Tradución e lingüística

Equipo de goberno

Director/a

María Lourdes Lorenzo García

Secretario/a

Jesús Meiriño Gómez

Localización

Facultade de Filoloxía e Tradución, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
CP: 36310
Vigo

Código do departamento

D00H12

    Máster Universitario en Lingüística Aplicada

    Artes e Humanidades
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    10
    Código:
    V01M126V01

    O mestrado está deseñado para proporcionarlle ao estudantado unha base sólida en lingüística, tanto teórica como aplicada. O módulo de cursos obrigatorios proporciona os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para completar calquera tipo de tese de mestrado en lingüística e os módulos optativos permiten especializarse nas áreas escollidas. O obxectivo é formar persoas especialistas altamente cualificadas en lingüística que poidan prosperar en contornas multidisciplinares, posuír fortes habilidades de comunicación, comprender e usar linguaxes específicas, dominar o contorno virtual e as novas tecnoloxías e xestionar e organizar a información segundo as demandas do mercado laboral. O mestrado tamén está deseñado como formación preparatoria para estudos de doutoramento en lingüística.

    Acceso e admisión

    - Expediente académico: 75 %.
    - Currículo: 20 % (valorarase a posesión do nivel C1 en español ou en galego para estudantado estranxeiro).
    - Estar en posesión dunha licenciatura ou dun grao en Filoloxía, Lingüística, Tradución e Interpretación, Linguas/Letras ou doutras licenciaturas ou graos das áreas de humanidades ou ciencias sociais: 5 %.

    Perfil de ingreso recomendado

    1. Poderán matricularse no mestrado estudantes con títulos en Filoloxía, Lingüística, Tradución e Interpretación, Linguas/Letras e outras titulacións nas áreas de humanidades ou ciencias sociais.
    2. O alumnado con título universitario de diplomado poderá cursar o mestrado se o seu plan de estudos inclúe materias relacionadas con linguas ou co ensino de idiomas.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal desta titulación é permitir que o alumnado, segundo a súa formación previa, adquira e/ou reforce a súa formación en lingüística avanzada (módulo de cursos obrigatorios, con materias de carácter metodolóxico e fundamental) e se especialice nun dos bloques temáticos de carácter esencialmente aplicado nos que se agrupan as materias optativas:
    - Adquisición e ensino de linguas
    - Recursos de comunicación e lingüística
    - Léxico, gramática e variación

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Fernando Ramallo Fernández

    Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional

    Artes e Humanidades
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Semipresencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código:
    V01M128V11

    O Mestrado universitario en tradución para a comunicación internacional (MCTI) da Universidade de Vigo constitúe unha referencia na formación especializada de tradutores e intérpretes no ámbito nacional e internacional. O seu recoñecemento queda avalado pola súa inclusión na lista 2024-2029 dos European Master's in Translation (EMT) da Unión Europea e é o único mestrado galego e un dos oito programas españois que forman parte desta prestixiosa rede de excelencia. Ademais é o único mestrado do ámbito das humanidades e das ciencias sociais que recibiu a mención de excelencia concedida polo Goberno. Estas distincións certifican a elevada calidade académica do programa, a súa capacidade investigadora e a súa estreita vinculación co ámbito profesional.

    Na súa aposta pola internacionalización, desde o curso académico 2024/2025 o MCTI mantén un convenio de dobre titulación coa Università degli Studi di Palermo. Grazas a este acordo, o alumnado seleccionado pode cursar, cunha bolsa Erasmus, parte dos seus estudos en ambas as institucións e obter simultaneamente o título de Mestrado en tradución para a comunicación internacional pola Universidade de Vigo e o diploma de Corso di Laurea Magistrale in Lingue Moderne e Traduzione per le Relazioni Internazionali pola universidade italiana.

    A través dunha formación que combina fundamentos teóricos, práctica profesional e investigación, o MCTI prepara especialistas capaces de se desenvolveren en contextos multilingües e multiculturais, dando resposta ás demandas dun mercado laboral cada vez máis globalizado e tecnoloxicamente avanzado.

    Acceso e admisión

    Criterios de admisión

    Grupo 1 (50 % das prazas reservadas)

    Poderán acceder de forma preferente as persoas tituladas en Grao ou Máster en Tradución e Interpretación.

    Grupo 2

    Poderán solicitar o acceso as persoas cun grao ou mestrado nas seguintes áreas de coñecemento:

    1. Antropoloxía Social e Cultural, Belas Artes, Ciencias da Información, Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Políticas e Socioloxía, Comunicación Audiovisual, Dereito, Documentación, Economía, Estudos de Asia Oriental e Xornalismo.
    2. Filoloxías (Alemá, Francesa, Galega, Hispánica, Inglesa, Portuguesa e outras), Lingüística e Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
    3. Publicidade e Relacións Públicas, Humanidades, Turismo, Administración e Dirección de Empresas (ADE), Filosofía, Historia, Socioloxía, Historia da Arte, Xestión e Administración Pública, Ciencias Actuariais e Financeiras, Medicina, Xeografía, Relacións Laborais, Traballo Social e Ciencias Empresariais.

