Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

Ciencias (Experimentais)
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
30
Código
O01M142V01

Título de mestrado único no sistema universitario de Galicia. Ten como obxectivo proporcionar as bases para a formación de investigadores/as que leven a cabo as súas actividades de I+D nos distintos elos da cadea alimentaria, dende unha xestión axeitada e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (orixe das materias primas) ata os últimos avances no procesamento e a biotecnoloxía, incluíndo a calidade e a seguridade dos alimentos. Garante unha formación integral e multidisciplinar que lles permite ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como desenvolver novos produtos e mellorar o valor dos que existen actualmente no mercado. 

Acceso e admisión

O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:

  • Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
  • No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que dá acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
  • De ser necesario, a comisión académica do mestrado realizará entrevistas persoais.
     

Perfil de ingreso recomendado

Priorizaranse as seguintes titulacións ou circunstancias:

  • Titulados/as en ciencias: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Química, Bioloxía, Ciencias do Mar e Ciencias  Ambientais
  • Titulados/as en tecnoloxías: Enxeñaría Agrícola, Química e Industrial
  • Titulados/as en ciencias da saúde: Nutrición Humana e Dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina
  • Outros titulados/as que a comisión académica do mestrado considere que poidan ter acceso a esta formación a partir da avaliación do seu expediente académico

Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que o estudantado cumpra as seguintes competencias transversais:

  • Capacidade de aprendizaxe
  • Capacidade de adaptación aos cambios
  • Actitude positiva
  • Capacidade de asumir responsabilidades
  • Capacidade de comunicación oral e escrita
  • Capacidade de planificación, coordinación e organización
  • Capacidade de resolución de conflitos e problemas
  • Capacidade de traballo en equipo
  • Capacidade de análise
  • Capacidade de traballo independente

Obxectivos xerais da titulación

O obxectivo principal do mestrado é a formación de especialistas para o desenvolvemento da investigación e o asesoramento técnico, tanto en organismos públicos como en empresas, en cuestións relativas ao sector ambiental, o sistema de tecnoloxía alimentaria, o control de calidade e a seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e na calidade de vida da cidadanía como na estrutura produtiva e socioeconómica de Galicia.

Ademais, o programa de mestrado debe garantir unha formación avanzada nos seguintes piares básicos:

  • Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan xestionar e conservar axeitadamente o medio ambiente e os recursos naturais que constitúen a fonte das materias primas.
  • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, procesamento e conservación de alimentos.
  • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e a seguridade alimentaria.
  • Investigación e desenvolvemento na relación alimentación-saúde.
     

Plan de estudos

Saídas profesionais

  • Industria agroalimentaria e biotecnoloxía
    • Biotecnóloga/o de alimentos: desenvolvemento de novos produtos e procesos utilizando microorganismos ou encimas.
    • Técnico/a de industria alimentaria: xestión de procesos de produción, envasado e almacenamento
    • Encargado/a de produción e elaboración: control da calidade e seguridade alimentaria no sector lácteo, cárnico, conservas, bebidas etc.
    • Responsable de I+D+i: investigación e desenvolvemento de novos alimentos e mellora dos xa existentes.
    • Técnico/a de seguridade e calidade: auditorías, análise de alimentos e implantación de sistemas de calidade.
  • Eido ambiental e recursos naturais
    • Técnico/a en xestión ambiental: consultoría sobre lexislación, avaliación de impacto ambiental e xestión de residuos agrícolas e industriais.
    • Especialista en produción ecolóxica e sostible: desenvolvemento de estratexias para unha produción máis limpa e eficiente.
    • Xestión de recursos hídricos e do solo: control da contaminación e manexo de residuos para a súa aplicación en agricultura. 
  • I+D+i, docencia e asesoría
    • Investigador/a en centros públicos ou privados.
    • Consultoría técnica agroalimentaria: asesoramento a empresas sobre valorización de subprodutos, dixitalización e trazabilidade.
    • Analista en laboratorios de servizo alimentario: control analítico de materias primas e produtos finais.

Especialidades

  • Ciencias agrarias e alimentarias
  • Ciencias ambientais
  • Procesos na industria alimentaria

Para que as persoas egresadas poidan obter algunha das tres especialidades ofertadas no título, é necesario cursar un total de oito materias.


 

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Maria Fernandez Gonzalez