- Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
- Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
- Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
- Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
- Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
- Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
- Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
- Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
- Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
- Eido ambiental e recursos naturais
- Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
- Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
- Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura.
- I+D+i, docencia e asesoría
- Investigador/a en centros públicos ou privados.
- Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
- Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.
Especialidades
- Ciencias agrarias e alimentarias
- Ciencias ambientais
- Procesos na industria alimentaria
Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Características
A biotecnoloxía actual inclúe un conxunto de técnicas e tecnoloxías moi sofisticadas que están a substituír as metodoloxías clásicas, favorecendo resultados máis inmediatos e permitindo tratar novos retos impensables ata hai poucas décadas. Hoxe en día requírese profesionais de alta cualificación para poder afrontar os novos retos ante os que se enfronta este sector biotecnolóxico, tanto no ámbito empresarial como no investigador.
A mención de Mestrado universitario excelente da Xunta de Galicia acredita, por unha banda, o nivel académico e a solvencia científico-técnica dos estudos que acadan este recoñecemento e, por outra, supón unha garantía de futuro para o estudantado.
Acceso e admisión
Licenciaturas e graos:
- Do ámbito experimental: Bioloxía, Bioquímica, Biotecnoloxía, Ciencias Ambientais, Ciencias Mariñas, Química...
- Do ámbito sanitario: Farmacia, Medicina, Veterinaria...
- Do campo da enxeñaría: Agronomía, Química, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Organización de Empresas, Materiais...
Cada solicitude será avaliada en función da seguinte información, que debe acompañar a solicitude de admisión:
- Currículo da persoa solicitante, tendo en conta a cualificación para o ingreso e a súa formación previa (85 %).
- Carta con declaración de intereses, motivacións do alumnado e posibles informes de referencia das súas institucións de orixe (15 %).
- Opcionalmente, realizaranse unha ou máis entrevistas persoais (presencial ou por correo electrónico). A finalidade destas entrevistas é avaliar as cualificacións da persoa solicitante en relación co perfil de admisión, así como a aliñación dos seus intereses coas áreas de investigación dos grupos adscritos ao mestrado. Serán necesarias as entrevistas nos casos nos que a documentación presentada suscite dúbidas sobre algún dos méritos alegados ou no caso de empate entre varios candidatos/as. En todos os casos, teranse en conta as necesidades educativas especiais do alumnado con discapacidade.
Criterios de avaliación do currículo:
- Formación académica (65 % do CV): Establécense como perfís de acceso preferentes os seguintes:
- Graos ou licenciaturas en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias Mariñas e Enxeñaría Química ou Agrícola (nota media x 1).
- Graos, licenciaturas e posgraos noutras titulacións (nota media x 0,5).
- Experiencia profesional (15 % do CV): só se considerará a experiencia profesional directamente relacionada co sector da biotecnoloxía. Avaliaranse varios aspectos como o posto, as responsabilidades, a duración do emprego, etc.
- Experiencia investigadora (15 % do CV): analizarase a experiencia investigadora do alumnado, para o que se utilizará o baremo que establecen anualmente tanto a Universidade de Vigo como a Universidade da Coruña nas súas convocatorias de bolsas de investigación.
- Outros méritos (5 % do CV): Consideraranse outros méritos relacionados co mestrado, como premios, cursos de formación, mestrados, asistencia a congresos, bolsas etc.
Perfil de ingreso recomendado
O mestrado pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os graos ou licenciaturas en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Química, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma, así como unha vía para a formación de profesionais e doutores/as entre as persoas tituladas dos devanditos estudos.
Obxectivos xerais da titulación
O obxectivo principal é proporcionar unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar en biotecnoloxía, dotando o estudantado das ferramentas necesarias para desenvolver carreiras investigadoras e profesionais. Polo tanto, este mestrado ten un dobre obxectivo:
- Profesionalización: formar estudantes que pretendan dedicarse profesionalmente á industria biotecnolóxica ou actualizar os coñecementos e mellorar a formación de persoas profesionais que xa se dedican a esta actividade.
- Académico-investigador: formar estudantes que pretendan incorporarse a centros de investigación científica en biotecnoloxía ou a equipos de investigación de entidades públicas, privadas e empresas.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Acuicultura
Características
O Mestrado interuniversitario en Acuicultura proporciónalle ao estudantado unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesional na acuicultura. O estudantado adquire coñecementos, destrezas e aptitudes que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias para o futuro desenvolvemento da industria.