    Criterios de selección do grupo 1

    A selección realizarase atendendo, en primeiro lugar, o expediente académico. En caso de empate, valoraranse os seguintes méritos, por esta orde:

    • Posuír outro título oficial de máster: 2 puntos.
    • Posuír unha segunda titulación universitaria: 1 punto.
    • Publicacións científicas relacionadas coa tradución: ata 2 puntos.
    • Traducións publicadas: ata 1 punto.
    • Experiencia docente: ata 1 punto.
    • Actividades de divulgación ou organización relacionadas coa tradución e a interpretación: ata 1 punto.
    • Experiencia profesional en tradución e interpretación: ata 2 puntos.

    Criterios de selección do grupo 2

    As persoas candidatas deberán acreditar coñecementos previos ou un interese xustificado por especializarse en tradución e interpretación. A comisión académica poderá realizar unha entrevista persoal. A valoración efectuarase de acordo cos seguintes criterios:

    • Nota media do expediente académico: ata 2,5 puntos.
    • Entrevista persoal: ata 2,5 puntos.
    • Carta de motivación na que se xustifique o interese pola tradución e interpretación: ata 2,5 puntos.
    • Outros méritos: ata 2,5 puntos, incluíndo outro título de mestrado, unha segunda titulación universitaria, publicacións científicas, traducións publicadas, experiencia docente, actividades de divulgación ou experiencia profesional relacionada coa tradución e a interpretación.

    Perfil de ingreso recomendado

    O Mestrado en tradución para a comunicación internacional está dirixido a persoas graduadas cun bo dominio de linguas e un marcado interese pola comunicación intercultural, a tradución e a interpretación. Recoméndase especialmente a titulados/as en Tradución e Interpretación, Linguas Modernas, Filoloxía, Estudos Lingüísticos ou áreas afíns que desexen especializarse no ámbito da comunicación internacional, ampliar as súas competencias profesionais ou iniciar unha traxectoria investigadora.

    Así mesmo, poderán acceder titulados doutras disciplinas, sempre que acrediten unha sólida competencia lingüística e unha motivación e interese por desenvolverse profesional ou academicamente no ámbito da tradución e da comunicación internacional.

    Obxectivos xerais da titulación

    Ten como obxectivo principal formar profesionais e investigadores capaces de afrontar os retos da comunicación multilingüe e intercultural nun contexto global. Para iso, proporciona unha formación avanzada que integra competencias lingüísticas, tradutolóxicas, tecnolóxicas e culturais, orientadas tanto ao exercicio profesional da tradución e da interpretación como á xestión da comunicación internacional.

    Plan de estudos

    Saídas Profesionáis

    O Mestrado en tradución para a comunicación internacional forma profesionais altamente cualificados para desenvolverse nun mercado laboral cada vez máis internacional e multidisciplinar. Os seus egresados desenvolven a súa actividade en empresas e institucións con proxección internacional, tanto en Galicia como no resto de España e no estranxeiro.

    As saídas profesionais abranguen ámbitos moi diversos, entre os que destacan a tradución e a interpretación, o comercio exterior, a xestión de importacións e exportacións, a comunicación audiovisual e multimedia, así como os sectores sanitario, educativo e xudicial. Esta ampla formación permite ao alumnado adaptarse a diferentes contornos profesionais e dar resposta ás crecentes demandas da comunicación multilingüe e intercultural.

    Ademais da súa orientación profesional, o MCTI constitúe unha excelente vía de acceso á investigación, proporcionando a formación necesaria para continuar a traxectoria académica mediante estudos de doutoramento e desenvolver proxectos de investigación no ámbito da tradución, da interpretación e da comunicación internacional.

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Óscar Ferreiro Vázquez

    Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino en Idiomas. Linguas Estranxeiras

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    40
    Código:
    V02M066V09

    Titulación oficial que habilita para o exercicio das profesións de profesor/a de educación obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas. O obxectivo principal é que o alumnado se familiarice cos contidos das materias relacionadas coa súa especialización docente, así como cos procesos de ensino e de aprendizaxe correspondentes.

    Acceso e admisión

    - Titulación de acceso relacionada coa especialidade.
    - Curriculum vitae en aspectos relacionados coa temática do mestrado.
    - Resto do curriculum vitae (experiencia profesional, bolsas obtidas, cursos etc.).

    Ademais, calquera persoa que desexe acceder a este mestrado debe cumprir o seguinte perfil de ingreso:
    - Inclinación vocacional expresada no interese por comprender e facilitar a resolución das problemáticas nos procesos de ensino-aprendizaxe do ser humano, no seu ámbito pedagóxico e de interacción social.
    - Disposición e motivación para a aprendizaxe de todos os contidos que se lle presenten neste mestrado e responsabilidade no seu propio proceso de aprendizaxe.
    - Capacidade de reflexión e de facer achegas propias a todos aqueles procesos pedagóxicos, sociais, culturais, políticos que repercuten no campo do ensino.
    - Compromiso en querer adquirir a máis alta formación e capacitación no desenvolvemento deste mestrado.
    - Motivación para participar en todas aquelas accións que se lle propoñan tanto desde a estrutura interna dos estudos de mestrado como desde a universidade.
    - Habilidades de comunicación e interrelación persoal.
    - Compromiso social cara ao respecto, a tolerancia e a empatía.
     

    Perfil de ingreso recomendado

    Persoas tituladas universitarias en temas afíns á especialidade que se desexa cursar. No caso de que a titulación que posúa o estudantado non coincida coa especialidade que desexa cursar, deberá superar un exame ou unha proba de acceso.

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Cristina Batlle Penela
    Josefa Garrido González

    Datos contacto

    Máster Universitario en Tradución Multimedia

    Artes e Humanidades
    Campus de Vigo

    Características

    Modalidade
    Virtual
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código:
    V01M079V11

    Este mestrado é unha titulación oficial deseñada para formar profesionais especializados na tradución audiovisual, na localización e na accesibilidade (subtitulación para persoas xordas, audiodescrición para persoas cegas e lectura fácil para persoas con dificultades lectoras). Producións audiovisuais, videoxogos, software, páxinas web e aplicacións móbiles: con este mestrado universitario oficial o alumnado adquirirá as competencias necesarias para desenvolver a súa actividade profesional no ámbito da tradución multimedia.

    Acceso e admisión

    O estudantado que queira ser admitido no título deberá estar en posesión dun grao (ou licenciatura) e daráselle prioridade a graos (ou licenciaturas) en Tradución e Interpretación e noutras disciplinas, pero con experiencia profesional nos diferentes ámbitos da tradución multimedia. No entanto, este mestrado poderá admitir persoas tituladas doutros ámbitos sen experiencia profesional, sempre que acrediten o dominio das seguintes linguas no nivel indicado: 

    • Español, galego ou portugués (nivel C1 do MCER).
    • Inglés (nivel B2 do MCER). 

    O requisito de acreditación de linguas só é de aplicación para o caso de idiomas non nativos.

    Os criterios específicos de admisión basearanse nos seguintes aspectos: 

    • Adecuación da titulación de acceso aos contidos do máster
    • Expediente académico
    • Outros méritos relacionados cos ámbitos da tradución audiovisual, da localización e da accesibilidade (experiencia laboral, formación extracurricular, participación en actividades relacionadas co ámbito da tradución multimedia etc.)

    O primeiro dos criterios valorará a adecuación da titulación de acceso de forma non binaria, é dicir, outorgando unha puntuación segundo a titulación sexa máis ou menos afín. 

    • O expediente académico terá un peso máximo do 50 % do total
    • A adecuación da titulación terá un peso máximo do 20 %
    • Outros méritos un peso máximo do 30 % 
       

    Obxectivos xerais da titulación

    • Completar a formación de estudantes e profesionais en tradución, accesibilidade e campos relacionados en contornas multimedia.
    • Coñecer as diferentes modalidades de tradución audiovisual e de accesibilidade (códigos de significado do texto audiovisual, etapas do proceso de dobraxe/subtitulado/voces superpostas…, técnicas de tradución para dobraxe, subtitulación e voces superpostas…, estratexias de adaptación de textos en subtitulado para xordos prelocutivos e en lectura fácil, técnicas de audiodescrición etc.).
    • Coñecer as ferramentas tecnolóxicas empregadas na tradución multimedia, na localización e na xestión de proxectos.
    • Coñecer os modelos de análise que permitirán realizar críticas rigorosas, sempre na procura da calidade do produto final traducido.
    • Coñecer a contorna profesional e empresarial que ofrece oportunidades profesionais para os especialistas en tradución multimedia e accesibilidade.
       

    Plan de estudos

    Saídas Profesionáis

    Este posgrao céntrase en sectores clave da industria dixital que demandan tradutores/as especializados:

    • Localización: tradución e adaptación de software, páxinas web e aplicacións móbiles
    • Tradución audiovisual: subtitulación, dobraxe e voces superpostas
    • Videoxogos: tradución e axuste cultural de xogos interactivos
    • Accesibilidade: creación de audiodescricións para persoas con discapacidade visual e subtitulado para persoas xordas.
    • Novas tecnoloxías: uso de ferramentas avanzadas de xestión de proxectos e tradución asistida por ordenador.
    • Xestión de proxectos de tradución multimedia.
    • Producións accesibles.

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    María Lourdes Lorenzo García