A titulación conta con dúas especialidades:
- Produción acuícola
- Biotecnoloxía en acuicultura
Acceso e admisión
Terán prioridade:
- As persoas graduadas ou licenciadas en Bioloxía, Ciencias Mariñas, Veterinaria e Ciencias Ambientais.
- As persoasgraduadas ou licenciadas en enxeñarías en Química, Farmacia e Enxeñaría Agroforestal.
- Outras titulacións en ciencias experimentais e enxeñarías.
- As persoas tituladas en ciencias da saúde.
Para os criterios específicos de valoración terase en conta o seguinte:
- O expediente académico (ata un 30 % de ponderación).
- Ter cursado materias básicas para a comprensión daquelas que deben cursarse no mestrado (xenética, microbioloxía, fisioloxía, bioquímica, zooloxía, botánica) (5 %).
- Coñecemento demostrado doutras linguas, principalmente inglés (10%).
- Experiencia profesional (15 %).
- Experiencia investigadora (15 %).
- Currículo (25 %).
Perfil de ingreso recomendado
Preferente:
- Persoas licenciadas ou graduadas en Bioloxía, Ciencias do Mar, Veterinaria ou Ciencias Ambientais.
Outros:
- Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de ciencias: (Química, Farmacia, Biotecnoloxía etc)
- Persoas licenciadas ou graduadas noutras titulacións de tecnoloxía (Enxeñaría Agrícola, Forestal etc.).
- Persoas licenciadas ou graduadas en ciencias da saúde.
Obxectivos xerais da titulación
- A bioloxía e a ecoloxía dos organismos acuáticos de interese para a acuicultura e como aplicar estes coñecementos ao cultivo.
- Os avances, metodoloxías e ferramentas empregadas no control do benestar, reprodución, nutrición, metabolismo, crecemento, xenética e patoloxía en especies de interese para a acuicultura.
- Os factores importantes para o crecemento, a reprodución e a supervivencia dos organismos acuáticos en cada etapa do ciclo reprodutivo, así como as condicións axeitadas da auga e das instalacións.
- A interacción da acuicultura e o medio ambiente, tanto no que respecta ao impacto ambiental das actividades de acuicultura como aos efectos do medio ambiente no benestar animal.
- Os criterios de deseño e os fundamentos de enxeñaría necesarios para promover e/ou xestionar de forma viable un sistema de acuicultura.
- Os fundamentos técnicos, de xestión e de mercado para a correcta organización dunha empresa de acuicultura.
- Os criterios necesarios para conseguir un produto de calidade mediante unha boa xestión de procesos.
- As metodoloxías e ferramentas necesarias para desenvolver a investigación en acuicultura en centros públicos e privados.
- Como planificar e desenvolver proxectos de investigación que permitan xerar novo coñecemento en acuicultura.
- A lexislación máis relevante neste campo.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Oceanografía
Características
O Mestrado interuniversitario en oceanografía analiza, desde unha perspectiva interdisciplinar e multidisciplinar, os procesos que teñen lugar nos océanos, incluíndo os mares pouco profundos, as marxes continentais e as profundidades oceánicas, así como as estruturas resultantes. Os océanos considéranse sistemas complexos cuxa dinámica xeral implica factores físicos, químicos, biolóxicos e xeolóxicos, con especial énfase nos mecanismos de interacción e retroalimentación que se producen entre eles.
É precisamente esta perspectiva global a que fai que o programa de mestrado sexa especialmente atractivo para o alumnado que desexe ampliar a súa formación en oceanografía. Ten un enfoque investigador e está deseñado especificamente para estudantes que pretendan ocupar postos de responsabilidade en institucións e empresas relacionadas coa oceanografía ou continuar con estudos de doutoramento no campo das ciencias mariñas.
Acceso e admisión
Dada a natureza específica deste mestrado, a titulación preferida para a admisión é unha Licenciatura en Ciencias Mariñas. As titulacións de preferencia media inclúen varias licenciaturas en ciencias (Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Enxeñaría Ambiental, Enxeñaría do Medio Natural,Química e Xeoloxía), que garanten unha preparación e aptitude axeitadas para o programa de mestrado. Finalmente, con preferencia baixa, aceptarase calquera licenciatura ou titulación equivalente.
- Nota media do expediente académico: 50
- Coñecementos de idiomas, inglés: 15
- Obxectivos profesionais e motivación: 10
- Dedicación ao programa de mestrado: 5
- Cualificación de acceso: 20
Obxectivos xerais da titulación
- Adquirir coñecementos avanzados e máis relevantes, especializados e multidisciplinares no campo da oceanografía e a súa aplicación ao medio mariño.
- Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas orixinais desde a fase de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos.
- Analizar situacións e condicións oceanográficas específicas relacionadas co cambio global.
- Aplicar os coñecementos adquiridos na práctica e emitir resolucións e xuízos nos diferentes campos da oceanografía.
- Redactar artigos científicos e presentar os seus resultados con claridade, empregando argumentos sólidos no desenvolvemento das súas conclusións.
- Comprender os procesos que controlan a distribución das masas de auga, as especies e os organismos en mar aberto e en rexións de especial interese, o que lles permitirá levar a cabo investigacións oceanográficas competitivas.
- Adquirir coñecementos que lle permitirán reforzar e afondar na súa comprensión dos mecanismos físicos que controlan os asolamentos entre o océano e a atmosfera, a variedade climática, así como a validez e o contraste dos modelos climáticos.
- Comprender a especificidade dos ecosistemas costeiros e o seu grao de vulnerabilidade empregando ferramentas teóricas e prácticas interdisciplinares.
Plan de estudos
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca
Características
A Universidade de Vigo organiza, xunto coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco), a través do seu centro tecnolóxico CYTMA, un mestrado oficial profesionalizante que abrangue todos os aspectos relacionados coa conservación dos produtos da pesca e da acuicultura. O título atende a demanda de persoas tituladas especialistas nun ámbito industrial de notoria importancia na nosa sociedade.
O Mestrado en ciencia e tecnoloxía de conservación de produtos da pesca está deseñado para formar persoas profesionais cualificadas dentro deste ámbito industrial e permitirlle ao sector dotarse de tecnólogos/as especializados na conservación dos produtos do mar e da acuicultura.
Acceso e admisión
Os criterios de valoración para a admisión, no caso de que o número de solicitudes supere o número de prazas ofertadas, serían:
- Adecuación da titulación de acceso (preferentemente Química, Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos, Veterinaria, Bioloxía, Ciencias do Mar, Farmacia e as distintas ramas da enxeñaría)
- Nota media do expediente académico da titulación de acceso
- Experiencia profesional no eido da industria de conservación de produtos do mar
- Currículum vítae e a súa adecuación ao ámbito do título
- Entrevista persoal (se a comisión académica o considera necesario)
Perfil de ingreso recomendado
Persoas cunha titulación universitaria relacionada co ámbito do título, preferentemente Química, Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos, Veterinaria, Bioloxía, Ciencias do Mar, Farmacia e as distintas ramas da enxeñaría.
Obxectivos xerais da titulación
Formación de profesionais para a industria alimentaria e particularmente para o sector das conservas e outros produtos derivados da pesca e da acuicultura, considerando tanto as metodoloxías de fabricación, como os aspectos de innovación, calidade e seguridade alimentaria.
Plan de estudos
Saídas profesionais
- Xerente/a ou encargado/a de pequenas industrias alimentarias ou en industrias procesadoras de produtos da pesca e da acuicultura
- Xefe/a de liña ou de produción en industrias alimentarias ou en industrias de elaboración de produtos da pesca e da acuicultura
- Responsable ou técnico/a de calidade en industrias alimentarias ou en industrias de produtos da pesca e da acuicultura
- Responsable ou técnico/a de laboratorio de industrias alimentarias ou de industrias de produtos da pesca e da acuicultura
- Encargado/a de aprovisionamentos da pesca e da acuicultura
- Técnico/a comercial de derivados e de elaborados da pesca e da acuicultura
Preinscrición e matrícula
Contacto
Coordinación do título
Datos de contacto
Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial
Características
Mestrado interuniversitario no que participan as universidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Vigo. Trátase dun mestrado presencial con posibilidade de matrícula a tempo parcial.
Acceso e admisión
- Titulación prioritaria: licenciatura ou grao en Química
- É run equisito de admisión ter unha formación previa en aspectos básicos das distintas áreas da química
- Expediente académico da titulación de acceso (85 %)
- Méritos curriculares adicionais (10 %)
- Carta de motivación (5 %)
Perfil de ingreso recomendado
Liicenciatura e grao en Química, Bioquímica, Enxeñaría Química, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Biotecnoloxía, Nanociencias e outras titulacións que inclúan no seu currículum formación en química.
Obxectivos xerais da titulación
O mestrado ten como obxectivo proporcionar unha formación avanzada, teórica e experimental, en distintas áreas da química, e tamén en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas.
Plan de estudos
Saídas profesionais
O mestrado está orientado tanto á investigación como á empresa e á industria relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía química.




